Importando cultura

micheleNestes días de descanso, no que somentes apetece relaxarse, ir á praia e aproveitar os días ao máximo para voltar en Setembro con renovadas forzas; sempre e cando o permitan as inclemencias metereolóxicas, claro, as únicas novas que nos apetecen relatar son aquelas que nos permiten esbizar un sorriso de felicidade na nosa faciana. É o caso de hoxe unha desas ocasións, ainda que non poderemos deixar de soltar algunha inocente picadiña á caste política municipal.

Moitos son os baioneses que coñecen a Michele Lescure, esa enérxica muller que voltamos a ver todos os veráns e que semella que sufriu a mal de amores baionés. Quedou prendada da nosa vila e xa nunca máis a poderá abandonar. Ten a enorme sorte de non sufrir a maldición do baionés, consistente en que os que nacen en tan fermosa vila mariñeira non poden apreciar a súa fermosura porque a interiorizaron como natural.

Michele non terá problemas para atopar unha residencia ao seu gusto, xa que coa aprobación do PEPCHAB tamén comezará o proxecto de rehabilitación de vivendas para artistas e Michele é un claro exemplo de beneficiaria de tan excelso obxectivo.

¿Veremos o renacer dunha Baiona cultural onde a explosión artística inunde as nosas rúas?, ¿será Elduayen e Santísima Trinidade os novos xardíns de Tuileries ou o barrio da Défense parisino?, ¿será a tenda de pinturas ao óleo o novo negocio a explotar en Baiona? Nin tanto nin tampouco, pero sería un orgullo para todo baionés que a vertiente cultural fose unha das nosas señas de identidade.

Pero moito nos tememos que as explosións culturais virán máis polas iniciativas propias de Michele e compañía que porque se rehabiliten unha vivendas como as súas residencias. En todo caso, alegrámonos de acoller a unha nova baionesa, sobre todo si é tan extrovertida e inquieta como Michele.

3 Comentarios

  1. Diego dijo

    31 de Xullo del 2009 a las 0:31

    Rehabilitación de vivendas para artistas??? Coido que non terá sorte!!

    Saúdos,

  2. barrabí dijo

    31 de Xullo del 2009 a las 9:36

    Esto da Baiona dos Artistas… para quitarse o chapeu ante unha idea tan inxeniosa dalgún lumbreiras. E logo unha rúa para escritores? Outra para as ciencias?

    Coido que non me equivocaría se nesas rúas, as principais vivendas fosen para Vázquez Alemán e D. Alberto Freire, recoñecidos pintores que normalmente teñen postos privilexiados e datas privilexiadas á hora de expoñer á sua obra. (Favores?? Gratitude?? beneficio para algúns en lugar de igualdade??)

    Dito esto, sirva dende aquí a miña noraboa para Michelle para á que agardamos sexa boa a exposición, que dende logo, xente que queira tanto a Baiona, hai que coidala.

    Saudos xa case dende baiona

  3. anonimo dijo

    1 de Agosto del 2009 a las 9:01

    espero que teña sorte posto que a os propios ciudadans de baiona non escoita nen fan nada pero tamen quero decir que todos temos os mesmos dereito ,,,pero mais que nunca estou vendo que os veciños de baiona e non falo de amigos etc non temos dereito a nada nen sequera o que nos ampara a ley

Comentarios RSS