Comeza o curso escolar

Nalgures vimos que se calificaba o novo curso escolar como “BNG: 1 – PSOE: 0”, polo éxito das galescolas e os problemas que está ter a Consellería de Educación con cursos de 3 a 6 anos. Concretamente, no Val Miñor as Galescolas inauguran con éxito tres garderías, unha en cada concello e namentres a ruptura do convenio entre a Gardería “San José” e a Consellería de Educación alzou ao pais en contra da Xunta. Continua leyendo »

Gardería baionesa

galescolaGrazas ao renacido blogue do BNG poidemos enterarnos, se o proveedor de acceso a internet o permite (a anotación de onte quedou en suspenso ata que os sempre eficaces xenios do ADSL tiveron a ben obsequiarnos co seu servizo), que xa está aberto o período de inscrición para solicitar praza na nova Galescola de Baiona.

A odisea da gardería toca ao seu fin e comeza a era do benestar das familias. Continua leyendo »

Gardería abandoada

garderia baionaO PSOE baionés denunciou estes días o estado de abandono do entorno da futura gardería municipal. Queda moi pouco para a súa inauguración, pero o entorno semella abandoado, ainda que a zona de aparcamentos recentemente foi asfaltada e pintadas as prazas de aparcamento, con varias prazas para minusválidos. Continua leyendo »

Benestar baionés

galescolaAlá polo pasado mes de Outubro xa tiñamos comentado que a opción perfecta para Baiona era integrarse na rede galega de galescolas. As razóns xa as expuxemos naquela anotación e o tempo deunos a razón.

Nengún Alcalde con cinco sentidos podería negarse a que a Administración Autonómica xestionase o funcionamento dunha gardería que somentes tiña como opción a concesión en concurso público. Continua leyendo »

Fumata branca

galescolaPois resulta que sí que nos imos enterar do que sucede nos Plenos. O BNG reacciona e volta pola senda que nos tiña acostumbrados no último trimestre do ano e reactiva o seu blogue. A pesares de que cáseque nos copian no título das anotacións.

Así, sabemos que finalmente o Goberno Municipal aceptou adherirse ao Consorcio da Xunta e integrar a Gardería Municipal na rede de Galescolas. Tres concellos no Val Miñor e tres Galescolas. Semella que a rede de servizos sociais comeza a dar os seus froitos. Continua leyendo »