Cómo resolver problemas agravándoos

atasco baionaSi é verdade que estamos inmersos nunha profunda crise económica, se é certo que non temos un can nin para comer… ¿cómo pode ser que no primeiro fin de semana do mes de Xullo non cabía un alfinete no noso concello? Os establecementos hosteleiros seica se queixan, ¿fan o mesmo os xerentes dos supermercados? Pode que unha saturación de taperías, restaurantes e cafeterías teñan algo que ver. Non hai para todos.

Pero si hai un problema que realmente incomoda aos baioneses e turistas por igual é a cuestión do aparcamento. Semellaba que a solución era un novo aparcamento soterrado. Xa o temos. Logo, ¿porque andaban a dar tantas voltas os coches polas nosas rúas? Continua leyendo »

Día 1

oficina de turismoHoxe comezan oficialmente as vacacións para moitos. É o día no que tradiconalmente Baiona pasa de ser unha pequena vila mariñeira a un sobresaturado pobo de sol, praia e marisco na mesa. Para os que vivimos todo o ano no noso concello é un pequeno shock, como si nos roubaran algo que lexítimamente mereceriamos disfrutar entre nós, pero que entregamos aos visitantes, nun xesto de hospitalidade e amabilidade que se compensa cunha boa caixa na maioría dos comercios. Continua leyendo »

Acércase o Verán

criseA pesares de que un día chove e ao otro estase para ir á praia, o caso é que o Verán xa está ás portas. Nun mes Baiona estará cheo de visitantes agradecidos, quizáis en menor número debido ao momento de crise ou anticrise que estamos a vivir.

O sector da hostelería agarda con impaciencia, os promotores anda tamén con esperanza de que despunten as ventas, xa non digamos aqueles particulares que se embarcaron na aventura da especulación. Pero o caso é que, coma sempre, farán negocio os supermercados e os bares de praias. Non hai moitos cartos e os que hai téñense que administrar sabiamente. Continua leyendo »