Debido ao intenso debate que xerou a anotación de onte, gustaríanos anticipar a sección do Sábado a hoxe e deixar aquí un artigo de X. Manso sobre os motivos que moven a SOS Serra da Groba para oporse ao parque eólico Albariño I. (máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:45
...atopas. SOS Groba volta á carga cun motivo máis para dubidar do proxecto de Eurovento. Desta vez se trata de restos arqueolóxicos cunha antigüedade duns 300.000 anos e que se atoparon sen apenas traballo.
Isto nos leva a concluir que unha prospección intensiva na zona deixaría ao descuberto unha riqueza arqueolóxica sen precedentes na comarca (máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:06
Moi ao contrario do que se poidera pensar, a nosa ausencia de onte non foi pola resaca do Primeiro de Marzo, senón por problemas co servidor do noso blogue.Convenientemente aclarado, podemos pasar ao tema que hoxe nos preocupa.
SOS Serra da Groba volta ao ataque, desta vez acudindo á UE. Vendo que a Xunta non vai facer nada por evitar a instalación do parque eólico na Groba, o recurso de tentar a inclusión na Rede Natura semella unha alternativa interesante para evitar que entremos no mapa eólico galego. (máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:34
Logo de expór na Galería Sargadelos de Vigo a problemática do parque eólico na Groba, o colectivo SOS Serra da Groba vai realizar esta fin de semana un novo roteiro. Desta vez contarán coa colaboración da Agrupación de Montaña Augas Limpas. Primeiro sairán desde Vigo ás 9:30 horas, desde a estación marítima e en Baiona ás 10.30 horas desde a gasolineira, para continuar en coche ata a Groba.
O roteiro terá un percorrido duns 8 km., polo que conideran o mesmo de dificultade baixa e terá parada na metade para xantar. Tamén recomendan levar roupa de abrigo e de chuvia, por si acaso. Como xa é tradicional, chegarase á Laxe Cruzada, pasando pola Cruz de Pao e o Fozo Pedriño.
Outra cousa se poderá criticar ao colectivo ecoloxista, pero de falta de iniciativa e ganas de explicar a súa postura ante o parque eólico non será.
chuzame -
posted by baionaconsciente at 14:13
Debido a un debate orixinado nos comentarios de Baiona Consciente, decidimos le var o mesmo a unha anotación e que todos podan participar das reflexións orixinadas nunha anotación que nada tiñan que ver co parque eólico da Groba. Todo ven orixinada polos distintos puntos de vista co que enfocan PSOE e BNG a cuestión do parque eólico. A moda dos boletín permítenos saber as opinións dos partidos que están interesados en difundilas.
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:22
Se ao inicio da semana as Comunidades de Montes atacaban ao colectivo SOS Serra da Groba por non informar nen falar con elas, esta fin de semana éstes respostaron no Faro de Vigo. Lamentablemente a edición dixital non recolle o artigo e non podemos enlazalo.
Pero a sorpresa saltou en valminor.info, cando nun comentario un comuneiro deixaba esta perla:
"había outro proxectado, o Albariño II (antes Torroña II) que polas noticias que eu teño, coido que non se vai levar adiante, e é unha pena, por que este seria o que "afectaria" a CM que eu pertenezo e que nos posibilitaraia levar adiante, cos ingresos xerados, outros proxectos como os que ti apuntaches".
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 17:08
As Comunidades de Montes contraatacan e defenden o Parque Eólico Albariño I no Faro de Vigo. A principal característica das CCMM é que antepoñen sempre a rendabilidade aos intereses xerais. En Tomiño consideraban útil que se construira un campo de golf e chalets no monte e no Val Miñor consideran adecuado encher de muiños a Serra da Groba. Para todo isto os montes son propiedade dos comuneiros, iso sí, se arden, a culpa é da Administración que non ven a apagalos. Se as CCMM son plenas beneficiarias dos recursos extraidos dos mesmos, haberá que plantexarse seriamente a posibilidade de eliminar calqueira responsabilidade pública sobre eles.
(máis...)
chuzame -
posted by baionaconsciente at 18:52