Baiona Consciente
Fondo Estatal de Investimento Local
Pois por aclamación dos Conscientes Baioneses e pedindo disculpas a Rafa Lores por non ter siquera feito un oco para falar do asunto, como lle prometera, toca falar do Fondo Estatal de Investimento Local. Para o Presidente do Goberno a definición máis exacta sería a de “inxección de cartos aos concellos para xerar emprego”, pero  para moitos sona máis ben a “parche de última hora para disimular as cifras do paro”.
Pero é que o FEIL non debe analizarse simplemente desde un enfoque estatal, unha administración local responsable podería facer un bo uso desta medida e salvar ou paliar en gran medida os efectos que a crise económica global está a producir.
A comisión de seguimento creada no Concello de Baiona recibiu a información do Goberno Local, sendo a proposta a que sigue:
Plan de saneamento parroquial (Baredo e Belesar): 400.000 € - Contratación de 8 operarios.
Rúa Elduayen: 600.000 € - 8 operarios.
Paseo de Monte Boi: 480.000 € - 6 operarios.
Senda Fluvial río Baiña: 180.000 € - 5 operarios.
Praza de Santa Liberata: 176.000 € - 6 operarios.
Rúa Marqués de Quintanar: 248.000 € - 9 Operarios.
O máis salientable destas propostas é que somentes xeran emprego na execución das obras propostas, ao seu remate os operarios necesarios pasarán a engrosar as listas do paro, a agardar que os seus xefes atopen parches como éste ou a rezar para que o Goberno Central volte a inxectar cartos e seguir capeando o temporal (si é que quedan cartos, claro). ¿Non sería moito mellor empregar o financiamento estatal de obra civil en actividades de promoción industrial? Si ben é certo que a capacidade de maniobra que deixan desde Madrid non é moita, xa que realmente se orienta o investimento a actuacións como as plantexadas.
Con todo, gustaríanos escoitar propostas máis novidosas e arriscadas, un semoleiro de empresas, unha aposta por sectores productivos ou mesmo un proxecto piloto rachador cos tópicos baioneses. Hai xa tempo falabamos dos percebes enlatados de Baiona como unha innovación pero que en realidade non se trata de percebes enlatados “en” Baiona. ¿Quén non se acorda da fábrica de conservas de Puga? Seica iso de mancharse as mans con productos do mar non está moi ben visto como medida de fomento do emprego. Seguimos coa mirada posta no turista do bocata, porque o de café, copa e puro escasea por estos lares.
E unha última reflexión, ¿non dixera o señor Vilar que toda Baiona esta xa saneada ou en fase de ter o saneamento? Ou nos acordamos mal ou é que daquela mentía. Sexa o que sexa, aproveitamos para contestar a Diego sobre os nomes para un parlamentario baionés. Non era ése un dos nomes, ainda que Baiona saira gañamdo. Máis pola lonxanía de Baiona que polo que poidese aportar ao noso concello desde Santiago.
Pilas cargadas
Logo dunhas merecidas vacacións do Nadal, Baiona Consciente volta con renovados ánimos para seguir o día a día da política e sociedade baionesa. Non teñen pasado poucas cousas nestes días que pasamos desconectados da actualidade municipal, mais os rumores téñen chegado de todos os xeitos. Cambios de directivas en comunidades de montes, comisións sectoriais para o Fondo de Investimento Local, un novo blogue no seo da familia socialista e mesmo idas e voltas con nocturnidade e alevosía de censuradores e tránfugas.
O 2009 comezou moito mellor do que acabou o 2008, pero a nadie se lle escapa que este primeiro trimestre de ano ten un acontecimento que destaca sobre os demáis e que modificará ou non considerablemente o desenrolo dos temas máis importantes para Baiona: As Eleccións Autonómicas. Teremos que decidir si queremos a continuidade dos Centros de Día, Galescolas e Depuradoras ou si preferimos apostar polos das Autoestradas. Sobrado tempo teremos que falar da importancia de Baiona no debate autonómico. Por de pronto nos rumores de primeiros de ano non se escoitou ningún nome baionés para os postos de saida pola provincia de Pontevedra. Nós dariamos algún nome que outro, pero non queremos pecar de intrusismo.
Felices Festas a todos os Conscientes Baioneses
Pleno de Baiona
Non poderemos deixar de agradecer ao BNG o excelente traballo que realizan para poder achegar os contidos dos plenos municipais a todos os baioneses a través da súa radio dixital. Así, escribimos hoxe escoitando o pasado Pleno.
Habería moitas cousas das que falar, pero nos quedamos coa moción de urxencia presentada polo BNG sobre a retirada da aprobación inicial e a súa exposición para poder modificar o PXOM segundo o informe da Xunta para logo voltar a expoñelo unha vez modificado. O máis positivo foi o relaxado do debate e a aprobación da urxencia, algo que no pasado non facía máis que xerar polémicas e tensións. Somentes teriamos que rectificar ao señor Alcalde que sí que a Lei obriga a unha nova exposición, polo menos cando se produzan cambios substanciais no mesmo e semella evidente que así será pola inxente cantidade de peros que sinalou a Xunta.
Moito nos tememos que esta transparencia, sempre positiva, non fará máis que dilatar o proceso de aprobación do PXOM. Pero este pero ten as culpas repartidas, comezando por unha Lei que dilata prazos, unha Xunta que non ten medios materiais e un Concello que non indicou as directrices correctas ao equipo redactor. Cabe destacar que á hora de falar da transparencia do PXOM non temos nin unha traba. Iso sí, que se contrate un servizo de reprografía eficiente, que hai quen non se da cos planos no ordenador, entre eles o señor Fernández, e de paso o Concello podería sacar uns píngues beneficios.
En definitiva, non se aprobou a moción e o proceso transcurre como ata o de agora, pero aceptando a suxerencia socialista de retirar a proposta e trasladala á Comisión Sectorial de Urbanismo para alí debatila con máis calma.
Non hai nada como unhas festas familiares como para relaxar a tensión política e incluso permitir o sorriso ao rival político, ése é o bo camiño. Saúdos dos radio ointes de Radio BNG, señor Almuiña.
Sen lotería en Baiona
Pasaron as euforias e as ilusións de deixar de traballar polo mero feito de ter un papeliño concreto e a fortuna non pasou por Baiona. A probabilidade de que en Baiona toque a Lotería é moito menor se temos en conta que non temos administración da mesma.
Éste é un mal que moi brevemente se curou no noso concello pero finalmente as augas voltaron ao seu cauce e a día de hoxe non hai quen asuma o custe de voltar a abrir un negocio amparado pola Adminstración Central e que sempre reporta píngües beneficios. Non sabemos si é que Baiona non é moito de andar a gastar os cartos en sorteos ou é que definitivamente a mala sorte rodea a todo o que teña que ver cunha administración de lotería.
Sexa o que sexa, a sona que poideramos ter no día en que comezan as Festas do Nadal quédanos moi lonxe, como algo da cidade, porque en Vigo sí que tiveron esa sorte e o cava regou as beirarrúas e os directores de banco tiveron que facer horas extras.
Conformémonos con que imos ter outra lotería e será cando a “Lei ZP” (como si os cartos sairan do seu peto) dea a Baiona 2,5 millóns de euros e os de sempre se adiquen a vender favores a dedo. Algún diría que non será “dedismo” senón “facer un favor a un baionés que o precisa”. Con este caso sucederá como no das axudas europeas, que nos adicaremos a colocar carteliños turísticos e adecentar paseos marítimos en troques de apostar por proxectos productivos que perpetúen postos de traballos máis aló da propia execución da obra ou reforma acometida.
Por certo que o Pleno de Decembro xa está en Radio-BNG. ¿Cánto tardarán os señores Vilar e Almuiña en levar ao mesmo un distorsionador de grabacións?
Plan Bolonia, o lío está montado
View This Video on You Tube
<object style='width:425px;height:350px' type='application/x-shockwave-flash' data='http://www.youtube.com/v/daClU-3BfY4'><param name='movie' value='http://www.youtube.com/v/daClU-3BfY4'/><param name='scale' value='noScale' /><param name='wmode' value='window'/><param name='salign' value='TL' /></object>
Un galego á fronte do sindicalismo
Ignacio Fernández Toxo resultou elexido Secretario Xeral de CCOO, contra todo pronóstico e nin tan siquera co apoio maioritario dos delegados da súa terra. Que haxa un galego nas altas esferas do sindicalismo sempre debería ser bo para Galicia, mais Franco tamén naceu en Ferrol e Rajoy en Pontevedra, salvando as distancias, claro.
Cómpre unha reflexión en todos os sindicatos sobre si a convivencia pacífica co sector empresarial e político foi positivo ou non e sobre si hoxe en día é o mellor momento para iniciar reclamacións sindicais. Polo menos haberá consenso en non dar nin un paso atrás nas metas acadadas ata o de agora.
Máis información sobre os resultados no IX Congreso Federal de CCOO en Europress e na web de CCOO.
A oposición exerce de Goberno…
…e o Goberno exerce de oposición. Ésa é a única explicación do que aconteceu onte no Pleno Municipal. Rafa Lores tivo que sair ao paso das críticas populares polo retraso na execución das obras que enlazarán Sabarís con Baredo a través da Autoestrada. Houbo moitos argumentos e actitudes demagogas que cómpre analizar detidamente.
O Partido Popular non debe ser quen de criticar o retraso nunhas obras, cando Baiona está inzada de obras se rematar por adxudicacións precarias desde o Concello. A galescola ou o centro de día son os casos máis salientables. Por outra banda esta obra xa se demandara no momento no que o malogrado Faraón Cuiña puxo os ollos no Val Miñor. Don Manuel fixo caso omiso dos argumentos e ALEGACIÓNS presentadas polos veciños. E aquí debemos facer un inciso para facer algo de memoria e clarificar as cousas, ainda que non colla directamente a Baiona por medio. A xente estaba acostumbrada a que se expuxera un proxecto e as alegacións non valesen para nada, seica as cousas cambiaron na Xunta e podémolo ver coas dúas polémicas máis agrios do mandato Touriño: As Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan Sectorial de Vivenda. Os conselleiros escoitaron as críticas e prometeron modificacións segundo as demandas plantexadas, mesmo fontes da Xunta manifestaron que non se ían derrubar casas se non había acordo. Pero isto hai a quen lle entra por unha orella e lle sae pola outra, ao fin e ao cabo estamos en precampaña e todo vale.
Voltando ao manifestado, nadie mirou ao señor Almuiña porse á fronte dos afectados pola Autoestrada e reclamando un acceso Sabarís-Baredo. Casualmente quedan dous políticos na Corporación Municipal que estaban presentes naquel conflicto: Manolo Vilar e Xosé Enrique Fernández.
O PSOE tampouco debería entrarlle no xogo á oposición que goberna, simplemente debería argumentar que si o señor Alcalde non é quen de plantarse en Pontevedra ou Santiago para reclamar explicacións dos retrasos das obras dirixidas pola Administración Autonómica igual é porque non está capacitado para representar os intereses dos baioneses. Facer de voceiro da Xunta simplemente o desacredita como portavoz dos veciños, cóstalles criticar aos compañeiros de partido e iso pode ser un importante lastra á hora de reclamar o voto nunhas Municipais.
O BNG, coma sempre, dando caña sen importarlle si os golpes caen nunha Administración na que ten unha parte importante de responsabilidade. É un xesto que deberiamos recoñecer si no parágrafo anterior criticabamos o contrario nos “aliados necesarios”, pero igual hai un punto intermedio entre uns e outros. Normalmente os entendementos soen producirse na equidistancia e chegar a ese punto esixe que as partes relaxen un pouco as posturas. Moito mellor tivera sido que ambas formacións tivesen argumentado o mesmo, ainda a risco de saber que esta alternativa sempre dilúe o protagonismo dos nacionalistas, que teñen que presentar unha terceira vía ou caer irremisiblemente no icono de apéndice do PSOE. O portavoz nacionalista Xosé Enrique pode presumir do traballo realizado na época na que se contruíu a autoestrada, traballo non sempre recoñecido. Naquela época a terceira vía a lideraba Esquerda Galega, un impulso que nunca soubo aproveitar o BNG, quizáis porque o sentimento nacionalista era demasiado suave nos baioneses ou porque simplemente os activos galeguistas perderon as ganas de seguir loitando.
O Señor Vilar, no seu habitual discurso esperpéntico, irreal e vergoñento, non só obvia que esa obra que agora reclama como imprescindible a negou él sendo Alcalde, sinón que pón ata en tela de xuizo que se chegue a facer. Ou sexa, que se talan uns pinos e se levan unhas excavadoras para facer conto e chegar ata Marzo. Si tan seguro está o señor Vilar de que non se vai a chegar a facer a conexión Sabarís-Baredo, que poña a súa acta de concelleiro en xogo e se comprometa a que si no prazo estimado non se remata a obra, él vaise para casa. Xa sabemos a resposta, asíq ue aquí non hai debate.
E finalmente, unha reflexión. ¿Qué tería pasado si as obras non se tivesen interrumpido para preservar un camiño medieval? Pois que agora estariamos falando de que o PP estaría reclamando a paralización das obras, o PSOE defendería o pouco valor patrimonial do camiño, o BNG estaría montando unha asociación en defensa dos camiños medievais e o señor Vilar estaría falando de que a Xunta o que quería era rematar as obras antes das Autonómicas para poder vir a inauguralas. Cousas da política e do pouco nivel político que nos rodea.
Precampaña
Rápidamente saiu a resposta ás inquietudes do BNG entorno á EDAR. Da gusto cando o sistema democrático funciona con tanta axilidade, claro que habería que correxir o vicio de empregar a prensa como medio áxil de contestación e habituarse a empregar os canais legalmente establecidos, sexan parlamentos autonómicos, estatais ou municipais.
A dúbida que nos asalta é si as obras están pendentes dun permiso de Industria, entonces están paradas, ¿cómo se dí que non, logo? E si están pendentes dese permiso, ¿cómo se inauguraron as obras? Igual a idea do Señor Touriño é emular a Don Manuel e reinaugurar as obras cando realmente comecen as obras.
Tamén se estivo retranqueiro na resposta, xa que o BNG sembra a sospeita na área socialista e ésta devólvelle a pelota á área nacionalista. O mellor deste distanciamento preelectoral é que a maioría da xente non sabe si Industria está en mans do PSOE ou do BNG, hai moitos que incluso pensan agora mesmo que Don Manuel sigue en San Caetano, sonche as cousas do pobo.
E todo isto entronca coa nova do día, que é o anuncio do noso Presidente de que as Eleccións Autonómicas serán o Primeiro de Marzo. Nótase que o señor Touriño non pisou na súa vida Baiona nesa data. Un varapalo para aqueles partidos que pensen en fomentar a participación electoral. O baionés que non estea vendendo nun posto, preparando mercancía nas casas ou enchéndose de Barrantes e licor café será que non está en Baiona. Será unha miragre acadar unha significativa porcentaxe de participación.
O mellor de todo será ver a algúns interventores electorais ataviados cos irreais disfraces da Festa da Arribada. Todos temos na cabeza varios nomes dos amigos do ridículo, é un aliciente máis da “xente de Baiona”. Sin eles Baiona non sería o mesmo, quizáis mellor pero nunca o mesmo.
EDAR si, EDAR non…
O BNG baionés denunciou hoxe que as obras da depuradora de Baredo paralizáronse nada máis se marchou o señor Touriño coa cinta da inauguración. De confirmarse sería unha mala nova para Baiona, e van… A inquietude fixo que se elevaran preguntas no Parlamento Galego, a cargo do Grupo Parlamentario do BNG.
Esta denuncia feita polo BNG baionés déixanos varias cuestións que se poden debatir, pero quizáis a máis importante é que sin esa EDAR o PXOM que se está a debatir actualmente carecería de sentido. O Goberno Galego ten actuado considerablemente ben na cuestión medio ambiental na nosa ría. Pasouse de pagar multa a abordar a solución ao problema, pero esta boa labor quedaría ensombrecida si se confirmase a paralización das obras.
Moi poucas constructoras ou empresas relacionadas coa construcción están precisamente no mellor dos seus momentos e isto fai que o suministro de material se atrase, que os bancos limiten a disposición de liquidez e que o medo esté a bordear o pánico nas relacións necesarias para a execución en prazo das obras iniciadas.
Con todo, non deixa de ser preocupante que todas e cada unha das obras públicas iniciadas no pasado cercano en Baiona tiveran sempre algún tipo de problema máis ou menos grave. A Galescola, o Centro de Dïa, mesmo o Centro de Saúde dos Tendais que aínda hoxe aparece rodeado de valados de obra. Será unha maldición ou é que os máis inoperantes nos van caer siempre a nós.
Non podemos deixar de destacar o bo uso que fixo o BNG baionés do Grupo Parlamentario, algo que axuda a que Baiona estea presente nas esferas superiores ao municipalismo. Semella que ata non hai moito Baiona somentes podía reclamar como órgano superior á Diputación. Está ben saber que hai quen se preocupa do noso concello en Santiago, onde as decisións máis notables se toman. Iso sí, ver a un baionés como parlamentario seica vai tardar un pouquiño. ¿O verán os nosos ollos?