Crise a todos os niveis

Onte non foi precisamente un bo día para falar de optimismo. A cifra de parados xa pasou de ser alarmante a crítica. Recordemos aquelas aseveracións do futuro expresidente do Governo nas que afirmaba que nunca se chegarían aos catro millóns de parados. Aquel eslogan que mencionaba o pleno emprego sona xa a chiste.

En Baiona algo nos toca desa situaciòn ao borde do colapso. O Concello de Baiona busca obter fondos mediante a presentación de dous concursos e nadie opta a eles. Outrora estariamos falando de enchufismos, repartos a dedo e cazos, foran ou non verdade as acusacións.O feito é que hoxe nadie quere mover un dedo ata que caia quen ten que caer e outros tomen as riendas da governanza. Falamos de Madrid pero tamén afecta ao noso Concello. Continua leyendo »

Medo

ladron¿Cómo pode ser que a día de hoxe teñamos que estar a falar dunha serie de roubos no noso concello? Quizáis sexa porque leron na prensa que andaba de folga a Policía Local e non ían ter moitos atrancos para apropiarse do alleo. Acertaron de pleno. O máis curioso sería ver a cara de moitos baioneses que se enteraron de que os nosos policías están de brazos caidos porque “só” cobran algo máis de 1.000 € mensuais. Continua leyendo »

O paro ás portas

desesperaciónTempo levaban os nosos Conscientes Baioneses denunciando que a crise estaba a golpear nos sectores máis desfavorecidos no noso concello. Comprobamos como se cambiaban libros por comida, sabemos de casos ao noso redor de persoas que perden os seus postos de traballo e, o que é peor, de xente que se lle acaba o subsidio e non sabe qué facer. E o BNG vén hoxe a plasmar isto en cifras.

Non hai nada peor que a desesperación como compañeira de viaxe. Continua leyendo »

A principal preocupación da maioría

Levamos días dándolle voltas a temas relacionados co urbanismo, como si ainda estivesemos inmersos naquel antiguo soño chamado o boom inmobiliario e que resultou ser nada máis e nada menos que o que a maioría pensaba pero que non se atrevía a decir por medo ao ridículo: unha burbulla que acabaría por estoupar. Pero resulta que o problema que máis preocupa á cidadanía non é outro que o paro, ese problema que en épocas de goberno da dereita se esvaeceu coma o sucre no café pero que volta co goberno socialista. Continua leyendo »

Paro sen solución

O BNG publicou nestes días unha nota falando do problema do paro no noso concello, aproveitando unha intervención do seu portavoz parlamentar en materia de emprego en Santiago. Moi ben traida a nova, enlazando coa problemática da estacionalidade en Baiona e coa ausencia de colaboración cunha iniciativa singular como é a musealización do Outeiro dos Lameiros.

Ensamblar varios temas para realizar unha crítica coesionada é unha boa estratexia e non lle sae ben a todo o mundo, pero unha análise polo miudo do problema do paro fainos ver que algunha cousa lles quedou no tinteiro aos nacionalistas. Continua leyendo »