15.05.2011 – O primeiro paso xa está dado

Cando os libros de historia falen de cómo mudou o noso sistema político dirá que comezou hoxe. En Vigo, como en moitas cidades en toda España e Portugal, miles de persoas sairon ás rúas para reclamar que cese a actual situación de impunidade na clase económica e política.

As seguintes imaxes demostran o éxito da convocatoria, entorno a tres mil persoas, aproximadamente. Moitos máis asistentes que nos mítines políticos dos partidos tradicionais:

Continua leyendo »

Sin ira liberdade, porque si non a hai…

rotonda

Sorprendente cando menos son as afirmacións verquidas esta fin de semana por algúns veciños de Sabarís. Ben sabemos que se pode interpretar de moitos xeitos, a maioría deles tendenciosos ou subxectivos. Moitos son os factores que poden derivar nunha enorme bola por un insignificante comentario.

O primeiro suposto, o máis sinxelo de relatar, é que efectivamente os dirixentes do Partido Popular deran directrices expresas de “avisar” aos veciños de Sabarís que de ir a unha manifestación podería haber consecuencias económicas. Non sería a primeira nin será a última que isto sucede. Continua leyendo »

Dous días despois, todo semella igual

Manifestación Alakrana

Finalmente resultou que concentrarse en Vigo en nada fixo mudar a opinión dos secuestradores do Alakrana nin aos seus representantes legais, ben chamados intermediarios neste suculento negocio da extorsión. Os familiares siguen desquiciados pola ausencia dos seus, ainda que de seguro que sentir o apoio de tanta xente sempre lles axudará a paliar ainda que sexa un pouco esa dor que non lles permite durmir tranquilos desde hai corenta días. Continua leyendo »

Manifestación contra os ataques ao pobo palestino

Mani Palestina Vigo #1Copiamos e pegamos da web da CIG, convocante da manifestación deste Domingo:

O vindeiro 18 de xaneiro, todos os galegos e as galegas teñen unha cita en Compostela para manifestar de nova a súa solidariedade co pobo palestino e amosar o total rexeitamento á masacre que o goberno de Israel está levando a cabo en Gaza. Continua leyendo »

A guinda do pastel

manifestacion baionaPois vai e perdemos a única bandeira azul que tiñamos este Verán. Menos mal que somos Municipio de Excelencia Turística. ¿Serviunos esta calificación para algo máis que para enchufar a un achegado de Manolo Vilar que logo pasou á Diputación Provincial?

O inspector de ADEAC, encargada de conceder as bandeiras azuis, anunciou que Baiona perde provisionalmente a súa na Ribeira, Continua leyendo »

Movemento espontańeo

atentado medioambiental na ribeiraCorre un SMS por ahí que convoca para mañá ás doce do mediodía na entrada do Parador, co fin de protestar polo verquido de area do Miño nas praias baionesas. Somentes temos unha forma de averiguar se é verdade que Baiona ten consciencia ou non. Mañá todos temos que estar na entrada do Parador e mandar con todas as nosas forzas unha mensaxe clara e nítida. Dos baioneses non se cachondea nadie.