O Ximbaleu bótase ao mar

naujaSemella que O Ximbaleu renaceu co II Serán á beira do mar e que de tanto pasalo ben nesa beira decidiron probar na outra. Velaí a nota de prensa que nos enviaron:

Embarca no Nauja, un antigo baleeiro construído en Dinamarca no ano 1930, e descubre os nomes do mar de Baiona e Panxón e os naufraxios, tristes ou non, que tiveron lugar na boca da ría de Baiona.

Sairemos de Baiona o próximo 27 de xuño ás 17.00 horas e voltaremos ás 20.00 horas.

Prezo: 18 euros (por adiantado)

Prazas: 35 (adxudicaranse por orde de reserva)

Organizan: O Ximbaleu Tramallo Cultural e a Asociación Cultural A Seneira

Guía: Xosé Lois Vilar Pedreira

Teléfonos de contacto: 616 903 082 (Xosé Lois) – 654 838 212 (Alicia)

2º Serán á Beira do Mar

cartazseranbaiona

Regresa o Ximbaleu co seu segundo Serán á beira do mar, desta vez coa colaboración do Concello de Baiona. Continua leyendo »

Alternativa Cultural

dia das letras galegasA Asociación Cultural O Ximbaleu voltou á palestra no Día das Letras Galegas, organizando un acto de lectura pública no Casco Vello de Baiona. Lamentablemente non poidemos publicitalo no seu debido momento porque non tiñamos coñecemento de tal acto. Igual esta asociación debería comezar a empregar as ferramentas dixitais e abrir unah web ou blogue, tan de moda últimamente no noso concello. Tendencia que, modestamente, abriu Baiona Consciente. Continua leyendo »

Contrastes

tercera viaEsta fin de semana estivo chea de contrastes. Por unha parte a ledicia de saber que os nosos mariñeiros e os seus compañeiros estaban a salvo e que o que puido ser un tráxico suceso acabou nunha bonita historia que contar aos netos. Continua leyendo »

Oposición festeira

gaitaPois resulta que a alguén se lle ocurriu a brillante idea de facer unha festa opositora á Feira de Abril. Haberá que ver en qué desencadea isto, agardamos en que non sexa un intento por reventar un acto organizado polo Concello e se quede en ofertar unha alternativa á oferta municipal existente, outro modo de ver as cousas, pero que non socave a libre elección de cada quen.

Non podemos deixar de sinalar que detrás desta Asociación Cultural que xurde para celebrar un serán á beira do mar non cabe dúbida que está a man Continua leyendo »