Paréntesis pola resaca

Hoxe non nos apetece achegarnos moito ao que sucede en Baiona. A resaca do Primeiro de Marzo enturbia os nosos pensamentos, por moito que esta fin de semana resultase húmida de máis para tan magno evento lúdico-festivo. Ainda así a cousa non estivo nada mal.
O que queremos comentar é esa esperpéntica proposta da patronal pola que ofrecería un tipo de contrato que permitiría reducir o paro en grandes proporcións: o contrato de formación a custe cero. Seguir lendo
Parafraseando ao grupo favorito do Presidente do Goberno de España, Supertramp, (o grupo, non o Presidente) os que visitaron Baiona esta fin de semana de seguro que terán vivido unha xornada moi lonxana das contínuas preocupacións entorno á cansina crise. Concentración de moteiros, capital mundial do patchwork e múltiples obras na maioría de rúas. Non falemos xa dos prezos que lles deron cando chamaron a algún dos múltiples números de teléfono que aparecen pegados nas ventás dos pisos.
¿Cómo pode ser que a día de hoxe teñamos que estar a falar dunha serie de roubos no noso concello? Quizáis sexa porque leron na prensa que andaba de folga a Policía Local e non ían ter moitos atrancos para apropiarse do alleo. Acertaron de pleno. O máis curioso sería ver a cara de moitos baioneses que se enteraron de que os nosos policías están de brazos caidos porque "só" cobran algo máis de 1.000 € mensuais.
Resulta curioso como nunha vila tan pequena podemos vivir situacións tan distantes e dispares. Por un lado temos a uns funcionarios públicos sen risco de perder os seus postos de traballo supostamente tirando e aflouxando co Concello por unha negociación sindical. Por outro lado, como ben nos dixo maria nun comentario anterior, temos a familias con fillos que non fan máis que comezar a non ver un futuro certo.
Si as caidas eventuais do servidor nos boicotean a nosa reflexión diaria, o sol destes días nos animan a continuar si cabe con máis ímpetu do agardado. Son moitos os que agora están desilusionados e desde BC non podemos máis que invitarlles a que se unan ao clube dos que queremos que a política sexa un lugar de encontro e non de enfrontamento. Dúas persoas non pelexan se ún non quere e o desprezo debería pagarse co sonriso, pode que así a seguinte ve ese desprezo desapareza.
Pois resulta que agora o sector da construcción está en crise por culpa das changadas. Hainos con moito rostro, pero que vaia con este argumento como bandeira vai por mal camiño. A realidade é que a maioría de empresarios se lanzaron rápidamente ao suculento bocado da construcción desmesurada e contrataron persoal sen formación a salarios máis ben escasos, 
