Renovación e reactivación

bngCon anterioridade tiñamos falado da falta de alternativa ante un PP baionés que a pesares de cometer erros contínuos, a maioría derivados do pacto de goberno co “independente” Manolo Vilar e a súa excesiva responsabilidade en base ao seu apoio nas urnas. E semella que o BNG baionés ten reflexionado sobre esta oportunidade política e renovou a súa Executiva Local.

Debido en gran parte ao cese de Ana Mª Rodríguez como concelleira, o BNG ten unha nova portavoz local: María Montenegro. Os demáis cargos da nova Executiva xa son de sobra coñecidos: os dous concelleiros nacionalistas no Pleno Municipal, Roberto Valverde e Xosé Enrique Fernández, asi como a concelleira sainte Ana Mª Rodríguez.

O primeiro efecto desta renovación é que nun Pleno de inicio do Verán o BNG presenta tres mocións de moi distinta índole:

Unha tradicional moción sobre infraestructuras e conservación do patrimonio.

Unha moción de contido social.

Unha moción das que chamamos de “ir máis alá do normal”.

Nas dúas primeiras non nos imos deter, de momento, agardando o que aconteza no Pleno Municipal. Pero sí que falaremos un pouco da moción sobre os acollementos civiles. Non se nos entenda mal cando falamos de que esta moción é das de ir máis alá do normal, porque con iso queremos decir que se trata dunha innovación ou duha idea extraordinaria, sexa ou non adecuada.

De todos é coñecido o movemento laico que esta a sacudir o Mundo en xeral, moi particularmente en España. Así xurden circunstancias que poden ter a consideración de ridículas ou mesmo de inútiles. Celebrar o empadroamento dunha persoa é de tan escasa utilidade como levar á mesma persoa a un edificio antiguo para que un home lle lave a cabeza sen champú.

Cada vez está máis preto a celebración, con convite incluido, da Ceremonia de Unión Económica a Longo Prazo, coñecida anteriormente como “ir a asinar a hipoteca”. Lamentablemente o estoupido da burbulla inmobiliaria retraso este estupendo negocio ainda sin explotar.

Poderemos ou non compartir a figura dos acollementos civiles ou dos bautizos, pero o que non entendemos é qué necesidade hai de que existan un rexistro diferenciado. Non se debe confundir a celebración dun evento social co cumprimento dos procedementos administrativos. Debemos saber que a celebración dunha boda cristiana otorga os mesmos dereitos que a convivencia sin ceremonia. Incluso os curas das parroquias teñen que cumprir cos procedementos adminsitrativos establecidos para que adquira a forma legal de matrimonio.

Así, nos preguntamos qué finalidade maior que o empadroamento terá ese rexistro municipal de acollementos civiles. De seguro que o BNG o poderá explicar e aquí mesmo poderemos debatilo e aclaralo.

Por si acaso, e irónicamente, xa avisamos ao BNG que se ande con ollo porque a Garda Civil anda a prepararse por si se pasan do límite “unánimemente estrablecido”.

O que nos sorprende enormemente é que os nacionalistas non presenten unha moción de repulsa e condena á moción de censura presentada en Gondomar, ¿porqué será?

23 Comentarios

  1. pentamaster dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 8:07

  2. Roberto dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 8:57

    Son moitas as cuestión nun único post, pero voume centrar en principio no do rexistro municipal de acollementos civiles.

    A miña pregunta é: ¿Porqué non?.

    En Baiona xa se teñen celebrado “acollementos civiles” ou “benvidas democráticas”, como lle queiramos chamar. Sin existir para nada un rexistro municipal e sin nigún tipo de revuelo mediático como o do fillo de Cayetana Guillén Cuervo.

    Pero, porqué non ter algo oficial, para quen así o desexe?.

    Os católicos teñen o seu acto oficial no Bautizo, é os non católicos e laicos que non están adscritos a ningunha relixión, non teñen dereito a poder ter algún tipo de acto oficial, no que quede constancia.

    Quén debe de poder facer isto realidade?

    Eu coido que os Concellos xa que son a administración máis próxima os veciños e veciñas.

    É tan gravoso para o concello que se xenere un rexistro de acollementos civiles?

    Existe non concello, concelleiros dispostos a presidir este tipo de actos? Sí.

    Entón, porqué non?

    Logo comentamos, xa veremos que xucede no pleno.
    Por certo, poderáse escoitar en Radio BNG, coma todos os plenos.

  3. Roberto dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 9:03

    Por certo, con respecto o de Gondomar, levamos una moción de Urxencia. Que podedes consultar no noso blog.

  4. baionesa dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 11:13

    perdoade baiona consciente certo que son impulsiva e cando me ferve o sangue maie hoxe me enterei que para haforrar luz os cidadabs de baiona estivemos con unha bonbilla en cada farola pois hoxe estan contolando todas pra endendelas na sua totalidade pero isto que que narices e os que somos de baiona non temos amisma finura que os que veñen de fora xa esta ben digollo tanto o pesoe como o bng por favor intentade facer algo estou con vos valla caras duras de estes governantes que segun eles traballa pra o cidadan de baiona hai tedes a mentira entre tantas unha baionesa cabreada

  5. barrabí dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 11:30

    Sigamos o fío do rexistro municipal de acollementos civiles… ¿Por qué non? Vale, podería habelo, non tería maior trascencendia a cousa. Sirve para algo realmente? Non. Que os católicos teñan os bautismos e os laicos estes acollementos? Pssss, non sei que dicir a esto, plantéxaseme totalmente innecesario. ¿Para qué equipararse coa igrexa? ¿Buscar actos paralelos? Vexoo un sinsentido. Acabaráse facendo un acto paralelo para a extrema unción? para o sacramento da penitencia? Queremos ser como católicos sen chegar a selo? Eu creo que co rexistro no xulgado e coa alta no padrón chega. Pero coma di Roberto ¿Por qué non? Pero vexo necesidades máis acuciantes. paréceme máis interesante a moción da gratuidade dos libros de texto.

    Saudos laicos.

  6. anonimo dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 14:02

    e como o ves que o bng lle fixera a preunta como ..señor alcalde save vostede cantos desempregados hay en baiona e o señor alcalde contestoulle a roberto do bng contestareille no proximo pleno …por favor e asi como traballan polo ben estar dos veciños e veciñas de baiona que a estas alturas non save cantos estan sen traballo e cantos o necesitan ..por favor escoitade o radio na paxina bng …de verguenza señor rodal e logo por que non da esta imaxen de baiona se tanto se preocupa das manifestacions e da imaxen que pode dar baiona que hai 300 familias con necesidade e non facedes nada e sobre os libros o tempo o dira señor rodal o informado que esta o so di o que lle din de decir e señor alcalde o bng este caso xose enrique o que fixo non foi unha acusacion foi unha pregunta …por que se enfada tanto se so foi unha pregunta ..tanpouco se pode …e logo no concello de baiona que e o que se pode facer ou decir de pena e sobre os problemas que hai na escola de fontes o mesmo que se move pra os hermanamientos o mesmo que se move pra arribada o outras cousas mobase tamen pra isto esta e a imaxen que lle gusta ao señor rodal ea vostede señor alcalde

  7. Roberto dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 15:22

    Estou de acordo no de que existen cousas máis importantes, de feito coido que as preguntas que hoxe formulamos no pleno, son importantes.

    Quen está no Goberno en é o BNG, polo tanto, son eles quenes teñen as facultade de facer cousas.

    Non quero entrar no polémica relixión sí ou relixión non, agora ben, existe unha demanda e a misión dos políticos e trasladar a demanda o pleno.

    Cada quen fala de feira según lle vai nela, oportuna ou non é unha realidade que se ten que afrontar, cedo ou tarde.

    Polo pronto non se rexitou e quedou enriba da mesa para tentar conseguir un acordo, sobre todo pola boa disposición do Sr. Vilar.

    Polo demáis, o que se presumía un pleno rápido e sen contido, grazas a oposición e en especial o BNG tratáronse temas importantes para o noso concello. Os puntos propostos polo goberno tratámolos en menos de 10 minutos, agora os resto de temas propostos polo PSOE e BNG ocuparon cáseque 2 horas.

    Por certo, a ANPA de Fontes voltou o pleno, e desta volta o Sr. Alcalde non lle gustou. Será que agora xa non lle pode votar a culpa a Xunta?

  8. anonimo dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 17:59

    eu non sei quen ten a culpa pero ahi o tedes non se preocopa dos nenos do ben estar nas escolas non lle preocupa aseguridade cando entran e cando saen por que di que non hai policias carajo cantos hai a gora non se preocupa das familias que non teñen pra comer non lle preocupa quen esta en paro ..so lle preocupa e moito a imagen de baiona ,a foto e o espetaculo volbo a reiterar bng grazas por seguir preocupandobos de quen ten necesidade grazas forza seguide asi e o psoe intentade tamen vos pra facer unha baiona mellor que teña servizos carajo que ni iso ten ,,,,,esa seria a imagem señores governates do pp e miñoranos balla vergonza de governo ‘….que estades a facer por baiona

  9. baionaconsciente dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 20:23

    Roberto, o que nos preguntamos é ¿ten algún fin ese rexistro? ¿sería lóxico crear un rexistro de bautizos ou outro de primeiras comunións?

    Pensamos que é rizar o rizo porque sí. Gústanos moito que exista xente que disfrute coa celebración do nacementos dos seus fillos, chámelle a esa celebración bautizo, chámelle acollemento civil ou chámelle nacemento sin máis, pero crear un rexistro dos mesmos… Propomos, xa que logo, un Rexistro Municipal de Festas de Cumpreanos.

  10. Manda Baiona dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 20:53

    Estou con Roberto ¿porqué non? A chegada dun meniño para unha familia é ilusionante e cada una que faga o que lle máis lle apreteza. Se hai un rexistro para cans non sei a que lle pode molestar que haxa este tipo de rexistto e que se poda celebrar un acto civil, laico e satisfaga á familia.

