Vergonza

vergonzaO do pasado Pleno non ten nome, non falamos do caso de Fontes, nin do abandono do mesmo polo BNG, nin das ameazas do Sr. Alcalde, que iso xa o comentamos sobradamente na anotación de onte. O que non se pode explicar é que o Goberno Municipal se desentenda do problema de desemprego que están a vivir moitas familias, escurra o bulto e non se faga o enterado. Continua leyendo »

Renovación e reactivación

bngCon anterioridade tiñamos falado da falta de alternativa ante un PP baionés que a pesares de cometer erros contínuos, a maioría derivados do pacto de goberno co “independente” Manolo Vilar e a súa excesiva responsabilidade en base ao seu apoio nas urnas. E semella que o BNG baionés ten reflexionado sobre esta oportunidade política e renovou a súa Executiva Local. Continua leyendo »

De novo Pleno do Concello

baionaE de novo volta a pasar desapercibido. Menos mal que as ferramentas que nos ofrece internet, e o BNG e a súa radio, nos permitirán comentar o acontecido ao longo da semana que vén. Iso si os resultados das Europeas o permiten, claro. Poderedes seguir os resultados das Europeas desde Baiona Consciente a través do widget de Soitu, logo do éxito nas pasadas Autonómicas. Continua leyendo »

Hoxe hai Pleno

baionaComa sempre, as dúas observacións habituais cada se produce Pleno. Agradecer a orde do mesmo a Rafa Lores e agardar pola Radio BNG para saber o que se coceu alí: Continua leyendo »

Mañá hai pleno

plan eE non nos cansaremos de reclamar que se publice na web oficial do Concello. Máis cedo que tarde acabarán por atender esta reclamación, pero namentre teremos que enterarnos por amables comunicacións ao noso correo. Desta vez as fontes non estiveron ao loro, será polo periodo electoral no que estamos, pero amablemente o Barril do Náufrago sirve desta vez de voceiro para achegarnos a orde do día: Continua leyendo »

Mañá hai Pleno. Febreiro 2009

franciscanosCon todo  ruido producido polos debates relacionados co PXOM, cáseque pasa desapercibido que mañá e primeiro Xoves de mes e toca Pleno Municipal. Agardaremos con impaciencia á renovación de Radio BNG para poder comentar con máis calma e precisión os diferentes pareceres expresados no principal foro de debate da política municipal.

O que non nos resultaría extraño sería que un día destes nin Manolo Vilar nin o Partido Popular en pleno non asistisen porque o debate non resultase do seu interese. A diferencia co sucedido o pasado Sábado é que polos Plenos cobran e no periodo de crise en que vivimos tampouco hai que perder a ocasión de cobrar en debida forma. Continua leyendo »

A oposición exerce de Goberno…

…e o Goberno exerce de oposición. Ésa é a única explicación do que aconteceu onte no Pleno Municipal. Rafa Lores tivo que sair ao paso das críticas populares polo retraso na execución das obras que enlazarán Sabarís con Baredo a través da Autoestrada. Houbo moitos argumentos e actitudes demagogas que cómpre analizar detidamente. Continua leyendo »