Facendo limpeza

502-37436-a-xurxo_souto_200Non podemos máis que solidarizarnos con Xurxo Souto, o seu programa “Aberto por Reformas” era todo un referente na Radio Galega, un espazo para dar a coñecer a grupos que non saen nas radio fórmulas que atrofian á nosa mocidade con músicas deseñadas nun despacho de expertos en mercadotecnia e que non saben o qué é unha pandeireta.

Lamentablemente Xurxo tiña unha etiqueta e de nada serviu o recoñecemento da comunidade musical galega. Agora o seu espazo quedará no esquecemento e aqueles grupos que tan agradecidos lle están voltarán ao ostracismo e, como moito, aos seus cinco minutos de gloria no Luar. Ao fin e ao cabo iso era o que queriamos, ¿non sí?

Estaría moi ben no que 2º Serán á Beira do Mar si tivesen unhas verbas de agradecemento para este home ao que de seguro que o cariño duns ben lle compensará o desprezo doutros.

5 Comentarios

  1. buxo blanco dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 8:36

    a verdade es que tes toda a razon do mundo e unha magoa o esquecemento no dia do seran,unha x do debe da organizacion tomarase nota,saudos

  2. barrabí dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 11:37

    Sexamos xustos… eu nunca escoitei o programa de Xurxo Souto, tampouco son ointe da RG, agora ben, cousas así eran de esperar non?? Sorpresas as xustas, cando hai cambios de governo, nas televisións e radios públicas hai tremores

  3. Xavou dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 9:44

    O problema non é o despedimento de Xurxo Souto, o problema é a total censura dende a radio pública a musica galega actual. Que pasaría se en Galicia en Goles non deran información do Celta e do Depor????? POis isto eche o mesmo.

  4. Ruxe-ruxe dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 9:59

    Xurxo Souto ten feito pola nosa música moito máis que tódolos políticos e partidos xuntos. O seu programa tiña uns niveis de audiencia moi superiores a media, e tódolos músicos e agrupacións tiñan cabida no seu programa, xa fosen do rock máis duro ao “ghaiteiro” máis enxebre ou humilde, de calquera das nosas aldeas.
    Deixar fóra de xogo a Xurxo, non é quitar a unha voz ceibe, e tentar deixar sen un medio moi importante de difusión aos nosos músicos máis humildes e máis atrevidos, aos traballadores da cultura POPULAR, con maíusculas, para trocar un xeito de pensar e de ser por outro alleo e globalizador que está en contra da diversidade e da liberdade de expresión. Para mostra, escoitar o que onte se emitíu na sesión do Aberto por reformas.

  5. pedro dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 18:08

    por que se esta aperder todas as nosas raices por culpa de quen

Comentarios RSS