De novo susto en Baiona

lumeEfectivamente, o deterioro de vivendas no noso Casco Vello voltou a darnos un novo susto, desta vez en forma de lume. Resulta cando menos curioso como coa que está a caer metereolóxicamente falando, se produzan estes (vamos a decir) fortuitos accidentes.

Todos podemos recordar acontecimentos similares no pasado e qué factores confluían para que se produxeran uns feitos que si ben non trouxeron irreparables desgracias ata o de agora, ben poden acabar cobrándose un prezo que nadie debería estar disposto a pagar.

Un deses factores é a absoluta deixadez e falta de preocupación dos propietarios por uns bens que non lles reportan beneficios nin hai expectativas a curto prazo de facelo. Ese factor levar ao segundo, que é a ocupación irregular de inmobles abandoados por persoas sen teito, adictos ás drogas ou mesmo por gamberretes con gañas de amolar un rato. Pero o factor que deberiamos combatir como o fundamental a erradicar é a deixadez dos responsables políticos ante situacións para nada aceptables.

Existen múltiples recursos legais para poder executar as medidas precisas que leven á prevención nos casos dos que estamos a falar. Logo nos virán con que o PEPCHAB ainda non se aprobou definitivamente porque na Xunta…etc, etc. O caso é que os feitos xa sucederon e, ademáis, sirven para reafirmar o falado anteriormente sobre a necesidade dun parque de bombeiros comarcal.

O absentismo político está a converterse na verdadeira lacra do noso século. Faltan dirixentes carismáticos i eficaces. Caida a cortina de fume do efecto ZP, moitos miran cara a Obama coa esperanza de atopar a un lider mundial, pero como camiseta vermella do Che, o efecto Barack Obama está a converterse máis nunha etiqueta socorrida para tapar defectos que un modelo de actitude e de exemplo a seguir. Moitos queren unha revolución de ideas, somentes logo deste cambio de rumbo voltaremos a ver índices de participación electoral adecuados a unha democracia asentada. Namentres, teremos que conformarnos cos sonrroxantes resultados do pasado Domingo.

4 Comentarios

  1. maria dijo

    11 de Xuño del 2009 a las 11:34

    permitirme baiona consciente veño do inem de formacion e colocacion donde hai persoas que van chorando por que non ven saida a o problema que que non teñen traballo nen axudas ,mentres o alcalde unha semana en hermanamiento de portugal isto e precuparse de os cidadans ,claro os amigos non teñen este problema por deus todos temos dereito todos somos iguais e nos merecemos as mismas oprtunidades dio a constitucion …que a constitucion so se saca cando conven ..xa esta ben e con relacion aos imobles abandonados se non fan caso do cidadan van facer caso das casas caindo into e de vergonza e despois falamos dos demais non si señores do governo de baiona

  2. Manda Baiona dijo

    11 de Xuño del 2009 a las 12:03

    Isto é algo que tiña que pasar, as casas con certas limitacións a hora da rehabilitación están cheas de trabas e nengún tipo de axuda, Que todo sexa de pedra, as ventás de madeira, a estructura orixinal…E todo carísimo e se non hai volumen de edificabilidade, non resulta rendible para economías medias.
    Claro está que estas trabas non afectan o todos por igual, só hai que pasear por Baiona para ver as diferencias.
    De todos xeitos, qué mala pata, un incendio nun día de tanta choiva ¿non?

    ¡¡¡ Manda Baiona !!!

  3. pentamaster dijo

    11 de Xuño del 2009 a las 13:58

    Quén é un dos propietarios do inmoble? Molestaba a perruquería para unha futura operación? tantas preguntas sin resposta…

  4. barrabí dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 11:30

    Molestaba??? un montón parece ser, é o de sempre, namentres… pois como ben di BC… os bombeiros teñen que vir dende Vigo, porque os do Grumir andaban petados ou algo así… e seguramente a Policía Local de Baiona tamén… que desastre. Encántame voltar a Baiona, porque sempre hai cousas que me sorprenden cada vez que vou.

Comentarios RSS