BC apoia o manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en internet”

Image

O novo anteproxecto de “Lei de economía sostible” que pretende aprobar o Goberno de España acaba de facer saltar as alarmas de milleiros de internautas de todo o Estado. Desde este blogue queremos manifestar a nosa repulsa por esta proposta que permitiría pechar as webs que un grupo de censores consideren que violan os dereitos de autor. Continua leyendo »

Baiona Consciente no Facebook

facebookOs dous grandes do movemento social na internet por fin están unido. Ironías aparte, non podiamos deixar de empregar a rede social máis extensa. Pensamos nun primeiro momento decantarnos polo Cabozo, pero debemos caer rendidos á evidencia e Facebook é a hexemónica nestes intres.

Agardamos que os Conscientes Baioneses se animen a facernos os seus amigos e así establecer unha nova canle de comunicación entre todos nós. Desde onte no que comezamos esta nova andaina xa unha ducia deles nos teñen engadido, que non pare a cousa e que sirva para que as nosas anotacións cobren maior notoriedade.

Saúdos, GMS

PSOEGrazas ao SPAM de Diego puidemos enterarnos de que o Grupo Municipal Socialista iniciou a súa andaina na rede de redes cun blogue onde irán colgandos as súas iniciativas. Namentres non se obxerven considerables discrepancias cos outros medios dixitais do PSOE baionés será unha boa nova da que non podemos máis que congratularnos. Continua leyendo »

Multiplicación de iniciativas

progresion xeométricaHoxe  cáseque nos cae unha bágoa ao coñecer a nova de que nace un novo blogue no Val Miñor. Nunca pensabamos que aquel día no que naceu BC este proxecto acadase tan altas cotas de éxito como para que se multiplicase a iniciativa e como para que podamos ter en conta a posibilidade de deixar de funcionar sin que se desapareza un espacio de debate libre e sin ataduras. Continua leyendo »

Blogs e webs dos nosos políticos, ¿péchase o círculo?

Nos inicios de BC, concretamenta na nosa cuarta anotación, fixemos unha reflexión sobre a presencia dos partidos políticos baioneses na rede e o resultado era certamente desalentador, incluso voltamos a reflexionar sobre o tema cando o PSOE se lanzou a empregar as ferramentas dixitais para expandir o seu traballo. Continua leyendo »

Lenta burocracia e rápidas ferramentas

Efectivamente, como ben dixo no día de onte algún dos nosos ilustres Conscientes Baioneses, a última acta do Pleno Municipal publicada na web do Concello é do pasado Maio. Dín que as cousas de palacio van despacio, mais si a acta do Pleno anterior lese no seguinte, o normal sería que a mesma sufrise como muito un retraso de dous meses (un mes ata a ratificanción en Pleno e outro para engadir as modificacións solicitadas, sendo xenerosos). O procedemento desde o remate definitivo da mesma ata a súa publicación na web non debería ser moi longo, ¿ou non ten ADSL o Concello? Continua leyendo »

De dependencias e independencias

Algúns queren vendernos “o galego” como unha etiqueta diferenciadora e, incluso, de calidade. Pero o camiño vai por elexir o próximo antes que o de fora porque realmente iso nos beneficiará económicamente dun xeito moito máis directo.

Todo é mentira, amigos. Un claro exemplo o tivemos no día de onte, cando R estivo en xaque por culpa dun incendio nada máis e nada menos que nas aforas de Madrid. ¿Ten sentido? Pois semella que sí, R non é maís que unha etiqueta para unha empresa que depende dunha das operadoras máis importantes de europa. Decepción e morqueo ao mesmo tempo. Un bache máis nos camiños da internet.