Deamos voz aos que non a teñen

Lixo

Seguindo o enlace dun Consciente Baionés chegamos a unha carta ao director no Faro de Vigo que consideramos oportuno reproducir aquí. Os que non teñen voz porque os seus representantes non os escoitan teñen dereito a buscar vías alternativas de expresión. Eis a nosa modesta contribución: Continua leyendo »

¡¡BASTA XA!!

merdaO noxo nunca debería ser a reacción ante os argumentos dun político, pero desta vez é a única posibilidade que nos da o PP. Xa non se pode estar calado e hai que deixar as cousas claras. A política-lixo debeu ter morto co “Váyase, señor González!”. Aquela campaña tívoa que pagar España coa creación dunha canle dixital logo absorvida con píngües beneficios para os compañeiros de pupitre de Aznar Continua leyendo »

Apocalipse do porco

Adoptando o nome dun compañeiro en Blogaliza, titulamos a anotación de hoxe, que ven a colación da nota de prensa publicada polo PSOE Baionés. Semella que vivimos nun inmundo pobo onde reina o caos e a desolación, o que podía funcionar mal funciona mal e o que debería funcionar ben tampouco o fai. Continua leyendo »

Pasando páxina

lixo baionaE agora que xa podemos esquecer os duros momentos pasados por todos os baioneses namentres dous dos nosos veciños estaban secuestrados e logo do rebumbio intercultural da fin de semana, quizáis sexa hora de pasar páxina e seguir falando das cousas que máis nos afectan no día a día. Continua leyendo »

Unha de dúas

punto limpo sucio baionaOu en Baiona hai tradicionalmente un problema coa xestión dos nosos residuos ou é que os “Conscientes de Baiona” están especialmente sensibilizados co tema. Podemos falar de moitas cousas e tentar incluso meter cizaña para despertar as ganas de inserir un comentario, pero non hai tema que máis debate xenere que o tema dos lixos.

Temos que ser sinceiros e recoñecer que non é un debate que teñamos sacado nós á palestra. Desde valminor.info xa se ten denunciado contínuamente a situación do Esteiro da Foz, a falta de limpeza nas praias ou o abandono dos puntos de recollida, que chamarlles puntos limpos sona un pouco a ironía.

¿Logo porqué o Concello non actúa? Continua leyendo »