PSOE ecoloxista

Rio FragaO PSOE tampouco descansa no Verán e fainos traballar novamente. Xa está ben, que non nos deixan disfrutar das turbias areas das nosas máis fermosas praias. Agora nos anuncian que os escombros pola obra da EDAR de Silleiro se están a tirar no río de Baredo. Mesmo nos adxuntan unha imaxe da que nos facemos eco. Continua leyendo »

Precampaña

Rápidamente saiu a resposta ás inquietudes do BNG entorno á EDAR. Da gusto cando o sistema democrático funciona con tanta axilidade, claro que habería que correxir o vicio de empregar a prensa como medio áxil de contestación e habituarse a empregar os canais legalmente establecidos, sexan parlamentos autonómicos, estatais ou municipais. Continua leyendo »

EDAR si, EDAR non…

O BNG baionés denunciou hoxe que as obras da depuradora de Baredo paralizáronse nada máis se marchou o señor Touriño coa cinta da inauguración. De confirmarse sería unha mala nova para Baiona, e van… A inquietude fixo que se elevaran preguntas no Parlamento Galego, a cargo do Grupo Parlamentario do BNG. Continua leyendo »

Deja vu

Coa nova da E.D.A.R. en Baredo sufrimos a sensación de que a mesma non é tan novidosa, que xa falamos diso e que ou non hai moito que contar (a ausencia de anotación de onte o atestigua) ou andamos cos síntomas da precampaña e hai que vender os logros na Xunta.

Debemos romper unha lanza en favor do bipartito xa que andan a voltas coa aprobación dunha nova Lei na que se regulará expresamente a prohibición de vender os logros en goberno a través de publicidade institucional. Continua leyendo »