Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Colectivos

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Luns, Xuño 23, 2008

1º Museo de Baiona

outeiro dos lameirosPois ao final temos inaugurado o primeiro museo permanente en Baiona, e vai ser un museo natural e histórico ao mesmo tempo. Lamentable ou afortunadamente, a iniciativa non parte do Concello, senón dunha Comunidade de Montes, concretamente da de Santa Cristina da Ramallosa. Agora a labor do Concello debe ser a súa difusión entre os visitantes que se achegarán durante o Verán, para que sepan que Baiona trátase de algo máis que un pouco de sol nunha temperatura agradable e un bo lugar onde tomar unha copa nas terrazas de Elduayen polas noites. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:28  

Xoves, Xuño 19, 2008

A radio sempre é máis rápida que a prensa escrita

europarcOnte tentamos falar da nova que hoxe se publicou na Voz de Galicia, pero non puidemos porque non atopamos reseña algunha na prensa dixital, somentes un breve comentario na Radio Galega, que non se viu reflexada na súa edición en internet. O tópico de que a radio sempre chega antes que os demáis medios de comunicación vóltase a cumprir. Será o medio de prensa eterno, que sobrevivirá a todos os avances tecnolóxicos en centos de anos, xustamente pola súa rapidez e versatilidade. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 19:23  

Venres, Xuño 13, 2008

Cahiba: ¿grupo de presión?

cahibaA primeira asociación veciñal do centro de Baiona semella unha ovella con pel de lobo, porque logo de constituirse para defender os dereitos dos veciños do Casco Vello, reúnense co ALcalde e marchan contentos para casa porque son xente importante e a súa labor é conter aos veciños que non saben realmente o ben que lle fan as medidas tomadas polo Concello.

Deixando aparte o debate sobre as medidas adoptadas, na súa maioría moi razoables e que era necesario que se realizaran; o nacemento de CAHIBA, como xa comentamos, xa non foi moi adecuado. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 8:41  

Xoves, Xuño 12, 2008

Campións anónimos

cb baionaNos primeiros días deste mes o equipo cadete femenino do clube de baloncesto Baiona gañou a Copa Galicia. O equipo cadete masculino tamén acadou o mesmo título, e ademáis a Liga D.V.B. e a Copa D.V.B., acabando a temporada sen unha soa derrota. Éstes son somentes uns poucos dos éxitos acadados pola entidade deportiva con maiores éxitos da historia de Baiona, salvo disposición en contrario dalgún dos nosos prezados visitantes.

¿Entonces porqué tan pouco apoio do Concello e dos baioneses? (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 18:05  

Xoves, Xuño 5, 2008

Cahiba

cahibaE con nome cáseque de puro habano, a primeira asociación veciñal do centro de Baiona nace ao fin.

Pretenden non ter ataduras políticas e ésa é unha boa pretensión. Non se trata de ser apolítico, máis si independente. A fórmula máis sinxela para iso é que a Directiva sexa heteroxénea e que se produza diálogo e debate interno. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:39  

Martes, Xuño 3, 2008

Movemento Veciñal (e 2)

unionAló polo mes de Outubro pasado falabamos da cuestión do movemento veciñal, de cómo morreu en Sabarís e de cómo podería ser posible que a parroquia de Baiona non tivese Asociación de Veciños. A verdade é que vendo o caso de Vigo, igual algunhas das afirmacións expresadas en Outubro hoxe poden porse en dúbida, ou reafirmarse, se cabe. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 22:24  

Luns, Maio 19, 2008

Alternativa Cultural

dia das letras galegasA Asociación Cultural O Ximbaleu voltou á palestra no Día das Letras Galegas, organizando un acto de lectura pública no Casco Vello de Baiona. Lamentablemente non poidemos publicitalo no seu debido momento porque non tiñamos coñecemento de tal acto. Igual esta asociación debería comezar a empregar as ferramentas dixitais e abrir unah web ou blogue, tan de moda últimamente no noso concello. Tendencia que, modestamente, abriu Baiona Consciente. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:50  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress