Cadaquen no seu lugar

os noveHoxe é un gran día para moitas familias, pronto poderán recordar aos seus antepasados con calma e tranquilidade, sabendo a ciencia cierta o seu destino final e onde están os seus restos. Todos coñecemos os terribles sucesos quero xeraron a lenda ca Volta dos Nove e do empeño do Instituto de Estudos Miñoranos por restituir unha inxustiza que nunca debeu ter acontecido.

Finalmente os restos da fosa común no cemiterio de Baiona se exumarán e os familiares dos asasinados cobardemente recibirán o recoñecemento debido e a paz que uns miserables lles roubaron movidos polo rencor e pola ignorancia. Aqueles que consideraron a dictadura franquista como un “período de enorme placidez” hoxe deben removerse intranquilos nas súas poltronas, quizáis incomodados por un extraño cosquilleo que algúns ben sabemos que se denomina culpa ou remordimentos.

Aqueles que se alegren de que por fin unha familia poda honrar aos seus mortos plácidamente non sentirán esta incomodidade e de seguro que se unirán á festa que supón recuperar a memoria perdida, mellor dito agochada, por aquela cantinela absurda de que non hai que remover o pasado para pensar no futuro.

Hoxe entendemos máis que nunca a dor dos familiares das víctima do JAK-42. Honrar aos nosos mortos é un dereito que nadie nos pode arrebatar, por moi miserable que sexa ou por moito noxo que nos dea verlle un sorriso estúpido na súa faciana. Non son tempos de esquencer, sí de perdoar e de honrar aos que cairon baixo a pesada losa da intolerancia.

1 Comentario

  1. barrabí dijo

    16 de Abril del 2009 a las 22:43

    Mmmm, que imaxe, non sei moi ben que opinar ao respecto. Que os familiares recuperen os corpos dos seus, é lóxico, que haxa xente que non vexa ben esto (Que ainda non entenden o que é a lei da memoria histórica), pois, era algo de esperar. Eu o que non entendo moi ben é a foto.

Comentarios RSS