Un adeus que agardamos sexa un deica logo

náufragoEsta fin de semana nos sorprendeu moi desagradablemente a nova de que O Barril do Náufrago deixará de existir como fonte de debate crítico e socialista. Voltamos a sentirnos un pouco sós, a pesares de ter nós recibido máis dunha crítica visceral pola súa parte, pensamos que inxustificada.

Poden os Conscientes Baioneses ser máis ou menos críticos coa liña de opinión que se seguiu no veciño blogue, mais desexariamos que houbese un caso similar coa familiar popular e coa familia nacionalista. Que se exterioricen os debates internos é como abrir as fiestras pola mañá, ou polo menos debería actuar de xeito similar. Os malos fumes non se quedarán dentro e os perniciosos parásitos que aniñan na escuridade irían cara lugares onde a sombra os mantivesen ocupados facendo o que realmente é o seu oficio: chuchar o sangue aos que realmente traballan.

Sinceramente, déronnos gañas de empregar a ironía e a mordacidade para ver si se producía o efecto de réplica e os náufragos voltaban a izar as velas, mais decidimos ser respetuosos coas decisións alleas porque de seguro que foron moi meditadas e razonadas, por non decir que se nos escaparán moitos motivos polos que este proxecto toca ao seu fin.

Nós non podemos máis que animar a uns e a outros para que inicien a súa andaina blogueira, para que se cree unha rede de blogues baioneses. Na nosa lista de ligazóns xa hai cinco blogues de temáticas ben dispares. A rede xera diálogo, nos iguala a todos e nos permite opinar sen censura. ¡Que non decaia o exercicio da nosa liberdade!

7 Comentarios

  1. adolfo dijo

    15 de Xuño del 2009 a las 20:12

    o que non entendo ben e por que se van ..?por que queren o por que ¿

  2. barrabí dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 9:07

    Considérome un dos críticos con ese blogue, e son dos que se alegran polo seu fin. Agora ben, houberame gustado un foro de opinión dentro da familia socialista, sobre os temas que lle interesen a Baiona, e non exclusivamente para solicitar a dimisión do Secretario Xeral, un blogue sen pretensións persoais de tipo “Houbéranos gustado poder colaborar dende dentro dos órganos de dirección”. Algo verdadeiramente productivo para o Partido e para a esquerda en Baiona, e sobre todo, para Baiona. E que non me vendan a moto da liberdade de expresión, eu nunca tuven problemas neste aspecto neste blogue e moito menos no PSOE.

    En calqueira caso, sempre os socialistas e simpatizantes terán a oportunidade de opinar a través da rede no facebook que o PSdeG-PSOE de Baiona ten dende fai uns meses. E non vale a excusa de “eu non teño conta en facebook” porque todo o mundo a ten xa.

    Saudos dende terra firme

  3. maria dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 11:17

    e unha pena posto que os cidadans fainos falta paginas asi por que as veces a unica forma que temos e de sacar a impotencia por tan tas cousas inxuntas que estan facendo alguns governantes e a traves das queixas sexa do partido que sexa van savendo que estan metendo a zoca ainda que non canbien pero e unha maneira de almenos de que salan en algun sitio se a deixa por que quere ,sorte

  4. AIXIÑA dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 18:24

    Faltan 2 anos para as municipales,

    O PSOE en Baiona esta roto e hay que buscar solucion.

    Teñen que porse a traballar.

    Os que me parece que poden tamer ter problemas son Vilar e o BNG.

    Almuiña de momento gana por goleada.

  5. Diego dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 18:33

    BC,

    personalmente soy incapaz de pensar en política sin la red. La política es debate desde la disparidad de criterios y la red es lo mejor que le ha sucedido a la política. Con la red se ha acabado el “oscurantismo” y la política se hace accesible a todo el mundo en “tiempo real”. Con la red cada vez se hace más posible lograr un modelo de democracia en el cual las decisiones políticas se realicen en función de opinión de una gran parte de la sociedad y no de la cúpula de tal o cual partido.

    Ya no es posible ponerle puertas al campo. Los debates ya no se pueden limitar a Santa Liberata, Rúa Pino o Ferraz. Los debates son abiertos y así como en su momento en los mismos foros del PSOE se debatían cuestiones de importancia como: pacto antiterrorista, pacto por la justicia o modelo de estado entre gentes del partido de todo el estado con criterios diametralmente opuestos, ahora medios tan extendidos como los blogs sirven de soporte para debates de todo tipo.

    Desde luego, BDN ha sido un punto de encuentro para el debate sobre muchas cosas. En BDN se ha hablado de composición de listas al parlamento gallego, PXOM, renovación ejecutiva gallega, temas locales, remodelación del gobierno, elecciones europeas,… Que en BDN se ha reflejado la situación de parálisis del partido en el ámbito local, pues también!! Pero ésto último no es más que poner “blanco sobre negro” la realidad que tiene el partido a nivel de pueblo. Y ésta, lamentablemente, no desaparece con el fin de BDN.

    Saludos,

  6. AIXIÑA dijo

    16 de Xuño del 2009 a las 21:14

    Diego,
    El proximo partido se juega en Baiona y la izquierda esta a tiempo de por lo menos no perder por goleada.

  7. Diego dijo

    17 de Xuño del 2009 a las 10:28

    Aixiña,

    ni siquiera estoy seguro de lo primero.

    Un saludo,

Comentarios RSS