Memoria de pez

barbeira

E somos xenerosos, porque o termo adecuado é neglixencia. Agora resulta que para tapar a praia da Barbeira hai que retirar area dun colexio. Ou o mundo está ao revés ou é que os nosos políticos pensan que só temos memoria a curto prazo. Afortunamente, as tecnoloxías avanzaron enormemente e existen as hemerotecas dixitais. Continua leyendo »

Prohibir en troques de dar solucións

paseo monte boiXa estamos cada vez máis afeitos ao baixo perfil dos nosos políticos e á escasa capacidade para dar solucións aos problemas que se prantexan día a día. No caso que nos ocupa hoxe voltamos a atoparnos cun evidente exemplo disto.

Resulta que se gastan preto de medio millón de euros en refacer un traballo que, supostamente, era excelente e recibira incluso o aplauso de Europa (ésta é unha etiqueta política que cala bocas coma ningunha) e agora non se pode transitar nin en bicicleta nin en patíns. Continua leyendo »

PSOE ecoloxista

Rio FragaO PSOE tampouco descansa no Verán e fainos traballar novamente. Xa está ben, que non nos deixan disfrutar das turbias areas das nosas máis fermosas praias. Agora nos anuncian que os escombros pola obra da EDAR de Silleiro se están a tirar no río de Baredo. Mesmo nos adxuntan unha imaxe da que nos facemos eco. Continua leyendo »

Arqueoloxía vs fame

canEnterámonos onte de que temos un personaxe especialmente adicto aos restos arqueolóxicos, e non se trata precisamente do IEM e os seus recoñecidos traballos en favor da memoria histórica. Trátase de “Xouba” o can que acosou aos arqueólogos que andan a recuperar os restos dos nosos antergos preto do cemiterio municipal. Continua leyendo »

Deixándoa a ovo

xestión de manolo vilarIndicaban nalgún comentario as declaracións do sempre divertido Manolo Vilar na Voz de Galicia, quen si non ía recoller tan fantástico discurso. O caso é que o Señor Vilar se escudou das críticas á súa lamentable xestión nas diferencias esgrimidas públicamente entre familias socialistas. Falamos, claro, das históricas “sensibilidades” dentro do partido. Continua leyendo »

¡¡Márchese Señor Vilar!!

salidaComo non vimos que se publicitara a nota que recibimos do PSOE baionés, nin tan siquera na súa propia web, a adxuntamos para a súa difusión:

O PSdeG-PSOE DE BAIONA ESIXE AO ALCALDE O CESAMENTO INMEDIATO DO CONCELLEIRO DE MEDIOAMBIENTE. Continua leyendo »

¡¡Susto!!

bombeiroLendo hoxe o Faro de Vigo levámonos un bo susto que ao final non quedou máis que en iso. Tratábase da nova relacionada coa axuda que mantén a Xunta de Galicia para a GRUMIR do Val Miñor, namentres non se establezcan no noso concello o novo parque de bombeiros para o Val Miñor e o Baixo Miño. O susto non viu polo medo a quedarnos sen a unidade de intervención rápida, Continua leyendo »