En todas partes cocen fabas

urbanismo

E finalmente se confirma a nova e Baiona acaba no grupo de concellos cunha forte presión inmobiliaria na que os seus políticos se ven salpicados por sospeitosas decisións

A verdade é que si comparamos este caso co acaecido na limítrofe Gondomar non podemos deixar de sinalar que si ben no concello fluvial a decisión política contradecía os informes técnicos, no caso do noso concello a cousa é ben distinta.

O asesor xurídico para asuntos urbanísticos e a secretaria municipal avalaron a decisión, polo que a prevaricación dos membros da Xunta de Goberno non é facilmente demostrable. Pero, cál foi o informe técnico do arquitecto municipal e cáles foron os argumentos do solicitante da licencia?

Primeiro foron as palmeiras nos paseos, logo as grandes actuacións veraniegas e agora os escándalos urbanísticos. Só nos falta a actuación dunha tonadilleira liándose con Manolo Vilar para que sexamos a Marbella do Norte. Bromas aparte, xa tiñamos comentado anteriormente o paradóxico de acaben nos xuzgados os nosos políticos por non conceder unha licencia cando o habitual é á inversa. Sobran os casos que nos veñen á memoria. A urbanización dos Tendais, a de Portoman ou as maclas de Vista Real son pequenos exemplos de tramitacións con máis dun pero. E resulta que prospera unha denuncia pola tramitación dunha licencia directa nunha parcela en solo consolidado que non ten que acometer reparcelacións, crear xuntas de compensacións ou urbanizar e entregar zonas de uso público. Incluso si analizamos o todavía non aprobado Plan Xeral, a edificabilidade da actuación era considerablemente superior a calqueira outra do noso concello. Algo cheira a podre en Dinamarca.

Enlace ao foro: http://baionaconsciente.foroactivo.com/urbanismo-f8/en-todas-partes-cocen-fabas-t11.htm#19

Deamos voz aos que non a teñen

Lixo

Seguindo o enlace dun Consciente Baionés chegamos a unha carta ao director no Faro de Vigo que consideramos oportuno reproducir aquí. Os que non teñen voz porque os seus representantes non os escoitan teñen dereito a buscar vías alternativas de expresión. Eis a nosa modesta contribución: Continua leyendo »

Dous líderes planetarios: Almuiña e Obama

Carta dos EEUU a Baiona

Contrariamente a como se dí nalgures, en ningún momento Barack Obama dirixiu unha carta ao noso Alcalde, sinón un secretario encargado de organizar a axenda do Presidente dos Estados Unidos de América. Este intercambio planetario de cordiais saúdos semella ao esperpento de Leire Pajín e os seus desvaríos de academia política.

Tamén hai que decir que a Barack Obama non lle informaron do ben que se come no Parador de Baiona, sinón o tiñamos aquí dun día para outro.

Portos de Galicia desembarca en Baiona

portos segundo o PP

E faino por todo o grande. Anuncian actuacións millonarias e, como non podía ser doutro xeito, para desfacer o feito polo bipartito. A polémica concesión entre a Doca e o Clube de Iates vaise cancelar, descoñecemos o custe que isto suporá en indemnizacións á concesionaria, e vanse facer actuacións na Doca, peirao e porto deportivo de Ronáutica. Continua leyendo »

Mudan as cousas cando mudan os gobernos (e 2)

Almuiña

Viaxando nestes días puidemos probar por primeira vez a nova circunvalación de Baiona desde Sabarís a Baredo e viceversa a través da autoestrada. A verdade é que a sinalización da saída cara a Sabarís, sobre todo de noite, é bastante confusa e cando nos queremos percatar xa a temos enriba.

Salvado este primeiro inconvinte, froito sen dúbida da falta de costume e que se subsana a partires do segundo uso, non puidemos deixar de recordar aquelas reivindicacións do noso Alcalde, cando insinuou que as obras en Baiona ían máis paseniñamente porque o tramo era gratuita, Continua leyendo »

Mudan as cousas cando mudan os gobernos

AG-57

Resulta agora que as agrupacións socialistas do Val Miñor se percataron de que os novos enlaces da Autoestrada do Val Miñor son de peaxe, excepto o tramo Sabarís-Baiona e viceversa. Curioso é que cando gobernaba o bipartito e a responsable da área era a compañeira de partido Caride non tiveran a mesma impresión ou polo menos estiveran calados ao respecto. Continua leyendo »

Exemplos de preocupación social

Froiz

É famoso o dito de que o nacionalismo cúrase viaxando, por moito que a historia galega certifique o contrario. No caso que traemos hoxe a colación o que nos procurou o viaxar foi poder propór un debate moi interesante entorno ao que se entende por accións sociais. A viaxe non foi cara un destino moi lonxano, senón ao veciño concello de Tomiño. Continua leyendo »