Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sociedade

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Xoves, Xullo 3, 2008

Incidentes de inverno e incidentes do verán

naufragos en baionaVaia por Deus, que non hai maneira de poder escribir unha anotación en positiva e que nos alegre o periodo de vacacións. A semana pasada nos enteramos de que hai un veciño baionés maltratador e asasino de cans. A Galicia profunda está máis preto do que nós pensamos. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 21:39  

Mércores, Xuño 25, 2008

Malos compañeiros de viaxe

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os nervios non deben acompañar aos conductores, e neste caso semella que levaban o voante do vehículo. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:59  

Xoves, Maio 22, 2008

O cancro que non desaparece

drogasOnte poidemos ler na Voz de Galicia que un baionés foi condeado a tres anos de cárcere por tráfico de drogas. O eterno problema que destroza á xuventude. Non só polo consumo senón pola suxerente posibilidade de diñeiro rápido.

Normalmente o pequeno tráfico de drogas xurde como financiamento do propio consumo. ¿E que non podemos parar esta lacra de ningunha forma? ¿Non perdimos suficientes xeracións? (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:47  

Martes, Maio 13, 2008

Alimentando a ignorancia

virxe do carmeComa todo feito salientable e notorio, o secuestro do "Playa de Bakio" trae consigo anécdotas secundarias. Neste caso trátase da devoción a unha figuriña de bronce. A da Virxe do Carme.

Resulta que cando os piratas lanzaron unha granada á ponte de mando, o único que quedou enteiro foi a imaxe da Virxe. Ergo, miragre á vista. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:05  

Xoves, Febreiro 28, 2008

Vellas pedras, mesmos erros

outeiro dos lameirosComo se nota a ausencia de Nely Pillado no Faro de Vigo. Desde que está de baixa por maternidade o seu substituto non fai máis que meter a zoca con maior ou menor grao. Se primeiro foi denominar a Axenda 21 como utopía, agora é colocar os petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Baiña.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 18:45  

Luns, Febreiro 25, 2008

Parque temático

pinzonIso é no que se irá convertindo Baiona pouco a pouco se seguimos pola senda actual. Esta semana sería a xornada de portas abertas, con saltimbanquis e atraccións para pequenos e maiores. ¡¡¡Benvidos ao parque temático do Descubrimento de América!!!

Son rúas, colexios, monumentos e, dentro de pouco, museos. Seica Baiona non existira antes de que o Señor Pinzón se perdera torpemente e caera ao noso porto, grazas a un dos navegantes que era da zona, seica dín algúns. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:32  

Mércores, Febreiro 20, 2008

Por outros derroteiros

bingoSe onte falabamos de que os veciños esixen solucións a problemas que non están na axenda dos partidos políticos, hoxe por podemos deixar de abordar outro caso máis. Xa tiñamos comentado, a finais de ano, da intervención por parte da Garda Civil dos Bingos ilegais que organizaban as comisións de festas, centros culturais e asociacións de veciños.

(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:31  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress