Portos de Galicia desembarca en Baiona

portos segundo o PP

E faino por todo o grande. Anuncian actuacións millonarias e, como non podía ser doutro xeito, para desfacer o feito polo bipartito. A polémica concesión entre a Doca e o Clube de Iates vaise cancelar, descoñecemos o custe que isto suporá en indemnizacións á concesionaria, e vanse facer actuacións na Doca, peirao e porto deportivo de Ronáutica. Continua leyendo »

A esquizofrenia coma forma de poder

Beatriz MatoLendo as afirmacións da Conselleira Beatriz Mato somentes podemos concluir que o Señor Núñez Feijoó non debe recortar gastos en asistencia psicolóxica aos diputados autonómicos. Nun país onde as señas de identidade se ven como algo malo, no que se cren as mentiras inventadas nas internet antes que a comprobación dos feitos in situ e onde o emprego do termo Galicia, Galiza ou como demo se diga son un estigma, somentes pode campar a diglosia coma seña de identidade.

Ése país existe i é a terra dos galegos. Si algún diputado do BNG criticase que unha escola española levase unha bandeira de España, ¿qué venas a piques de estoupar veríamos? O peor que se pode facer co fanatismo é darlle poder e iso nos acaba de suceder. Continua leyendo »

A ironía como terapia

A Galiña Azul

O “fenómeno Galiña Azul” xa está a eclosionar na rede, as parodias son múltiples ante esta nova medida da nova Xunta de Galicia “desfacedora do xa feito”. Hai quen dí que o coche de Touriño hai que vendelo para pagar a renovación de mandilóns e carteis políticamente incorrectos que adoctrinaban aos nosos fillos. Nun país de cegos o torto é o rei, pero o lamentable é que no galego país dos cegos o rei é ademáis xordomudo.

A oposición exerce de Goberno…

…e o Goberno exerce de oposición. Ésa é a única explicación do que aconteceu onte no Pleno Municipal. Rafa Lores tivo que sair ao paso das críticas populares polo retraso na execución das obras que enlazarán Sabarís con Baredo a través da Autoestrada. Houbo moitos argumentos e actitudes demagogas que cómpre analizar detidamente. Continua leyendo »

Acción-Reacción

Mirade que é casualidade que xusto cando se aproba o PXOM inicialmente a Consellería de Política Territorial envíe urxentemente, por fax e rondando as tres da tarde, o informe que debería ter presentado hai polo menos seis meses. Un defenderán a capa i espada que a Xunta reaccionou rápidamente ao órdago do Concello, namentres que outros argumentarán que sabendo o Alcalde que o informe chegaría máis cedo que tarde fixo unha maniobra de oportunismo dos que nos ten acostumbrados. Continua leyendo »

Un lugar onde vivir

Tan consciente está Baiona que os debates de concellos limítrofes mesmo invaden o noso blogue e tamén se anticipan debates que tiñamos pensado iniciar hoxe. Noraboa Conscientes Baioneses, estades a darlle un pulo importante a BC e agardamos poder correspondervos. Xa que logo, e por aclamación popular, o tema de hoxe será o Plan Sectorial da Xunta para vivenda protexida. Continua leyendo »

A nova lei da paisaxe

paisaxeNova obtida en Vieiros.

O Goberno aprobou este xoves o proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galiza, que se encargará de crear os instrumentos precisos para a conservación e a delimitación da paisaxe, que terá recoñecemento xurídico. O proxecto, elaborado pola Consellaría de Medio Ambiente, servirá de marco de referencia para todas as lexislacións que poidan alterar dalgún xeito as paisaxes, principalmente as de alto valor natural e cultural.
Continua leyendo »