Festas do Carme

danzas das espadasE por fin chegou o día do Carme. A patrona dos mariñeiros celebra o seu día como unha das datas máis importantes do noso concello. Ao fin e ao cabo Baiona ten unha longa tradición vinculada ao mar, ainda que co tempo se foi abandoando progresivamente en favor do sector turístico. Éste é un tema do que xa falamos en repetidas veces e no que hoxe non imos afondar.

Do que sí que falaremos é do ambiente veraniego que se está a vivir en Baiona. Respírase ese aire estival que nos fai ser un pouco menos pesimistas do normal, as mañás nos saudan con frescor e convídannos a esquecer os problemas, agarrar a toalla e pasar un longo día na praia lonxe das preocupacións.

A mocidade tamén vive unha eclosión desbordante, maior incluso que os asociados á Primaveira, moitos traballan a tempo parcial ou ocasionalmente nos abres e pubs, creando temporalmente unha nova tribu urbana: os que traballan na noite. Son aqueles que durmen namentres os demáis traballan, os qe traballan namentres os demáis se divirten e os poucos baioneses que van á praia pola semana.

Deberiamos deixar estes días limpos de críticas políticas e sociais, buscar puntos de encontro e celebrar as datas máis relevantes como unha comunidade unida. É o día no que nos gustaría ver a toda a corporación municipal xunta nun xantar conmemorativo. Sería relaxante comprobar como Rafa Lores lle pasa o pan a Almuiña, como Manolo Villar lle enche a copa a Xosé Enrique, como Ángeles Silva da uns pasos de baile da man de Roberto… e outras utopías similares.

O malo da política é que canto máis cercano sexa o contacto, peor é a relación persoal. Nos concellos os debates políticos lévase ao terreo persoal, nos parlamentos autonómicos comezan a darse casos de relacións intergrupais e xa en Madrid non teñen reparo en manifestar a súa amizade abertamente. Non debería ser así, pero nesta variación de relacións persoais ten algo que ver tamén a calidade política das persoas.

en fin, que hoxe toca relaxarse, esquecerse das preocupacións laborais e disfrutar un pouco máis da familia do normal.

16 Comentarios

  1. xocas dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 22:41

    O dia que leve a politica ao plano persoal marcharei para casa, estaria encantado de que mañan Manolo Vilar me enchera unha copa e poder brindar por exemplo pola nosa saude e a de todolos baioneses, o ocurrido no ano 92 na Palma algo tubo que ensinarnos, senon e mellor adicarse a autros menesteres.

  2. xose enrique dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 22:48

    xocas suscribo a tua nota e que Manolo me sirva a min outra copa.

  3. anonimo dijo

    16 de Xullo del 2009 a las 22:52

    eu sempre escrivo o que penso pero isto non quere decir de que teña nada persoal non estou dacordo do que fan pero de tomar unha copa con eles pois non pero ofeito de que eu saudo a todos pero si ai algun politico que non sauda o cidadan enton si que o esta levando o persoal viva o dia da virgen do carmen e viva os mariñeiros e viva baiona

  4. Roberto dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 9:02

    O do baile con Angeles, bueno, non teria tampouco moito problema, pero non che son moi dado o baile.

    De feito, eu teño unha boa relación con toda a corporación, e o mesmo teño que decir de prácticamente todos. Algúns teñen unhas rencillas algo especiais co Sr. Vilar, pero coido que o ambiente é moi cordial e respetuosos entre todos.

    Isto non saca que no debate político uns critiquemos a outros e outros nos critiquen a nós. Más todo isto debe quedar sempre no plano político.

    Eu, coido que a única persoa que se ten equivocado xa, en máis dunha ocasión, é o Sr. Alcalde, que ten elevado o debate político o persoal, e isto é algo que dende o meu punto de vista, non se debe facer.

  5. barrabí dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 9:33

    Xose Enrique, tu e máis Manolo Vilar apoiando o botellón?? Non se pode con vos.

  6. xavou dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 9:40

    Pois nun Concello onde se reparten favores, se empregan amigos e familiares, desaparecen papeis beneficiando a coñecidos, hai asesores da nada, négase a palabra, desprecianse as ideas dos veciños e veciñas que non pensan coma ti,…. non sei eu se non deben tomarse as cousas a nivel persoal.
    Beneficio aos meus amigos e amigas, saco cuartos da causa pública,tento tocarlle ás narices ao que discrepa,…. pero logo tomámoslle unha copa. Non sei se sería capaz, a cordialidade é unha cousa, ás copas son cos amig@s.
    Saudos a tod@s e viva o Carme e a Baiona mariñeira!!!!!

