Descompensación

Verán Baiona

O Verán trae novamente un sinfín de actividades. Diríase que somos un Concello de dous meses e que logo deixamos de existir como tal. Ao máis puro estilo do Mediterráneo, que só está habitado en temporada baixo por afables velliños levados polo INSERSO. Continua leyendo »

As praias a tope, que siga a tendencia

hosteleria

Por fin o tempo axuda a un concello que, lamentablemente, ten excesiva dependencia de temperaturas máis propias do Levante mediterráneo que das duras costas galegas.

É o que ten que elixamos políticos que pensan que os modelos alleos son a solución aos problemas autóctonos. Craso erro, as mellores propostas deben ser novedosas e innovadoras, o que funciona é ser creativo. Non vale prantar palmeiras porque o vimos en Marbella, non vale basearse na hostelería e nas praias porque en FITUR os concellos costeiros venden isto exclusivamente. Así, Baiona non fai máis que ofrecer un producto xa saturado. Continua leyendo »

Chega o Verán cun hándicap, a suba do IVE

IVE

Por activa e por pasiva o sector hosteleiro o ten sinalado, a suba do IVE en Xullo vai supór un atranco considerable para poder manter a súa actividade, xeral emprego ainda que sexa eventual e poder pervivir en temporada baixa. O Presidente Zapatero ten comentado que a suba do IVE non vai supór un incremento dos prezos, xa que logo, supón que esa porcentaxe de incremento irá contra a conta de resultados empresarial. Ou sexa, que os hosteleiros non van subir os prezos pero van pagar máis impostos. A verdade é que aquelas empresas que fagan as súas declaracións trimestrais de IVE soportarán máis imposto pero tamén devengarán máis. O problema é que na hostelería moitos productos se mercan ao IVE reducido e incluso superreducido (como o leite), pero se venden manufacturados ao IVE máis alto. Continua leyendo »

Punto de inflexión

pobrezaHoxe é o día no que se esquecen os discursos veraniegos e se comeza a preparar unha nova temporada. Os nenos cheiran as súas novas maletas con espendorosos plumieres e libros recién forrados, os pais acomódanse no sillón agardando o asubío que indique que o opio do pobo da comezo e as nais, ¡ah! as nais, agardando que todos se marchen da casa para poder ter un ratiño de paz. Continua leyendo »

Concluindo o Verán

solciñoCando menos resulta curioso como ante a ausencia de anotacións os noso prezados Conscientes Baioneses siguen sin optar polo foro e se adican a escribir comentarios en anotacións que non teñen nada que ver co argumentado. Bendita insubmisión que mantén vivo este modesto blogue. Reflexións sin sentido aparte, hoxe debe tocar análise dun Verán que se acaba nesta fin de semana. Os hosteleiros xa están a contar os billetes e seica que a crise non lles deu moi forte e voltan a pasar con certo éxito un Verán que se pensaba ía ser un absoluto desastre. Continua leyendo »

¡¡Viva Baiona cañí!!

manolo escobarE as previsións se cumpliron. Manolo Escobar encherá co seu inestimable carisma e o seu moderno discurso a noite da Anunciada baionesa. Como pode ser pouco bocado para os turistas e lugareños, o acompañarán a exitosa Tamara e o ex-cantante de karaokes David Civera. Continua leyendo »

Botando papo todo o día

Nestes momentos os listiños de turno apúntanse ao suposto inxenio que en realidade non se trata máis que de caradura e “espabiladismo”. Aparcan en lugares onde outros, empregando a lóxica, descartaron facelo. E o caso da rampa no porto baionés é o máis significativo de cantos hai no nosos concello.

Continua leyendo »