¡¡Viva Baiona cañí!!

manolo escobarE as previsións se cumpliron. Manolo Escobar encherá co seu inestimable carisma e o seu moderno discurso a noite da Anunciada baionesa. Como pode ser pouco bocado para os turistas e lugareños, o acompañarán a exitosa Tamara e o ex-cantante de karaokes David Civera.

Para ser honestos, o grande titular pode impresionar demasiado, pero si rascamos algo no programa de Verán, podemos deixar de lado a crítica fácil e observar actividades interesantes. O monologuista Toño ou os grupos Muthenroi (música celta), Robbin Hood (supomos que se trata de Robbin The Hood) e Jaula de Grillo (Jaula de Grillos, é que na prensa non dan unha) tamén están no cartel, por no falar de actuacións teatrais, cine e outras variedades.

O que agardamos con inquedanza é quén será o ilustre famoso que amenizará o día do Turista. Moi difícil o vai a ter para superar ao do ano pasado, Julio Mengod. De seguro que non será nin Superpiñeiro nin Xurxo Souto.

Estes meses son os máis complexos para a Concellería de Cultura, ainda que se debería renomear por Concellería de Festas e Verbenas. Non debería ser así, porque realmente o programa de actividades do Verán faise só. Basta con realizar convenios con Caixanova e a Diputación Provincial para ter gran parte do traballo feito. O realmente difícil é diseñar un plan de actividades culturais e lúdicas para a temporada de Outubro a Maio, aquel periodo destinado a facer atractivo residir en Baiona todo o ano. Pero seica iso non é interesantes, perderíase a etiqueta de Baiona D’or, vila de vacacións.

Algún Consciente Baionés reclamaba actividades na Palma para os mozos do botellón, de seguro que disfrutarán enormemente con Manolo Escobar e compañía, incluso do festival de jazz. Non nos perderemos as estampas que se producirán neses días, porque ver a un vinteañeiro cun Coca-Cola de dous litros chea de kalimotxo nunha man bailando o “Que Viva España” ben podería servir como imaxe de promoción turística da nosa vila. Os responsables de Villa Rosa deberían rematar a xornada cunha tirada de foguetes ás tantas da mañá, de seguro que aos veciños iso non lles molesta máis que a rapazada na Palma.

24 Comentarios

  1. jolondrina dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 19:40

    Baiona Consciente, deberias informarte mellor antes de difundir a información, polo que teño entendido este ano non hai subvención nin da Diputación nin de Caixanova, e respecto a traer a Manolo Escobar que xuzgue o pobo, non sabemos como resultará pero o ano pasado non lles foi tan mal coa actuación de Pimpinela.
    A idea de outro consciente baionés que nomeas tamén neste post de facer actividades coa xente do botellón non estou nada de acordo, creo q hai outras necesidades en Baiona como esa programación na tempada de inverno e non gastar diñeiro publico en animar as borracheiras, ainda que cada un e livre de faer o que queira.

  2. AIXIÑA dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 20:05

    Estou de acordo con jolondrina,

    En Baiona hay outras necesidades antes de ter
    que gastar diñeiro publico en animar as borracheiras de nadie SEXAN O NON DE BOTELLON.

    Canto “diñeiro publico” cobra M.Escobar ?

  3. anonimo dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 23:00

    reiterome sempre no mesmo por que todo no veran ai moito en estes momentos en invertir os cartos que se van a gastar con esas actuacions por exenplo axudar as familias mais necesitadas de baiona entre outras pero esta visto que iso non interesa salta a vista baiona so e vila turistica os baioneses /as no importan so interesan cando hai que votar en ton si van polas portas enton si que se acordan baiona e un caos baiona so enseña a fachada pero de baiona non mostran a realidade que e de vergoña os cidadans de baiona a este governo lle impotamos un carajo

