Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Baiona Consciente

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Sábado, Maio 17, 2008

Poesía contra a ignorancia

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 20:31  

Martes, Marzo 18, 2008

Vacacións

Debido ao longo período estival que imos pasar, deixaremos de lado os problemas cotidianos que nos rodean e faremos unha especial xira polo You Tube, averiguando qué nos depara unha busca co termo "Baiona".

(Editado): Debido a problemas co servidor, perdéronse as anotacións destes días, pero voltamos a colocalas no seu debido orde. Desculpade as molestias, se se produciron. 

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:19  

Venres, Marzo 7, 2008

Agora, máis que nunca, demos unha lección de democracia

isaiasHoxe ETA decidiu entrar en campaña. Asasinou vilmente ao ex-concellleiro socialista Isaías Carrasco. Descanse en paz.

O máis sentido pésame á familia e vaia desde aquí o noso apoio. Se hai algo que queremos defender desde BC é o entendimento e o diálogo entre personas con ideoloxías diferentes e mesmo opostas. O que non nos entra na cabeza é que a discrepancia xere violencia e odio. A violencia non é máis que o derradeiro recurso do incompetente. Saude a todos e ide a votar, sexa o que sexa, e que a memoria de Isaías vaia con nós a deixar esas papeletas.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 17:35  

Sábado, Febreiro 9, 2008

Dúas novas seccións

bcA partires desta fin de semana, Baiona Consciente adicará os Sábados e os Domingos a dúas novas seccións. Pensamos que adicarse a reflexiaonar sobre os problemas do noso concello xa é suficientemente agotador de Luns a Venres, como para ter que continuar na fin de semana.

Incluso os Domingos sempre preferimos tomarnos un descanso para retomar o traballo os Luns. A partires de agora non será así. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:24  

Sábado, Xaneiro 26, 2008

XUSTIZA PARA ENAITZ - PÁSAO

asesino

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 21:44  

Sábado, Xaneiro 19, 2008

ERROS

Debido á migración a outros servidores de Blogaliza, pode que algunha anotación e/ou comentario non se publique ou se produza algún erro doutro tipo nestes días. Disculpade as molestias. Agardamos que o Luns estea todo arranxado.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 20:55  

Sábado, Decembro 22, 2007

Felices Festas baionaconscienteiros

nadal consumistaNestas entrañables datas, Baiona Consciente quere desexarlles un feliz Nadal e próspero aninovo. Fóra de ironías, quixeramos desexar que o 2008 traia serenidade, consenso e paz social a todos os baioneses, comezando polos nosos representantes electos, pasando polos colectivos e rematando por todos e cada ún dos cidadáns que torcen a cara cando ven a alguén claramente definido nunha postura política oposta.

Baiona Consciente voltará o vindeiro Mércores 26. Felices Festas.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:23  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress