Expectativas en Baiona

comunicacionAgora que se ve con certa perspectiva o resultado electoral e podemos pensar con maior lucidez, toca analizar as consecuencias no tocante a Baiona. Son moitas as actuacións pendentes que debe executar o Goberno Feijoó. A EDAR, o Centro de Día, os novos accesos á autoestrada ou o PXOM vivirán momentos decisivos desde agora.

A EDAR, o novo acceso da autoestrada e o Centro de Día estiveron en marcha pero deberían rematarse xa en breve, desbloqueando os problemas derivados da súa posta en marcha, Continua leyendo »

¡¡BASTA XA!!

merdaO noxo nunca debería ser a reacción ante os argumentos dun político, pero desta vez é a única posibilidade que nos da o PP. Xa non se pode estar calado e hai que deixar as cousas claras. A política-lixo debeu ter morto co “Váyase, señor González!”. Aquela campaña tívoa que pagar España coa creación dunha canle dixital logo absorvida con píngües beneficios para os compañeiros de pupitre de Aznar Continua leyendo »

Conflictos en campaña

mitin psoe ao aire ibreComo non podía ser doutro xeito, unha campaña electoral sen incidentes non sería digna de chamarse como tal, en Baiona cumprida experiencia temos nisto. SI en tempos inmemoriables eran famosas as navallas atadas a un pao para tumbar as pancartas rivais e as pelexas pola ocultación duns carteis con outros, hoxe falamos dos permisos ou negativas a ceder locais para os mítines. Se lemos no Faro de Vigo a nova entendemos unha cousa, pero si recurrimos á Voz de Galicia sacamos diferentes conclusións. Continua leyendo »

Campaña electoral – Día 1

mapa de fontanBaiona cheira hoxe a cola fresca de inicio de campaña. Non é o mesmo que unhas Municipais pero algo de inquietude se aprecia no ambiente. Goberno e oposición saben que do resultado do primeiro de Marzo temas trascendentales para Baiona poden caer cara un lado ou cara outro. Continua leyendo »

787

alegaciónsFinalmente conseguir saber o número de alegacións que se presentaron ao PXOM. Non semella un número elevado en relación aos baioneses censados nin ao habitual nestes casos. Novamente nos queda a dúbida de si o que se está a agardar é á segunda exposición pública ou simplemente é que polo ambicioso do texto urbanístico o que sucede é que hai moitos que xa quedaron contentos co proposto. Continua leyendo »