  4. Xavou dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 23:34

    É curioso que de todo o comentario que fixen do post anterior algúns só se quedaran coa idea de facer actividades no botellón…. pois bon….
    Señores e señoras as actividades no tempo de lecer con mozos e mozas non son animar un botellón. Simplemente trátase de combatir o abuso do alcol e outras drogas alí onde se consumen. Consiste en dar recursos no lecer para que os nosos rapaces teñan outras opcións de ocio nocturno. Supón informar aos xovenes dos riscos que conleva o abuso de algunhas substancias. Tenta dar a nosa mocidade a posibilidade de escoller entre diferentes opcións,….
    Pero claro, haberá quen pense que é moito mellor gastar os cartos municipais en difundir a cultura da España de charanga e pandereta que en educar aos nosos mozos e mozas, e digo educar porque educar non só educan as familias, tamén nas escolas, nos parques, nas rúas, xa que a educación é un deber social. A realidade é que para moitos xovenes de Baiona e Galiza en xeral é máis doado acadar un porro ou un litro de kalimotxo que un libro, esa é a realidade.
    É sí, Baiona pode ter outras necesidades pero o futuro e o presente está nos novos, que non teñen traballo en Baiona, que non teñen vivenda en Baiona, que non teñen que facer en Baiona,….
    Alguén me pode decir cantas actividades do marabilloso programa estival están pensadas para mozos e mozas de entre 15 e 10 anos ademais de Manolo Escobar???

    Por certo o programa invernal de cultura???? O máis doado do mundo, o que se leva facendo en Baiona e neste pais toda a vida:
    – San Cosme e S. Damián
    – Os magostos
    – O Nadal
    – O Entroido e o enterro da sardiña
    – Os maios
    – As alfobras e o Corpus
    – ….

    O que falta son ideas e o que sobran son copitas

    Saudos que teño que marchar a buscar o carro

  5. Xavou dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 23:43

    por certo ahí vai un pequeno exemplo a quen lle interese e teña ganas de ler e de extremadura no ano 2000: http://www.aidex.es/observatorio/temas/botellon/prog-pactonoche.htm

  6. Xavou dijo

    15 de Xullo del 2009 a las 23:48

    E por se alguén ten mais ganas de ler…. do Congreso Educación y Sociedad (Granada 2006):
    http://congreso.codoli.org/area_3/Diaz-Aberasturi.pdf

  7. anonimo dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 8:13

    xavou pero a estes señores que governan se se lle pode chamar asi resbalalle o que digas ti mais eu e os demais andanche todos tesos nos non contamos pra nada so contan con nos cando hai que pagar os impostos o cando hai que botar do resto no existimos e cando falan nos pleno co que din date noxo

  8. Xavou dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 8:55

    Pois o pobo terá que autoorganizarse, dar a cara e organizar cousas. Dende o me punto de vista hai que crear tecido asociativo non sumiso

  9. barrabí dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 9:33

    Unha mágoa que a web do concello non teña colgado o programa de actos para este verán, ainda que estas cousas moitas veces van sobre á marcha. De todas formas, aos que estamos fora, gustaríanos saber a oferta cultural con que contamos para cando nos acheguemos a Baiona.

    Ben, dito esto, dubido moito que non haxan este ano convenios con Caixanova e acordos coa Deputación, do contrario, solo cabería esperar que o empresario monopolístico de Baiona sufraxie gran parte dos gastos.

    Bromas aparte, eu son dos que sempre creeron que Baiona se merecía actuacións de renome, consciente das necesidades da xente e do Concello, creo que cada partida do gasto é imprescindible, e se queremos cultura, tamén hai que destinarlle o seu. Polo tanto, Manolo Escobar, si, Tamara tamén e Civera tamén. Mágoa que teñan que ser os tres no mesmo día, e concretamente no día grande. Espallados ao longo do verán, sería ideal, e non digo xa espallados ao longo do ano.

    Qué boto en falla… (polo que leín ata o de agora), apoio aos grupos de Baiona e arredores, tamén algo de música electrónica, que ainda que o Sr. Alcalde e a concelleira de cultura non o sepan, EXISTEN. E normalmente van destinados tamén a outro tipo de público, que tamén EXISTE, e tamén son BAIONESES. Son actividades menos ostentosas, e probablemente máis baratas. Bótase ás veces de menos algo de imaxinación.

    saudos culturais

  10. barrabí dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 9:37

    Ahm, esquecíaseme, e enlazando co tema do botellón, unha mágoa que dende Baiona se intente eliminar esto do noitebús, vendría perfecto para a xuventude de Baiona, escapar polas noites a Vigo (co transporte subvencionado), para participar nas actividades que programa ou programaba o concello de Vigo coas NOITES VIVAS… todo un referente de como entreter a xuventude sen promover botellóns…

  11. anonimo dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 10:23

    barrabi a cultura e moi importante pero se nos tes que comer a cultura de que vale a cultura so se da no veran no inverno tamen hai cultura . onon na hai , debe ser que os que estan governando en baiona non ven cultura nos cidadans de baiona o programa eles pegan carteles nos comercios e xa esta cando hai boa organizacion que baiona nen de coña cosas asi non deben ir sobre a marcha a pollar aos grupos de baiona fanno cando lle tiran das orellas por que por que aos de baionasomos o ultimo da fila imaxinacion esta xente nada de nada

  12. barrabí dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 12:43

    anonimo, o concello de baiona non é unha institución benéfica, certo é que podería facer máis, podería recurtar gastos dun lado e primar outros gastos, sobretodo en materia social (aspecto bastante abandoado). Supoño que haberá xente que non o teña facil (nin no verán nin no inverno), pero tampouco se poden suprimir as actividades culturais que deben formar parte dos orzamentos e así o esiximos tamén os votantes. Eso si, en xeral, no concello son bastante chapuzas en case tódolos aspectos.

  13. pentamaster dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 14:36

    Igual a mocidade se da ao botellón porque cando xurden iniciativas xuveniles non se produce apoio institucional.
    Nos 90 houbo un clube de rol e desde o Concello nunca se lle cedeu un local para as súas actividades semanais.

    Daquela primeiro o PSOE e logo o BNG cederon os seus locais.

    Fixeronse xornadas ás que viña rapazada de todas partes, pero nin un can se lles deu para continuar con ellas.

    Casualmente agora en Vigo e dentro das actividades das Noites Vivas se organizan partidas de rol.

    Ás veces en política basta con escoitar aos que piden ser escoitados.

  14. anonimo dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 15:51

    barrabi querote preguntar xa que dices que o concello non e unha institucion benefica ,que esta facendo o concello por todas aquelas persoas que o necesitan ,tamen quero te explicar que os servizos sociais de baiona estan pra algo ,tamen querote decir que me parece indignante que por parte tua que me veñas decindo que o concello de baiona no e unha istitucion benefica cando o di a constitucion que os entes publicos teñen que belar polo ben estar do cidadan .respeto a tua opinion pero me parece que ti nin tes fillos e das a entender que tes un traballo e tes que comer vaille a preguntar por que se fixo e se fai o canbio de un libro por alimentos perguntalle a quelas persoas que os fillos lle piden algun capricho e a nai lle di que non pode …pois si barrabi podeche parecer que esaxero pero e a
    realidade en baiona de familias que estan os dous no paro mentras que no concello cobran persoas a 60.000 euros o ano e se non me cres entra no concello e mira as actas do pleno que estamos pagando pra que nos axuden no para que nos den unha limosna seno axuda e nos orienten para un traballo e non fan nada e logo dis sobre o social que o teñen abandonado ,,non e que o teñen abandonado se no que non funciona agora en julio todos os do concello cobran a paga do mes outra mais mentras familias e tamen xovenes como ti dis non teñen nada de nada que me estas contando barrabi parece mentira que non creas o que en este blok se escribe e se non crees e tes gana pregunta e veras a desfeita que o concello como axuda amuller como otecnico os servicios socias aconcejala e o mismo alcalde NON FAN NADA DE NADA de empleo que xa o teño explicado fijate se non fan nada que este mes foi o pleno e o BNG preguntoulle cantos parados a bia en baiona e dixo contestaremos no proximo pleno por iso non me beñas decindo cousas que eu sei de primeira man e que o cultural por suposto que tamen e bo pero reiterome a moitas familias interesalle comer e despois ben o resto espero que non te paceza mal pero como sei tantas cousas e as teño vivido cando sinto algo asi ferveme o sangue e reiterome tamen respeto atua ponion tamen entra na paxina do bng e veras as preguntas que lle fixo o bng e dixollo o alcalde contestaremos no proximo pleno

  15. maria dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 9:58

    esta na paxina do concello sobre turismo e a foto do señor rodal PROMOCIONA ´´ HAY OTRA BAIONA ´´ data 17 -07-2009 . que razon ten señor rodal hay a baiona sobre todo de descordinacion de necesidades de descontrol doulle a razon nunca estiven tan dacordo como hoxe por que o yitulo nen pintado pra vostedes so conta ,,,sol prayas gastronomia nautica i cultura o que levo tanto tempo intentando facer entender con poca explicacion vostede dixo todo moitas grazas e o resto jaque mate non si

  16. Baiones dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 16:12

    Jajajj mola el blog. Vaya polemicas absurdas la de lo scomentarios jaja

  17. CambioDeGobiernoYa dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 16:27

    Totalmente de acuerdo con la exposición de B.C. sobre educar a nuestros jovenes , no olvidemos que la juventud es un reflejo de la sociedad adulta.
    Ahora se llama botellón , pero ya fue guateque o litrona en el parque.
    Aqui siempre falto un interes de los gobernantes hacia los jovenes , nunca han hecho nada por los chavales. Mientras las nuevas generaciones estuvieran ocupadas fumando canutos en La Palma , ellos han tenido poca oposicion en su poder.
    Solo asi se explican carreras tan brillantes en politica local como la del Sr. Vilar o el Sr. Chicho. Mientras la juventud tenga botellon y canutos el sabado , el domingo no se levanta para votar.

  18. barrabí dijo

    20 de Xullo del 2009 a las 13:19

    Querido/a Anonimo;

    Non sei o que fai o Concello con respecto ás axudas sociais, ao emprego e a moitas cousas, non traballo alí, nin son concelleiro, nin alcalde, nin recibo un so céntimo do Concello de Baiona, e como ben dis, os poderes públicos deben velar por algúns dereitos e obrigas dos españois… agora ben, as institucións benéficas son outras cousas… que o Concello faga cambios de alimentos por libros, paréceme correcto (dentro do que cabe, aparte da campaña “que fame pasamos con ZP” porque toda axuda é pouca”, pero un non pode ir pola vida esperando que o Concello lle de traballo, de comer, onde durmir, e enriba nos pague un café nunha terraza preto da Palma para ver as actuacións de Manolo Escobar e demáis. Pero non se trata de ningunha institución benéfica, desas cousas normalmente se ocupan ONG’s ou mesmo algúns sectores da igrexa católica. Outro tema xa é que quen está a gobernar non faga nada de nada (que non me fai falla que mo digas… que xa se ve que non fan nada de nada… agás traballar para eles mesmos).

    Pouco máis que engadir, ah, so unha cousa (e xa non é a primeira vez que o digo aquí), ninguén me regalou o meu traballo, e non estou fora de Baiona por gusto…