  7. maria dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 10:07

    dacordisimo contigo xavou e con anonimo podo respetar non no tomo a persoal non etou dacordo en absoluto do que fan pero como son bastante directa e clara no tomaria copas iso seguro creo que non me sentaria ben e digo o mesmo ….VIVA OS MARIÑEIROS ..VIVA A VIRXEN DO CARMEN ….E VIVA BAIONA MARIÑEIRA tomarse a nivel persoal xavou depende con quen non vale a pena tamen respeto sempre o que fagan os demais ainda que eu non no faga

  8. Diego dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 10:49

    *** SPAM POLÍTICO ***

    Blog del Grupo Municipal Socialista:

    http://gmsbaiona.blogspot.com/

    Saludos,

  9. maria dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 11:30

    o que esta a facero tanto o psoe como o bnga en baiona e o que non fai o governo eu coñezo a rafael loren e vos aseguro que no e so unha cousa que lle preocupa se non que son moitas entre elas como como a xose emrique e o benestar do cidadan de baiona ?que lle preocupa ao alcale ¿tamen e certo que cando se fai preguntas a frase mais coñeceda dos pleno cando se lle fai certas preguntas e …..contestaremos no proximo pleno tamen e certo que o que teño que decir que moitas persoas de baiona non saven o que esta traballando para o benestar dos cidadans de baiona xose enrique con os seu compañeiros e rafael loren con os seus compañeiros tamen e reitero de novo grazas a os dos

  10. Manda Baiona dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 11:37

    Pois eu súmome á festa mariñeira. Esta debe ser a festa de Baiona, a que inda mantén algo da nosa idiosincrasia. Adiante coa danza das espadas, as cucañas, as regatas de gamelas, a procesión do mar (non son católica) e a homenaxe ós mariñeiros. Abaixo con chirinjitos, os manolosescobares (estandartes do máis rancio cutrerío) as muñecas chochonas e os perritos pilotos.
    Viva a virxe do carme, viva Baiona e viva a fachenda de ser que somos e acordarnos de ónde vimos.

    ¡¡¡ Manda Baiona !!!

  11. CambioDeGobiernoYa dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 16:39

    Maria si coñeces a Rafa desde fai tempo , teras que empezar a chamalo ben. Rafa Lores non Loren.

  12. CambioDeGobiernoYa dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 16:51

    Nunca se pode decir de este viño non beberei , pero creo que intentaria non compartir mesa y mantel con mi adversario politico , igual se me escapa algo personal y lo lleva al pleno.
    Pero en toda corporacion siempre hay alguna afinidad de ideas para compartir un vino.

    Sobre las fiestas del Carmén solo mencionar a la dura vida de los marinos pues es su patrona.

    Por cierto hay regata de gamelas?

  13. maria dijo

    17 de Xullo del 2009 a las 21:51

    tes razon canbiodegovernoya pero como sempre dirixome a el como rafa case nunca acerto co seu apelido pero que o coñezo de iso podoche asegurar

  14. anonimo dijo

    18 de Xullo del 2009 a las 2:05

    pra que vexan os que scriven nesta paxina o que pensan que esaxero como e posible que en baiona halla matrimonios e xovenes en paro e van acoller e non digo que sexan todas contratadas pola xunta a muller e o marido que esta fixo e cobra todo ano traballando unha administracion publica cantas persoas hai qeu son contratadas por 3 0 6 meses e que non van ater paro e normal o que fai o inem como c…..funcionan estas contratacions ,,,,esta o concello tamen detras de todo isto ? pidolle a xose rique se pode informarse …tamen a rafa lores que se pode tamen informar non so pramin se no pratodos aqueles que tamen o necesitan pra que todos teñamos os mesmos dereitos ,,,,grazas anticipadas

  15. anonimo dijo

    19 de Xullo del 2009 a las 11:18

    como baionaesa que son doulle as grazas a queles veciños que anduveron pedindo para que isto noso non se perda espero que continuemos nasas tradicions grazas veciños por facer este traballo sen nada a canbio ,,,,,un saudo

  16. maria dijo

    19 de Xullo del 2009 a las 11:22

    eu tamen sumome a darlle as gracias a os nosos veciños e a todos a queles que fan que as nosas raices non se perdan para que os nosos fillos poidan seguilas moitas gracias a os baioneses/as que fixeron realidade esta tradicion

Comentarios RSS