Unha nova desvergonza da política

cartel

Punto e aparte, por unha vez

arauxoAinda que nestes días non temos sido o sufientemente conscientes como para falar asíduamente dos problemas que acontecen en Baiona, sobre todo porque xa son tantos que nin sabemos por onde comezar, hoxe imos adicar excepcionalmente unha mirada ao noso veciño Concello de Gondomar. Continua leyendo »

Comparacións odiosas

Namentres no concello de Gondomar habilitan un aparcamento público e gratuito para 300 vehículos, en Baiona volta a sacarse a concurso a explotación do aparcamento soterrado da Palma. A cara e a cruz da xestión municipal dun problema que se extende a todos os concellos por igual. Poderiamos deixar de escribir a anotación de hoxe, porque non cabe matiz algún a esta afirmación. Continua leyendo »

VIGO INTEGRA: ¿Unha nova fenda no Val Miñor?

vigo integraOutra vez a sombra dunha grande infraestructura viaria ameaza Gondomar. Hai anos foi a Autopista a que, sen dar grande servizo aos miñoranos, atravesou o noso fermoso Val como un inmenso río de asfalto. Agora queren facer unha “vía de alta capacidade” dende o enlace de Vilaza até Couso, atravesando Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, levando por diante unha morea de casas e marcando gravemente a paisaxe única deses barrios e lugares. Continua leyendo »

¿É éste o futuro do PXOM de Baiona?

gondomarAgardemos que non, porque ningún concello debería pasar polos despropósitos que pasaron Gondomar e Nigrán. Todo depende do sentidiño que teñan os nosos políticos. Novo PXOM en Gondomar

Saudos a un novo blogue no Val Miñor

gondomar ceiveSaudamos con ledicia o nacemento dun novo blogue no Val Miñor. Desta vez trátase de http://gondomarceive.blogspot.com/ e moito nos tememo que xurde debido ao non pacto de goberno entre o BNG e o PSOE. Observemos cómo evoluciona e decidiremos se ten futuro a cousa.

De todos os xeitos, saudos e felicitacións pola iniciativa. Continua leyendo »

Políticos “á italiana”

locoSorpréndenos, eleccións tras eleccións, o alto índice de participación que se rexistra en cada convocatoria. Sobre todo cando se trata de eleccións municipais. ¿Sabemos realmente o pouco nivel de formación e vocación dos nosos políticos?

Este Domingo sorprendeunos un breve na sección comarcal do Val Miñor no Faro de Vigo. O señor Núñez Sestelo, tránsfuga ex-socialista e agora titiriteiro da escea política gondomareña, sáenos como valedor da Doca. Seica non lle chegan os problemas que conciernen ao seu concello que ten que acudir aos dos veciños.

Continua leyendo »