2º Serán á Beira do Mar

cartazseranbaiona

Regresa o Ximbaleu co seu segundo Serán á beira do mar, desta vez coa colaboración do Concello de Baiona. Realmente  convocan A Asociación Cultural A Seneira e O Ximbaleu Tramallo Cultural.

O punto de encontro dos/as músicos/as e da xente será a praza do Concello, logo pasarrúas e a partir das 21.30 horas comezará o serán no parque da Palma.

A partir da próxima semana comezarán a vender rifas, posto que durante a noite sortearán unha noite de hotel en Baiona, unha enciclopedia da cultura galega, unha folla de bacallau e unha cesta de froita.

Animamos a todos os Conscientes Baioneses a participar, descartemos as regueifas absurdas e xuntémonos á beira do mar como nos vellos tempos.

10 Comentarios

  1. buxo blanco dijo

    12 de Xuño del 2009 a las 8:26

    ALI ESTAREMOS E AGARDAMOSVOS A TODOS LUMEEEEEEEEEEEEEEEEE

  2. buxo blanco dijo

    12 de Xuño del 2009 a las 8:28

    ALI ESTAREMOS,AGARDAMOS QUE A XENTE RESPONDA E PARTICIPE TANTO NA MUSICA OS QUE SEPAN FACELO COMA NOS BAILES E NAS CANTIGAS,LUMEEEEEEEEEE

  3. Anxo Ratel dijo

    12 de Xuño del 2009 a las 11:29

    Pasaremos por alí,logo.

  4. buxo blanco dijo

    12 de Xuño del 2009 a las 16:11

    ANxo estria ben ademais se queres recitar algo tes micro aberto nun o dubides

  5. AIXIÑA dijo

    14 de Xuño del 2009 a las 20:06

    Pasamolo muy ben,

    Hay que repetir e non fay falta que sempre sean gaitas

  6. buxo blanco dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 8:29

    Aixiña repetir por suposto,pero se estiveches por ali sabes que non so foron gaitas,tamen oubo pandereteiras por certo unhas de ben lonxe AS DE TOUTON EN MONDARIZ,ADEMAIS DE SAXOS ACORDEONS CLARINETES E MOITOS E MOITAS BAILADOR@S,invitar estaba moita xente invitada pero se non viñeron que se lle vai facer pero os micros estiveron abertos a todo o mundo e seguiran estando por que si que se vai repetir si,saudos

  7. barrabí dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 11:33

    Todo un pracer escoitalos polas rúas, e xa chinchando… e totalmente en broma “para cando ese encontro de músicos cas bailarinas de flamenco de baiona???

  8. xocas dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 23:07

    quizais a concelleira de cultura tomou nota de como se deben facer mas cousas neste pobo.

  9. maria dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 8:13

    xocas ti crees que estas persoas importalle algo con referencia o que pase o deixe de pasar en este pobo .. eu vexo que isto todo lle resbala estan pra eles solos eu xa o dixen moitas veces

  10. AIXIÑA dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 18:12

    A concelleira de cultura mirenna por ali.

    E o Concello colaboroun,

    Querendo se poden facer cousas.

Comentarios RSS