Pinta con amor na Baiona cultural

Ribeira por Vázquez AlemánO Faro de Vigo nos volta a adicar un capítulo da xa famosa serie “Artistas na vila de Baiona”, subtitulado “É Verán e non temos moitas novas que contar”. Si fósemos maliciosos pensariamos que o que está a suceder é que se nos están mostrando os curriculums dos artistas que viven en Baiona e que van a optar ás xa famosas vivendas para artistas que xurdirán da aprobación do plan especial de protección do Casco Vello (PEPCHAB). Continua leyendo »

Importando cultura

micheleNestes días de descanso, no que somentes apetece relaxarse, ir á praia e aproveitar os días ao máximo para voltar en Setembro con renovadas forzas; sempre e cando o permitan as inclemencias metereolóxicas, claro, as únicas novas que nos apetecen relatar son aquelas que nos permiten esbizar un sorriso de felicidade na nosa faciana. É o caso de hoxe unha desas ocasións, ainda que non poderemos deixar de soltar algunha inocente picadiña á caste política municipal. Continua leyendo »

De novo susto en Baiona

lumeEfectivamente, o deterioro de vivendas no noso Casco Vello voltou a darnos un novo susto, desta vez en forma de lume. Resulta cando menos curioso como coa que está a caer metereolóxicamente falando, se produzan estes (vamos a decir) fortuitos accidentes. Continua leyendo »

¡¡¡EXCOMUNIÓN!!!

¡Qué vergonza!, pero hai que ver qué cara teñen algúns. Nin facendo o camiño de Santiago recibirán o perdón do Noso Deus Todopoderoso. ¿Cómo pode ser que hoxe en día haxa alguén que se plantexe roubarlle as terras honradamente gañadas ás pobres monxas de clausura do Convento de Baiona? Continua leyendo »

Aleguen, damas e cabaleiros

Onte foi o día no se que se publicou a aprobación inicial do PEPCHAB no DOGA e no mesmo día comenzáronse a subir os textos na web do Concello. Un tanto a favor do equipo de goberno pola celeridade e transparencia nos tempos e nas formas. Debemos recoñecer cando algo se fai ben e iso é o que facemos no día de hoxe. Continua leyendo »

O Verán dos baioneses

Esta semana remata o periodo estival, Baiona vaciarase de turistas, os bares notarán a baixada na caixa e os baioneses reclamaremos o noso Día do Baionés. Quizáis Caino nos poida adicar unhas verbas e o Concello poda darlle unha placa e regalarlle un pisiño rehabilitado deses que van crear no Casco Vello logo da aprobación do PEPCHAB. Continua leyendo »

O que okupa preokupa

casa dos cetaEran tempos nos que pensabamos que podiamos mudar as cousas radicalmente, a mocidade tiña esperanzas máis aló de mercarse unha consola de última xeneración e ante o problema da falta de resposta política ante as súas inquedanzas culturais e de independencia xurdiu o fenómeno okupa.

Hoxe en día a utopía decaeu e o estado de benestar acabou por rematar o concepto. Pero aínda quedan uns pequenos grupos de idealistas que queren rachar co imperialista concepto da propiedade privada, esa soga que a todos nos afoga e que permite que os ricos sexan máis ricos e os pobres máis pobres. Continua leyendo »