Descompensación

Verán Baiona

O Verán trae novamente un sinfín de actividades. Diríase que somos un Concello de dous meses e que logo deixamos de existir como tal. Ao máis puro estilo do Mediterráneo, que só está habitado en temporada baixo por afables velliños levados polo INSERSO. Continua leyendo »

Chega o Verán cun hándicap, a suba do IVE

IVE

Por activa e por pasiva o sector hosteleiro o ten sinalado, a suba do IVE en Xullo vai supór un atranco considerable para poder manter a súa actividade, xeral emprego ainda que sexa eventual e poder pervivir en temporada baixa. O Presidente Zapatero ten comentado que a suba do IVE non vai supór un incremento dos prezos, xa que logo, supón que esa porcentaxe de incremento irá contra a conta de resultados empresarial. Ou sexa, que os hosteleiros non van subir os prezos pero van pagar máis impostos. A verdade é que aquelas empresas que fagan as súas declaracións trimestrais de IVE soportarán máis imposto pero tamén devengarán máis. O problema é que na hostelería moitos productos se mercan ao IVE reducido e incluso superreducido (como o leite), pero se venden manufacturados ao IVE máis alto. Continua leyendo »

Baiona-Nigrán por mar

marA idea semella xurdir da Xunta de Galicia e do éxito do transporte marítimo durante as celebracións do Primeiro de Marzo. O Señor Almuiña tamén é favorable a facer permanente esta opción de transporte público, supomos que sempre e cando non atraia a máis rapazada que celebre botellón. Quedámonos coa dúbida de si estaría tan encantado si na Xunta permanecese o bipartito, pero somentes é unha dúbida maliciosa para que os miradores de plumeiros non os coloreen con gaivotas descabezadas. Continua leyendo »

Problemas técnicos

erroEstes día tivemos unha serie de problemas técnicos cos estilos visuais que agardamos se solucionen axiña. En breve voltaremos a comentar a actualidade de Baiona coa asiduidade que tiñamos por costume facelo. Desculpade as molestias, Conscientes Baioneses, namentres non deamos solucionado todos os problemas derivados destes cambios, podedes empregar o foro como lugar de debate.

Etílicas preocupacións

botellon baionaPor aclamación popular dos nosos Conscientes Baioneses e pola incidencia que está a ter esta cuestión na prensa, non podemos deixar de lado o debate iniciado neste blogue a finais da semana pasada. O Noitebús incardínase tamén dun xeito máis ou menos forzado, xa que non consideramos que sexa éste o punto clave do asunto. Continua leyendo »

Arqueoloxía vs fame

canEnterámonos onte de que temos un personaxe especialmente adicto aos restos arqueolóxicos, e non se trata precisamente do IEM e os seus recoñecidos traballos en favor da memoria histórica. Trátase de “Xouba” o can que acosou aos arqueólogos que andan a recuperar os restos dos nosos antergos preto do cemiterio municipal. Continua leyendo »

Xustiza e política, e van…

imputadosNovamente é Baiona noticia porque técnicos municipais teñen que acudir aos xuzgados. Trátase dun novo capítulo entorno á non concesión de licencia en pleno centro de Baiona. Xa falamos do asunto cando os políticos pasaron a declarar e agora lles toca á Secretaria Municipal e ao Asesor Xurídico. Continua leyendo »