Cabodano da Volta dos Nove

Cemiterio de BaionaCita ineludible, agardamos que todos os nosos representantes políticos estén alí. Falamos de que hoxe é o 73 aniversario do asasinato dos nove homes na Volta de Baredo. Por tal causa, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, farase unha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa no Cemiterio Municipal de Baiona, onde precisamente creuse que estaban soterrados (malia que nas recentes escavacións non se topou nadiña). Este acto terá lugar a partires das 12:30 horas da mañá.

Nin un só Consciente Baionés pode faltar. Vémonos alí.

Asasinados por un ideal

[gv data=”mDSQ-I9yacQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Cadaquen no seu lugar

os noveHoxe é un gran día para moitas familias, pronto poderán recordar aos seus antepasados con calma e tranquilidade, sabendo a ciencia cierta o seu destino final e onde están os seus restos. Todos coñecemos os terribles sucesos quero xeraron a lenda ca Volta dos Nove e do empeño do Instituto de Estudos Miñoranos por restituir unha inxustiza que nunca debeu ter acontecido. Continua leyendo »

Recuperar a memoria tamén é cousa do Val Miñor

Durante moitos anos se viviu a longa noite de pedra no Val Miñor. Logo chegou a imposta cortina de fume que tamén nos impediu falar do que pasara cos noso antergos. Hoxe debemos afrontar sen medo a época da clara verdade, aquela na que poderemos falar sinceramente de cómo uns veciños mataron aos outros polo simple feito de pensar diferente. Continua leyendo »

Abrazando ao mar

Hai quen dixo que Sabarís creceu de costas á Foz do Miñor e non lle faltaba razón, hoxe a nova estrada pola Foz deixa ver as vergonzas dunha parroquia que pode recuperar o seu esplendor si vai adiante o seu proxecto de humanización. Baiona tampouco se queda atrás en venderse a mellor postor, esquecéndose da histórica relación que os seus cidadáns sempre tiveron co mar. Continua leyendo »