Xa está

A cousa era tan evidente que as quinielas deron pouco rédito. O PP volveu á senda da maioría absoluta e o PSOE acusou notablemente as súas taras, que son moitas. O BNG mantense (non é novedade), pero por unha vez rendabilizou algo o seu traballo de catro anos. UPyD sacou moitos máis votos do que cabía agardar. Analicemos polo miudo o novo panorama municipal. Continua leyendo »

Candidaturas – Municipais 2011

A tradición baionesa de presentar candidaturas independentes tocou ao seu fin. O rodillo mediático e os maletíns pontevedreses imposibilitaron que voces discordantes manchasen os cálculos electorais. No 2011 os baioneses só temos sete opcións (fronte ás 10 e 11 de Gondomar e Nigrán) á hora de decantar o noso parecer coa política municipal: Continua leyendo »

O BNG preséntase por todo o alto

xm beiras

Non é para menos. Xosé Manuel Beiras apoiará a Xosé Enrique Fernández na súa posta de longo para as Municipais. Hai quen dirá que traer a unha vella gloria non é nada, pero de seguro que a Isabel Domínguez lle encantaría que estivese presente Felipe González (cómo se terán arrepentido no PSOE baionés de ter convidado no seu día a Rosa Díez), non digamos xa si cando se presentase Almuiña viñera a Baiona Don Manuel ou o semidios do bigote escueto e coa muller que se vai peitear en coche oficial. Continua leyendo »

Política de baixa intensidade

UPYD

O pistoletazo inicial xa sonou. UPyD comezou a campaña antes incluso de presentar aos seus abanderados. Todos sabemos quén encabezará a lista e o porqué de presentar lista en tan anecdótico partido político. Continua leyendo »

Prequecemento municipal

psoe

A enquisa que publicou o Faro de Vigo, realizada polo PSOE baionés, este pasado fin de semana tira tantas conclusións que debimos reflexionar con propios e extraños sobre as mesmas. Continua leyendo »

Cedo comezan os tiros

PSOE

Non nos equivocábamos, non. As Municipais van a encher o panorama mediático a un ano vista. Non queremos saber cómo estará a cousa alá polo Cabodano. As espadas están en todo o alto na “familia” socialista. Houbo tanta prisa por adiantarse ao rival que colleu co pé cambiado á dirección provincial, que tivo que tirar das orellas á cúpula municipal. O que máis doe desta situación é comprobar como se distancia o sector oficial do sector institucional. Desde a quebra Felipe-Alfonso seica é unha tradición no socialismo peninsular. Continua leyendo »

Racionalidade

Racionalidade

Xa tiñamos falado no pasado sobre o sistema electoral e reparto de representación que temos vixente. É un tema recurrente neste blogue de cando en vez, sobre todo cando se aprecian inxustizas no mesmo. E hoxe o imos traer á palestra grazas ás reflexións da anotación anterior. O sistema electoral aplicable aos concellos e o seu reparto en 315 municipios galegos non é o mellor que se poda aplicar, sen dúbida, mais é o que temos e si non se aborda un debate en profundidade do mesmo dificilmente poderemos remediar os vicios que presenta. Continua leyendo »