Período de reflexión

reflexionNestes días moito temos reflexionado sobre os recentes acontecimentos que afectaron ao noso concello e sobre si o noso traballo era infructuoso ou non. A negativa do Concello a recoñecer no lugar onde se debe recoñecer aos asasinados da Volta do Nove foi a gota que colmou o vaso. O malo da indignación e a impotencia é que se pode tornar en ira e desencadenar en actos que poden facer desvirtuar o verdadeiro discurso e tirar todo o traballo pola borda. Continua leyendo »

¡¡Indignación!!

Bandeira da vergonzaAs malas excusas é o que teñen, que definen aos seus autores. Que o Goberno Municipal se reúna para rexeitar a colocación dunha placa conmemorativa no cemiterio de Baiona ten delito, pero que ainda por riba argumente que o lugar adecuado é para facelo é unha cuneta é de desvergonza. Continua leyendo »

73 cabodano

[gv data=”g6Q04VTHCmE” width=”425″ height=”350″][/gv]

Cabodano da Volta dos Nove

Cemiterio de BaionaCita ineludible, agardamos que todos os nosos representantes políticos estén alí. Falamos de que hoxe é o 73 aniversario do asasinato dos nove homes na Volta de Baredo. Por tal causa, e coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos, farase unha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa no Cemiterio Municipal de Baiona, onde precisamente creuse que estaban soterrados (malia que nas recentes escavacións non se topou nadiña). Este acto terá lugar a partires das 12:30 horas da mañá.

Nin un só Consciente Baionés pode faltar. Vémonos alí.

Aos nove da volta

Volta dos nove

Non podía faltar a homenaxe no 73 aniversario da Volta dos Nove que se celebrará mañá, vai logo un poema que nos conmove, e a quen non.

Relatorio dun crime insepulto
relatorio perpetuo

Ai das mulleres sen home e dos seus fillos orfos! Continua leyendo »

Asasinados por un ideal

[gv data=”mDSQ-I9yacQ” width=”425″ height=”350″][/gv]

Cadaquen no seu lugar

os noveHoxe é un gran día para moitas familias, pronto poderán recordar aos seus antepasados con calma e tranquilidade, sabendo a ciencia cierta o seu destino final e onde están os seus restos. Todos coñecemos os terribles sucesos quero xeraron a lenda ca Volta dos Nove e do empeño do Instituto de Estudos Miñoranos por restituir unha inxustiza que nunca debeu ter acontecido. Continua leyendo »