Hoxe houbo Pleno

rosaComa sempre, desde o Concello non se informou de que hoxe houbo Pleno nin da orde do día, por suposto. Pola contra, o PSOE baionés presentará dúas mocións de urxencia: unha para solicitar un Pleno Extraordinario no que se debata o tema dos “enterros” da Ribeira e Barbeira, para que se depuren as responsabilidades necesarias en TODAS as Administracións, outra para que se levante a suspensión de licencias que se aprbou a finais do ano pasado co galo da presentación do PXOM. Continua leyendo »

Isto xa aburre

silencioEstamos en semana de Pleno e voltamos ás andadas. Isto xa aburre e non semella que vaia mudar a curto ou medio prazo. Nadie sabe de qué se vai falar e nin siquera os grupos da oposición publicitan mocións que vaian presentar.

Non debemos esquecer que parte de culpa tamén a ten a pouca atención que presta a prensa aos titulares non vistosos e ás poucas ganas de desagradar a certos dirixentes que logo lles poden proporcionar boas exclusivas. Continua leyendo »

Money, money

money moneyE hoxe tamén hai pleno, poderiamos decir. Claro que para un tema tan pouco interesante como os Orzamentos Municipais, a quén lle vai interesar asistir. Contando que a convocatoria do mesmo se realizou a semana das Xerais, seguro que é un texto que vén moi ben explicadiño, para que os concelleiros da oposición non teña apenas traballo que facer.

Continua leyendo »