Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Política Municipal

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Mércores, Xullo 2, 2008

Pasándose a pelota

esteiro da fozA nova dun novo verquido no esteiro da Foz oculta sen dúbida unha actitude victimista e tendenciosa que leva a un só camiño: Concello i Espina y Delfín non teñen a culpa. A culpa é da Xunta que aínda non entregou a obra da estación de bombeo.

O señor Almuiña xa nos ten acostumbrados a ese falso victimismo co cal tira moito partido, sobre todo en Sabarís. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:37  

Martes, Xullo 1, 2008

Día 1

oficina de turismoHoxe comezan oficialmente as vacacións para moitos. É o día no que tradiconalmente Baiona pasa de ser unha pequena vila mariñeira a un sobresaturado pobo de sol, praia e marisco na mesa. Para os que vivimos todo o ano no noso concello é un pequeno shock, como si nos roubaran algo que lexítimamente mereceriamos disfrutar entre nós, pero que entregamos aos visitantes, nun xesto de hospitalidade e amabilidade que se compensa cunha boa caixa na maioría dos comercios. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:23  

Domingo, Xuño 29, 2008

Delito na Ribeira

A colaboración cidadá surtiu efectos e Laura Míguez, concelleira do Grupo Municipal Socialista remitíunos estas dúas descriptivas imaxes, que se describen por sí soas. Unha vergonza. ¡¡Manolo Vilar, dimisión!! e ¡¡Sito Almuiña, dimisión!! (se non o destitúe do cargo).

barbaridade na ribeira delito na ribeira 2

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:32  

Venres, Xuño 27, 2008

Primeiras críticas desde a oposición

psoe baionaOnte mesmo recibimos unha nota de prensa, que ainda non vimos reproducida nos medios de comunicación nin nos medios dixitais do PSOE baionés, do portavos do Grupo Municipal Socialista, Rafael Lores, en relación coa obra que está a destrozar a praia da Ribeira e semella que tamén a da Barbeira. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 17:59  

Xoves, Xuño 26, 2008

¡¡Isto é a area que colmou a paciencia!!

praia da ribeira - baionaA imaxe que presenta hoxe a praia da Ribeira é de auténtica vergonza. Somentes cabe a dimisión ou a destitución do Concelleiro de Medio Ambiente e pedir as mesmas responsabilidades nas instancias autonómicas responsables de tamaño despropósito.

A finais da semana pasada entendiamos que si Costas emitía informe favorable e a Concellalía de Medio Ambiente miraba positivamente a actuación de acondicionar a praia da Ribeira con area do Miño, a actuación non tiña que ser sospeitosa de nada. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 19:51  

Martes, Xuño 24, 2008

As illas roubadas

illas cÃesNamentres a Xunta de Galicia celebra o traspaso de competencias no tocante á xestión das Illas Atlánticas e no veciño concello de Vigo se congratulan de que as "súas" illas se xestionen cada vez máis preto, en Baiona nadie recorda xa que as Cíes eran de Baiona, pero que un Rei castelán cedeu perante a cada vez máis puxante cidade olívica. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:48  

Venres, Xuño 20, 2008

Areas movedizas

pala na praiaUnha nova polémica entra na actualidade baionesa. ¿É adecuada a area do Miño para a praia da Ribeira? Como todo o mundo sabe, todos os baioneses teñen titulación medio ambiental para concluir que unha area escurecida pola humidade non é adecuada para as nosas praias. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:39  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress