O PXOM xa falla antes de terse aprobado

crecemento demograficoO falabamos cun dos Conscientes Baioneses e temos os datos para contrastalo. O PXOM presumía un crecemento que non se está a cumprir. Para o 2008 o PXOM intuía unha poboación de 12.192 habitantes, cando a cifra real é de 11.976. Comparada esta progresión co 2007 (11.946 e 11.839, respectivamente) i extrapolando este crecemento, poderiamos concluir que a cifra de cáseque 21.000 baioneses en 2.022 ben se debería acercar máis ben á de 14.000. Continua leyendo »

Algo cheira a podre en Baiona…

corrupción… e non é a EDAR de Baredo porque sigue en obras e seguirá por moito tempo. Falamos do que apuntaron na anotación anterior os nosos Conscientes Baioneses. Todo o que rodea ao asesor xurídico do Concello de Baiona ten un certo cheiro a “políticamente reprobable”, practiquemos a mesura.

As relacións persoais e profesionais que converxen con frecuencia acaban derivando en situacións cando menos incómodas e, Continua leyendo »

As augas baixan turbias

litoral baionaOu polo menos iso é o que puideron ver os veciños de Baiña por culpas dunhas obras preto do encoro de Baiña. Non é a primeira vez que o noso entorno natural sufre por culpa dunha neglixencia, menos mal que desta vez simplemente se trataba de barro que ensuciou temporalmente o río de Baiña. Continua leyendo »

Expectativas en Baiona

comunicacionAgora que se ve con certa perspectiva o resultado electoral e podemos pensar con maior lucidez, toca analizar as consecuencias no tocante a Baiona. Son moitas as actuacións pendentes que debe executar o Goberno Feijoó. A EDAR, o Centro de Día, os novos accesos á autoestrada ou o PXOM vivirán momentos decisivos desde agora.

A EDAR, o novo acceso da autoestrada e o Centro de Día estiveron en marcha pero deberían rematarse xa en breve, desbloqueando os problemas derivados da súa posta en marcha, Continua leyendo »

“Repunantes”

participaciónEstos do BNG é que non deixan puntada sen fío. Seguen a darlle voltas ao PXOM  e ás actuación do señor Almuiña ao seu redor. Poden falar correctamente á hora de que a segunda exposición será obrigatoria por imperativo legal, pero non deben esquecerse que o caso tamén é de aplicación a Vigo e alí apoiaron ao Goberno Municipal nunha polémica aprobación definitiva. Arrieros somos e no camiño nos atoparemos. Continua leyendo »

787

alegaciónsFinalmente conseguir saber o número de alegacións que se presentaron ao PXOM. Non semella un número elevado en relación aos baioneses censados nin ao habitual nestes casos. Novamente nos queda a dúbida de si o que se está a agardar é á segunda exposición pública ou simplemente é que polo ambicioso do texto urbanístico o que sucede é que hai moitos que xa quedaron contentos co proposto. Continua leyendo »

Continuan os ecos do PXOM

campo de golf comunalAinda que a prensa sigue sin facerse eco do debate promovido pola Mancomunidade de Montes do Val Miñor, si que temos  lido tanto no Faro de Vigo como na Voz de Galicia algunhas das conclusións que extraeron as comunidades de montes baionesas.

Resulta curioso que se siga sin introducir plenamente no debate do PXOM as cuestión propias do obxectivo do debate do pasado Sábado, Continua leyendo »