Depuradora, ¡non!

algas na praiaIso podereriamos gritar nestes días cando entramos en Baiona. Semella que acabaran de trasladar a depuradora de Coruxo para o noso concello e o fedor da mesma nos inundara ata a náusea. Pero non é así, por suposto, trátase de que as toneladas de algas depositadas nas praias, nomeadamente a da Ladeira, estanse removendo coas mareas vivas destes días.

Antigamente esas algas non se acumulaban porque os veciños das parroquias ían recollelas para sementar as súas leiras. Continua leyendo »

PSOE ecoloxista

Rio FragaO PSOE tampouco descansa no Verán e fainos traballar novamente. Xa está ben, que non nos deixan disfrutar das turbias areas das nosas máis fermosas praias. Agora nos anuncian que os escombros pola obra da EDAR de Silleiro se están a tirar no río de Baredo. Mesmo nos adxuntan unha imaxe da que nos facemos eco. Continua leyendo »

Deixándoa a ovo

xestión de manolo vilarIndicaban nalgún comentario as declaracións do sempre divertido Manolo Vilar na Voz de Galicia, quen si non ía recoller tan fantástico discurso. O caso é que o Señor Vilar se escudou das críticas á súa lamentable xestión nas diferencias esgrimidas públicamente entre familias socialistas. Falamos, claro, das históricas “sensibilidades” dentro do partido. Continua leyendo »

A previsión non é mala cousa

E semella que o señor Vilar está a tomar conciencia medio ambiental. Non está mal, tendo en conta que é o concelleiro de Medio Ambiente. Toda esta preocupación non pode máis que deixarnos a mosca detrás da orella, será que somos uns malpensados e maliciosos. Deberiamos de aprender doutros e ter confianza na xente de en que nos goberna. Por outra banda, de todos é ben coñecido que o departamento de medio ambiente é de maior número de traballadores de todo o Concello e o que da traballo non só ten o poder, senón que ten os medios para efectivizar as súas actividades. Continua leyendo »

Leccións medio ambientais

A imaxe, máis que nunca, vale máis que mil verbas que podamos escribir. O señor Almuiña ensina ao Concelleiro de Medio Ambiente a non contaminar. O manexo do embudo por parte do Alcalde é maxistral e o señor Vilar toma boa nota da lección. Será que él está máis afeito a traballar con outro tipo de utensilios de cociña, como as sarténs ou os cazos. Continua leyendo »