A nova Arribada

Piolín

Esta ponte foi ben movida en Baiona. A pouco exitosa Festa da Zapata pasou con máis pena que gloria, sobre todo polo eclipse mediático que conlevou a arribada do pepino científico tildado coloquialmente como Piolín. Se ben é certo este nome é bastante máis axeitado que o oficila “Caballero Escarlata”, con máis connotación fálicas que outra cousa. Continua leyendo »

¡¡Indignación!!

Bandeira da vergonzaAs malas excusas é o que teñen, que definen aos seus autores. Que o Goberno Municipal se reúna para rexeitar a colocación dunha placa conmemorativa no cemiterio de Baiona ten delito, pero que ainda por riba argumente que o lugar adecuado é para facelo é unha cuneta é de desvergonza. Continua leyendo »

Nova polémica por unha ordenanza, e van…

carril biciNo pasado pleno o Goberno Municipal levou a aprobación unha ordenanza para controlar o uso de bicicletas nas rúas do noso concello. Parafraseando á prezada maria, non terán os baioneses máis cousas na cabeza que o que podan molestar ou deixar de molestar algúns deportistas ou cidadáns que queren disfrutar das nosas rúas nun medio de transporte limpo, sán e silencioso. Continua leyendo »

Festa Nacional en Baiona, versión 2.009

Festa Nacional en BaionaXa queda lonxana a anécdota do ano pasado, pero non por iso o doce de outubro do dous mil nove deixa de ser obxectivo de comentario. Que a chamada Festa Nacional se celebre con tanto ímpetu no noso concello non somentes de debe ao estreito lazo que temos cos paises latinoamericanos e o mal chamado Descubrimento de América, o tufillo a acto político non se lle escapa a nadie. Continua leyendo »

Parecidos razoables

Almuiña, De la Peña e Xosé EnriqueHoxe espertámonos xuguetóns e decidimos inserir unha nota de humor no noso blogue, tan solemne últimamente que ata mete medo. Recordamos aquel xogo televisivo que emparellaba distintas personaxes públicas ou de ficción entre sí.

Nós propomos o mesmo xogo con personaxes da actualidade municipal. Recurrimos aos tres primeiros casos que se nos viñeron á cabeza. Continua leyendo »

Baiona-Nigrán por mar

marA idea semella xurdir da Xunta de Galicia e do éxito do transporte marítimo durante as celebracións do Primeiro de Marzo. O Señor Almuiña tamén é favorable a facer permanente esta opción de transporte público, supomos que sempre e cando non atraia a máis rapazada que celebre botellón. Quedámonos coa dúbida de si estaría tan encantado si na Xunta permanecese o bipartito, pero somentes é unha dúbida maliciosa para que os miradores de plumeiros non os coloreen con gaivotas descabezadas. Continua leyendo »

Seguridade vial

baden paso de peónsHoxe voltamos cunha vella historia, aquela que cobrou tanta importancia no “Goberno dos 18 meses” que cáseque podemos decir que foi a polémica estrela dun curto periodo de goberno PSOE-BNG e a pata que facía coxear a mesa. Falamos das famosas bandas rugosas ou sonoras que inzaron as nosas estradas e que tanto molestaban aos veciños. Chegou a producirse un feito sin precedentes no noso concello, o vandalismo se normalizou e pese ao que custaba retirar as costosas pezas sintéticas, nadie viu quén o facía. Continua leyendo »