Rotondas polémicas

nova rotonda sabaris

Agora que desapareceu o problema para realizar comentarios ás anotacións e que cada día se palpa máis o ambiente electoral de cara ás municipais, cómpre repasar unha polémica máis ou menos actual que non movilizou excesivamente á cidadanía.

Falamos da reordenación do acceso á autoestrada en Sabarís. O BNG convocou movilizacións e tentou organizar unha oposición activa a esta reordenación, si ben non acodou todo o éxito que sería desexable á hora de conquerir a paralización do proxecto. Continua leyendo »

Sin ira liberdade, porque si non a hai…

rotonda

Sorprendente cando menos son as afirmacións verquidas esta fin de semana por algúns veciños de Sabarís. Ben sabemos que se pode interpretar de moitos xeitos, a maioría deles tendenciosos ou subxectivos. Moitos son os factores que poden derivar nunha enorme bola por un insignificante comentario.

O primeiro suposto, o máis sinxelo de relatar, é que efectivamente os dirixentes do Partido Popular deran directrices expresas de “avisar” aos veciños de Sabarís que de ir a unha manifestación podería haber consecuencias económicas. Non sería a primeira nin será a última que isto sucede. Continua leyendo »

Máis vivendas sociais en Baiona

VPO

Esta fin de semana a prensa adicouse a publicitar a entrega de novas vivendas sociais no noso Concello. O Sr. Alcalde sorrí á cámara namentres os novos propietarios comezan a disfrutar do outrora luxo de poder habitar unha vivenda ao seu nome, emancipándose nalgúns casos e deixando de pagar unha renda de aluguer noutros. Continua leyendo »

Máis cartos para Sabarís

consorcio benestar

Hoxe ou comezabamos falando do Centro de Día ou do vixiante afeccionado ás liñas eróticas. Pensamos que nos decantamos pola opción máis axeitada. E si onte era o turno do mercado, hoxe tócalle ao Centro de Día, outra infraestructura municipal que tiña unha liña de desenrolo moi parella á gardería municipal. Agardamos que o final sexa o mesmo e pronto podamos ver aos nosos maiores disfrutando dunhas instalacións onde pasar o seu tempo de lecer sin sobresaltos. Continua leyendo »

O mercado de Sabarís lavará a súa cara

Mercado de sabris

hoxe podemos ler no Faro de Vigo que a Diputación (bendita Diputación que todo o arranxa) vai acometer as reformas que no mercado de Sabarís viñan demandando veciños e usuarios do mesmo. Trátase dun total de 136.000 € para darlle un lavado de cara a unhas instalacións bastante decrépitas, sobre todo si temos en conta o uso que se lles da. Continua leyendo »

Voltan os bolardos a Sabarís

bolardo

Resulta curioso comprobar cómo hai certos elementos públicos que aparecen e desaparecen segundo veña o vento de cara ou de fronte. Pasa moito no caso das bandas rugosas, que para uns evita atropellos e para outros produce molestias sonoras e de tráfico. Así, cando hai un atropello colócanse ata nas entradas dos supermercados e cando protestan moito os veciños se retiran e punto.

Continua leyendo »

Sabarís treme outra vez

Derrube en Sabarís

Pasado xa o susto do Alakrana e sin deixar de pensar que para non ser un pobo mariñeiro mirade que é casualidade que para dous barcos que secuestran haxa en ambos mariñeiros baioneses, ben podemos voltar á actualidade municipal con menos tintes dramáticos. E non podiamos comezar mellor que cos derrubes no río Groba. Continua leyendo »