  11. anonimo dijo

    2 de Xullo del 2009 a las 20:54

    roberto non so falou sobre o rexistro pra bautizos el falou tamen sobre outros temas eu respeto o que pense tanto roberto como o alcalde como todos pero oque non entendo por que so vos fixades en iso cando tamen fixo preguntas donde estamos involucrados tanto como familias como todos cidadans de baiona pero iso non importa tanto o que se hai hermanamientos por un tubo por que non pode aber algo asi que non fai mal aninguen

  12. anonimo dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 9:59

    estas si que son noticias non os zapatos de roberto do bng as miñas felicitacion señor alejandro martinez

  13. anonimo dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 10:38

    a imaxen de baiona di o señor rodal xa fai tempo que todos savemos como esta preocupese do ben estar dos rapaces e deixese de acusar e cando diga as cousas digas mais tranquilo que para a nota de mala educacion xa aten no seu grupo e vostedes xa o saven pero riellen as grazas tamen onte molestabanlle as nais que so piden que na escola os seus fillos esten bem iso señor rodal e a imagen e logo non lle molesta esa imaxen ..pero como di o refran andando mi cuerpo caliente que se ria de mi la gente non si e señor rodal a imaxen dos xusgados como a ve por dios pensade un pouco en os veciños de baiona …xa esta ven no non sei como non facedes como o abestruz reflesionade ainda estades a tempo

  14. barrabí dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 12:23

    Ufff, leín Xulgados??? Vaia… imputados 5 concelleiros? A secretaria do Concello? o Asesor Xurídico?? Eso tamén son novas. E chegará o día das eleccións… e os de sempre se movilizarán para darlle o apoio aos de sempre, son as cousas que ten a democracia, para ben ou para mal.

    Saudos quentes

  15. maria dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 18:35

    e logo por que no usa a pagina do concello para explicar o cidadan por que van adeclarar o luns a o xusgado o mesmo que a usou para criticar a o señor loren informe a o cidadan de isto e un deber de que sepa o que estades facendo ‘?isto non interesa verdade senores que supostamente governades baiona grazas baiona consciente por non reñirme

  16. Viarrycah dijo

    5 de Marzo del 2010 a las 0:33

    funny

    funny downloads great funny great.

  17. flyawayyy dijo

    1 de Abril del 2010 a las 23:11

    Once upon a time air travel was a great deal simpler than it is today. You called one of a few airlines that flew from your airport, the agent would tell you what flights were available for a given time, and you booked the one you wanted. Airports were always bustling places, especially during the holidays, but as long as you gave yourself adequate time, the process was usually the same. You would check your bags, go through the x-ray machine, get your boarding pass, and wait patiently at the appropriate gate. Once you got on the plane you ate the snack or meal that came with your flight and watched a movie.

    In recent years travel by plane has become significantly more complicated. There are so many different configurations for flights and types of fares. Dire economic circumstances have caused airlines to raise rates and charge extra fees for everything from baggage to blankets. There are complex rules about what you can and cannot carry in your luggage. It can be very difficult to determine whether you are getting the best deal or the best services when you buy an airline ticket. The internet makes the navigation of airlines, airports, and flight itineraries easier, but, even so, be prepared to do some research if you want to find a flight at the best price.

    Here is something up front that might save you time and money right off the bat. If you are traveling within the United States mainland, always look at Southwest Airlines first. Southwest is almost always the best deal you will find. However, Southwest itineraries do not appear on the major travel websites, so always go directly to the airline’s website for information. Plug in your travel plans, and you will get a list of all the flights that are available. Southwest typically charges more reasonable prices than other airlines, and there are no hidden fees. The price you see is the price you get although tax and the government fee that is attached to all flights does apply. For lower prices than you can probably get anywhere else look at the “web only” fares, but keep in mind that these fares are not refundable.

    Tips and tricks for cheap air tickets

  18. Nicholas8525 dijo

    29 de Xullo del 2010 a las 19:58

  19. Shearmavemabe dijo

    13 de Agosto del 2010 a las 8:50

    hello

    great forum lots of lovely people just what i need

    hopefully this is just what im looking for, looks like i have a lot to read.

  20. pozyczka pod zastaw mieszkania dijo

    25 de Maio del 2013 a las 23:20

    pozyczka pod zastaw mieszkania…

    Baiona Consciente » Renovación e reactivación…

  21. psoriasis dijo

    28 de Maio del 2013 a las 14:53

    psoriasis…

    Baiona Consciente » Renovación e reactivación…

  22. pożyczki bytom dijo

    16 de Xuño del 2013 a las 21:44

    pożyczki bytom…

    Baiona Consciente » Renovación e reactivación…

  23. malwarebytes keygen dijo

    1 de Setembro del 2013 a las 6:00

    malwarebytes keygen…

    Baiona Consciente » Renovación e reactivación…

Comentarios RSS