Punto e aparte, por unha vez

arauxoAinda que nestes días non temos sido o sufientemente conscientes como para falar asíduamente dos problemas que acontecen en Baiona, sobre todo porque xa son tantos que nin sabemos por onde comezar, hoxe imos adicar excepcionalmente unha mirada ao noso veciño Concello de Gondomar.

A infamia e a desvergonza apoderouse dunha panda de sabandixas que somentes aspiran a acariñar a chave das arcas municipais, da concesión de licencias e da cáseque extinta especulación. Unha alternativa a un PP sumido en casos de carretaxe de maletíns e sacos de cartos non precisamente moi limpos naceu hai dous anos, pero unha pata desa alternativa decidiu que o modelo anterior era, cando menos, máis lucrativo.

Enfangouse o debate con cuestións familiares e persoais, pertencentes ao ámbito da vida privada. Pero todos sabemos que neste país no que vivimos sigue barrendo Salsa Rosa por riba de A Chave. O verduleo, descúlpennos as verduleiras que non merecen semellante comparación, foi o discurso para deslexitimar a un Alcalde lexímitmamente votado nas urnas e na sesión plenaria correspondente.

O lamentable de todo isto é que vai acceder ao poder un partido que ten de todo menos limpeza na súa xestión e que non pode ir dando leccións de ética a nadie. Tampouco se queda atrás o PSOE, porque xa é a segunda vez que lle acontece semellante cousa e dentro dos que asinan a moción de censura están precisamente os dous últimos candidatos socialistas á alcaldía.

O PSOE está condenado a desaparecer en Gondomar. Deberá refundarse e renacer das súas cinzas si non quere que nas vindeiras eleccións se convirtan en mera comparsa do BNG. Auguramos un resultado abrumador para os nacionalistas dentro de dous anos.

Por outra banda, si os votantes do PP queren un goberno que aposta pola corrupción e por non recoñecer os erros do pasado, pois adiante. Un partido que quere basear a súa estratexia política en recuperar un PXOM manchado para tentar reactivar unha situación especulativa que nos levou á actual situación de crise non merece nin tan siquera a consideración de alternativa válida.

O BNG ten tamén motivos para reflexionar, pero é que hai tanta distancia entre os nacionalistas e a alternativa que calqueira comparación é irrisoria.

Esta comarca que tanto queremos é paradóxica. En Nigrán un PSOE forte, en Baiona un PP ao que ninguén lle rechista e Gondomar cun BNG que en dous anos ben pode ser forza hexemónica nas Municipais.

Malos tempos para a política consciente, peores tempos para Gondomar.

11 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    26 de Xuño del 2009 a las 22:16

    Son uns vendidos………..

  2. anonimo dijo

    27 de Xuño del 2009 a las 14:47

    eu xa non entendo nada como di baiona consciente en baiona que nadie lle rechista e fan o que lle peta e o que lle da a gana , en gondomar que e o que queren . por deus que noxo , e fagome unha pregunta .?pra quen traballa os alcaldes ¿que fan polo cidadan ¿como e posible de que ainda non quedemos quentes co que esta apasar ..que deixannos a todos ,,salvense quen poida que noxo de politica

  3. barrabí dijo

    29 de Xuño del 2009 a las 8:44

    Nunca se caracterizaron os concellos do Miñor pola tranquilidade política, nesas estamos, no xugoso que debe ser o Plan Xeral ese do 2006, que tantos disgustos lle está a costar ao Sr. Arauxo. Habería que firmar un manifesto de “sumandolimpezapolítica”.

    Saudos

  4. anonimo dijo

    30 de Xuño del 2009 a las 17:40

    sobre o que esta acontecer en baiona esta seman quedome sen palabras isto e o que lle interesa o hoverno de baiona as fotos …isto e o caos total

  5. anonimo dijo

    30 de Xuño del 2009 a las 17:50

    hoxe persoas na praya e esta brigadas fixoas canbiar de sitio , non poden pasar os coches ne po castillo nen pra o garaxe os autobuses teñen que baixar en frente o restaurante monte rey que coas sillas que ten fora e un cachondeo despois por riba poxeron o queiosco balla de risa non avisaron nada nen se sabia se eran 2 dias o tres na. de na a que andan estes señores so pra foto balla caos BAIONA LA REAL

  6. Pepe dijo

    1 de Xullo del 2009 a las 10:02

    Seguramente no P.P. xa son conscientes de que a confirmación da sentencia mesmo mais dura está a piques de saires, e claro, despois dela a cota de merda será ainda maior se cabe, pero por outro lado que aceita a comisión ten que entregar o produto que non é outro que a recalificación deses terreos mercados cando non valian para nada pero que foron pagados coma se valesen para un algo que non moito, ainda que o destino final é que valan para todo. Por outro lado namentras tanto os bancos están a reclamar o pago dos créditos e emprestitos e se non se atenden pois hai que executar tal coma está a punto de acontecerlle ao candidato a alcalde Martin Urgal. Con todo temos un dato positivo o tal Silva xa asume ser culpable de todo canto se lle imputou que non é pouco. A ver…

  7. Un Gondomareño dijo

    1 de Xullo del 2009 a las 17:09

    Botarnos unha man por favor, tanto a xente de Baiona como a de Nigran, temos a batalla case gañada, coa bosa axuda gañamola. Acudide cada dia as 9 a Gondomar. Saúdos

  8. tonio dijo

    1 de Xullo del 2009 a las 19:39

    En Gondomar a POLÍTICA DA OPOSICIÓN cheira a podrido…

  9. xose enrique dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 22:56

    No pleno ordinario de hoxe o BNG presentou unha moción de urxencia que non se poido debatir por non alcanzar os nove votos xa que o PP abstubose, o curioso foi que o alcalde pediu explicación de voto e expuso os seus motivos e claramente esta a favor da moción de censura, o mesmo fixo o sr. Vilar como era de esperar, de seguido tamen pedin a explicación de voto mais que nada para replicar ambas intervencións,como non podia ser doutro xeito o PSOE fixo o mesmo e esta intervención do compañeiro Lores foi sorprendente, xa que dixo que habian apoiado a urxencia para poder debatir pero non se manifestou en condenar a moción de censura, o que nos causou unha tremenda sorpresa mais cando os seus compañeiros non fan mais que manifestar abertamente que non comparten esa moción,eu preguntome ,en que quedamos son transfugas, non o son, o partido consinte, non consinte,subimos a escaleira ou a baixamos era convinte que se aclarasen dun carallo dunha vez.

  10. anonimo dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 18:20

    tamen decir que no pleno dixo tanto o alcade señor almuiña que o señor arauxo hera moi boa persoa e o señor vilar tamen enton señores donde fallou eu creo que ser boa persoa por que iso na politica non se pode ser tan transparente por que non gusta

  11. AIXIÑA dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 20:47

Comentarios RSS