  19. anonimo dijo

    20 de Xullo del 2009 a las 14:11

    barrabieu non dixen que terre galaran o teu taraballo en ningun dos escritos so dixen que se notaba de que ti tiñas traballo eu non teño falta de que o concello me pague un cafe que ainda que tuvera falta non mo pagaria de iso estuo segura eu non falo nunca depolitica xa o dixen moitas veces eu falo do que vexo e do que sei non pido un traballo no concello pero non sei se o saves que teñen dereito a orientarte e que nin sequera o fan se miras e escoitas cando hai familias con necesidades hai traballo polo social e petenecen o concello de baiona e tamen do que se trata e de informacion cousa que nin sequera o fan tamen querochse explicar que os 12 concellos do val miñor teñen que estar en coordinacion con o consorcio cousa que no concello non informa tamen digoche que as administracions publicas teñen que estar en coordinacion cado hai casos de necesidad cousa que en baiona non lle interesa e se te parece mal sinto pero o que non bou a deixar de decir o que penso tamen digo que respeto a opinion de cada un pero que o concello ten mais competencias das que dis tamen todigo tamen o concello teñen a obriga de deribar aos cidadans con necesidades as ong cousa que tampouco fan e que na xunta tamen hai pra contratacion de colectivos de preferencia ..cantos colectivos viches tu non so iso senon que hai contratacion polo concello ,,aquen contratan ,,,e tamen te bou a informar entre ou tras cousas mais pa diante isto que e unha das funcions do tecnico de emprego do concello que baiona non no hai ……. asesoramento os desempregados en estreita coordinacion con outras unidades do servizo publico de emprego de galicia asi como con outros organismos da administracion autonomica para propiciar un maior coñocemento dos servizos esistentes en favor da sua insercion laboral o do seu desembolbemento profesional isto e mais cousas que teño informacion e o que me refiero eu e reitero perdoa en ningun momento nen quixen decir nen foi a miña intencion e o concello non fixo o canbio de alimentos polo libro foi a biblioteca ao concello inpotalle un carajo

  20. anonimo dijo

    20 de Xullo del 2009 a las 18:12

    o que non se pode decir que no se e alcalde nen concejal cando se fala de necesidades en baiona tampouco o anonimo te dixo que cobrabas do concello pero si e verdade que non so as ong teñen competencias sobre as axudas os cidadans e non sozapatero se non que o que non se pode facer que digan que hai que apretar o cinturon por que no hai cartos e despois facer o que estan a facer en baiona barrabi se non eres amigo ou familia non tedan nada non se trata de saver onon so sei que o concello ten que informar a todo cidadan e o exemplo barrabi talo aver e tes que entender que hai moita xente que esta queimada con estes señores e mais en tempos dificiles espera a septenbro e a octuber etc e todos todos eles teñen que poñerse as pila e teñen que estar para o duro pero tamen para o maduro que se deixen de cousas tque non teñen tanta urgencia iso eo que creo que quixo decir o anonimo tamen pasoume amin

  21. barrabí dijo

    21 de Xullo del 2009 a las 9:16

    Mo dis ou mo contas??? So quería aclarar a miña situación, e que pasei moitos anos no paro… pero non cobrando nin subsidio nin desemprego… ¿eran hai uns meses distintas prioridades? Estaba tan desorientado como calqueira. Agora ben, se estades tan queimados como decides, espero a ver os resultados das próximas eleccións municipais.

    Saudos

  22. maria dijo

    21 de Xullo del 2009 a las 9:32

    barrabi non queria entrar no tema posto que e entre ti e o anonimo creo e perdoa que me meta en isto creo que todos estamos queimados de esta situacion que se esta a vivir en baiona creo que o anonimo esta a decir o que pensa tamen eu lein o escrito e non te ofende nin nada de iso home estas enfadado e creo que non te di nada malo como te pasou ati barrabi hai moita xente en baiona e se te fixas nos meus ecritos e o que reitero moitas veces isto que nos esta a pasar a todos a queles que non somos primos tios e pais en baiona e moi coñecido pero asta ahora todos o permitimo tes razon cando cheguen as elecions pero barrabi estan aqueles que lle fan favores o lle canbian a cita o os amigos e seguiremos na mesma merda eu preguntei o inem e saves o que medixo non tes o perfil etc xa ves un saudo e non te enfades home e xa que no nos escoita o concello deixa que todos nos esplallemos a qui por suposto sempre sen faltar o respetto

  23. barrabí dijo

    22 de Xullo del 2009 a las 9:21

    Querida María;

    non me enfado, faltaría máis, deso se trata, de expresarnos libremente sen faltar ao respeto a ninguén. Agora, o seguinte, será disfrutar de Manolo Escobar ¿non? Xa que o pagan, polo menos aproveitalo.

    Saudos bailóns

  24. maria dijo

    22 de Xullo del 2009 a las 10:14

    gustame mais david civera e tamara ……..un saudo

Comentarios RSS