Archivos en el mes de Maio del 2011

Mensaxe para o cambio

[gv data=”6gUnHmd2aRo” width=”425″ height=”350″][/gv]

Xa está

A cousa era tan evidente que as quinielas deron pouco rédito. O PP volveu á senda da maioría absoluta e o PSOE acusou notablemente as súas taras, que son moitas. O BNG mantense (non é novedade), pero por unha vez rendabilizou algo o seu traballo de catro anos. UPyD sacou moitos máis votos do que cabía agardar. Analicemos polo miudo o novo panorama municipal. Continua leyendo »

Cándo e quénes anularon á sociedade civil

15.05.2011 – O primeiro paso xa está dado

Cando os libros de historia falen de cómo mudou o noso sistema político dirá que comezou hoxe. En Vigo, como en moitas cidades en toda España e Portugal, miles de persoas sairon ás rúas para reclamar que cese a actual situación de impunidade na clase económica e política.

As seguintes imaxes demostran o éxito da convocatoria, entorno a tres mil persoas, aproximadamente. Moitos máis asistentes que nos mítines políticos dos partidos tradicionais:

Continua leyendo »

Indígnate, sae á rúa – 15.05.2011

democraciareal

O vindeiro Domingo saberemos si o noso país está realmente indignado ou non. A mocidade vai sair á rúa nunha convocatoria en múltiples cidades e que está sendo masivamente respaldada nas redes sociais e en todos os eidos de internet. A cuestión é si ese respaldo se vai trasladar físicamente á rúa ou vai quedar nun simple mosqueo diante do ordenador para seguir co habitual conformismo.

Baiona  Consciente respalda, se adhiere e concorda coa práctica totalidade do manifesto de Democracia Real Xa!, que pegamos aquí para a súa publicidade: Continua leyendo »

Queremos debate

debate

O PSOE saiu á palestra cunha proposta que é unha estratexia habitual noutros comicios: o debate electoral. Si ben, é certo que non é unha proposta novidosa, xa que nas Municipais do 2007 xa se celebraron dous, en Baiña e en Sabarís. Daquela nos serviu para que todo o mundo descartase definitivamente a Chicho como un candidato a ter en conta e comprobamos a evolución de Almuiña na súa formación política. PSOE e BNG empregaron ambas ocasións para plasmar as súas directrices estrela e o BNG perdeu moitos votos en Baiña debido a unha encerrona veciñal.

Así, o debate electoral ten un dobre fío, xa que permite que os cidadáns que queren realmente saber das propostas dos partidos non se vexan obrigados a acudir aos mitines electorais, algo que caeu no desuso xa que é un producto de consumo interno e aos que os achegados non queren achegarse por medo a quedar fichados. Continua leyendo »

Candidaturas – Municipais 2011

A tradición baionesa de presentar candidaturas independentes tocou ao seu fin. O rodillo mediático e os maletíns pontevedreses imposibilitaron que voces discordantes manchasen os cálculos electorais. No 2011 os baioneses só temos sete opcións (fronte ás 10 e 11 de Gondomar e Nigrán) á hora de decantar o noso parecer coa política municipal: Continua leyendo »