De novo Pleno do Concello

baionaE de novo volta a pasar desapercibido. Menos mal que as ferramentas que nos ofrece internet, e o BNG e a súa radio, nos permitirán comentar o acontecido ao longo da semana que vén. Iso si os resultados das Europeas o permiten, claro. Poderedes seguir os resultados das Europeas desde Baiona Consciente a través do widget de Soitu, logo do éxito nas pasadas Autonómicas.

Pasade boa fin de semana, reflexionade i exercede o voso dereito a voto, porque tamén é un deber.

Orde do día do pasado Pleno de Xuño, xentileza do BNG:

1.- Aprobación de actas anteriores.

2.- Dación de conta das resolucións da Alcaldía.

3.- Aprobación, se procede, das resolucións das reclamacións presentadas ó presuposto Xeral do Concello de Baiona correspondente o exercicio 2009, e aprobación definitiva.

4.- Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

5.- Aprobación, se proecede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación do dominio público en solo, vo o subsolo.

6.- Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa a solicitude a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as obras de mellora dos enlaces na autoestrada AG-57.

7.- Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa a solicitude a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a libertade de peaxe na autoestrada AG-57 respecto os enlaces dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

8.- Mocións.

9.- Rogos e Preguntas.

6 Comentarios

  1. maria dijo

    5 de Xuño del 2009 a las 20:27

    tamen quero facer un comentario estiven no pleno e reiterome nafalta de respeto e non saver estar da concejal de servizos sociais pero non sei quen e peor se quen no fai o quen llo permite en este caso e o alcalde que ten a obligacion de facer respetar cada partido politico pode decir o que queira 1ºpor que e libre de opinar 2ºpor que e aoposicion pero a concejala xa non e a primeira que fai e o alcalde rielle as grazas ,,,,respete e darialle unha suxerencia faga un cursillo intensibo 1ºde educacion 2º de saver estar que pra un politico tamen e importante

  2. Alalá dijo

    5 de Xuño del 2009 a las 21:24

    María, hai cousas que non teñen arreglo, de onde non hai non se pode sacar.

  3. pedro dijo

    8 de Xuño del 2009 a las 13:41

    como es posible que antes de facerse publicas as bases no concello de baiona xa moitos das persoas amigas das que traballan no concello xa o saven enton que son convocatorias xa preparadas ?o que non somos todos iguais e non temos dereito as mesmas oportunidades ?ento que ¿ou falamos das oportunidades dos tios .pais , coñecidos .o hirmans. o cuñados . isto e unha vergonza e quen no dixo foi a unica muller que mira por donde entrou por diputacion ¿cantos amigos ten ?que di señor alcalde

  4. pedro dijo

    8 de Xuño del 2009 a las 20:27

    que problema hay con a procesion da virgen del carmen que non lle deixan facela en sabado que c…pasa en baiona

  5. maria dijo

    8 de Xuño del 2009 a las 20:31

    reiterome que fai o concello para apaliar as necesidaes das familias de baiona por que non se levan ao pleno estes problemas o e que para este governo non e importante

  6. pedro dijo

    10 de Xuño del 2009 a las 20:09

    isto e demasiado 300 familias en baiona pasando mal e estan todos os que tiñan que facer asua funcion buscando solucions ?e savedes donde estan por 1 semana en portugal que polio visto en un hermanamient ¿como o vendes balla sinverguenzas

Comentarios RSS