Arqueoloxía vs fame

canEnterámonos onte de que temos un personaxe especialmente adicto aos restos arqueolóxicos, e non se trata precisamente do IEM e os seus recoñecidos traballos en favor da memoria histórica. Trátase de “Xouba” o can que acosou aos arqueólogos que andan a recuperar os restos dos nosos antergos preto do cemiterio municipal.

Non pasa da simple anécdota, pero non podemos evitar lanzar unha nota de ironía logo da serie de acontecementos que teñen pasado nestes últimos días. Moitos deles xa son ecos do pasado, como as novas sobre a non concesión da licencia que derivou en denuncia ou a denuncia sobre as actuacións do empresario máis recoñecido de Baiona e pai da concelleira de Urbanismo. Por non falar das “Manoladas” habituais ou das medidas “ZP” que se aplican en pleno Verán.

Xa cansa tanta incompetencia e falta de alternativa, cansa pero non debe derivar en falta de respeto, como podemos ver na sede de Coalición Miñorana, onde se compara a Manolo Vilar con Pinochet. Desafortunada comparación sen dúbida froito dalgún gamberro que non sabe o que pensa nin porqué o pensa así.

Desgraciadamente o clima político en xeral alimenta ás xentes menos conscientes, faltos de liderazgo e de referentes que os preparen para unha sociedade na que se debería esixir o fomento da capacidade de análise e non o seguidismo sin concesións.

E, pasando páxina, Baiona recibe o comezo do Verán coas súas rúas levantadas e agardando un programa de actividades que atraia aos turistas e que permitan ao sector da hostelería levantar o vó un pouquichiño, o suficiente para ir tirando e chegar ao final desta crise artificiosa, si é que iso pode ser posible.

3 Comentarios

  1. anonimo dijo

    9 de Xullo del 2009 a las 7:44

    que risa medan alguhas persoas de baiona que teñen razon creo que si pero dame arisa do que di eziquiel ..os cartos son de todos ….e cahiba tamen mada ..quero a cordarlle a estes bos veciños que o alcalde sacou a ley de ordenanza de ruidos e nen cahiba nen o señor eziquiel dixeron nada tamen di o señor eziquiel que veñen a en borracharse e son menores se foran ao seu local faria o diria igual canta falseda e se pode ver o que hay ainda que baiona non e parva ?e logo se creen que asi van a solucionar o problema ¿ cahiva cando sacaron aordenanza de ruidos donde estabandes ..que eziquiel interesaballe pero e vos

  2. anonimo dijo

    9 de Xullo del 2009 a las 7:47

    eu xa me estou quedando sen palabras vendo todo isto o can e o menos que molesta ainda que os arquelogos digan o contrario e mellor que alguhas persoas sen comparacion

  3. barrabí dijo

    10 de Xullo del 2009 a las 9:28

    Noutros tempos, levantouse unha fumareda co apresamento da vaca Pinta en Baiona, ¿mandará deter o Sr. Alcalde a Xouba? No caso de que o fixese… acudiría a policía local? Temos o número suficiente de axentes para tal operación?

    Baiona, que nos enche de incógnitas

    Saudos acondicionados

Comentarios RSS