¿Presentamos Baiona correctamente aos turistas?

tablón na praiaEscoitamos hai uns días ao señor Almuiña presumir de Baiona na radio. Enorgullecíase da nosa vila de o moito que ofrece ao sector turístico, da busca da tan recurrente desestacionalización do turismo e todo iso que quedaría moi ben si logo se efectivizase en medidas en concreto.

O Grupo Municipal Socialista, que non descansa nin no Verán e que por iso non nos deixa a nós facelo tampouco, vén de denunciar no seu blogue que o aspecto de Baiona non é todo o adecuado que debería. As fotos que ilustran á anotación son moi clarificadoras. No primeiro caso o acceso dos minusválidos á praia semella máis unha trampa que unha eliminación de barreiras, por non falar das denuncias que poderían orixinar de producirse accidentes. No segundo caso trátase dun novo caso (e van) de abandono de fincas particulares.

O abandono das nosas praias é visible para todos os turistas que nos visitan en particular e para os baioneses en xeral. Ademáis, pode facer perigar as bandeiras azuis concedidas ou evitar que o seu número se incremente. Bastaría con que os empregados municipais desen un parte diario de incidencias.

Para o caso das fincas particulares que non reciben os coidados adecuados, somentes cómpre unha solución. O Concello debe facerse cargo do seu adecentamento, polo menos ata que non se invada o espazo público e logo os gastos derivados deben imputarse á propiedade. De seguro que esta medida non se adopta porque é farto impopular e porque o procedimento de reclamación da débeda é enfarragoso e tedioso de máis como para que os empregados municipais perdan o tempo con iso, teñen que adicalo a declarar nos xuzgados, claro.

Está ben que o Grupo Municipal Socialista se adique a fiscalizar o labor do Goberno Municipal, somentes lle pediríamos ir máis aló e deixar a política simplista e popular (que non sempre é populista) para dar un paso máis aló e presentar propostas innovadoras e transformadoras. O primeiro non é prescindible, pero o segundo é prioritario si o PSOE pretende ser a forza alternativa á apisonadora popular comandada polo Sr. Almuiña.

12 Comentarios

  1. maria dijo

    1 de Agosto del 2009 a las 9:28

    pois con todos os meus respetos non sei como ten cara savendo mais que nadie como esta a quedar baiona e co tempo e creo que xa se vera saldran mais cousas tamen esta na paxina do concello o programa das festas da anuciada dode fai asua presentacion e hai isto que quero resaltar ……..un verano mas estamos dispuestos a ofrecer a ,,vecinos ,,y visitantes una programacion veraniega capaz de satisfacer a un amplio sector de poblacion ………eu non sei como e capaz de decir isto non sa corda que hai familias connecesidades e estan inverno e veran non sa corda que pa os veciños non fixo nada en carnaval non se acorda que non hai policia local para os veciños que os nenos tamen son veciños ..pero que eu este veran tampouco os vexo pero a culpa e de vostede señor almuiña que vostede non dialoga seno que impon ,eu sintome mui orgullos de ser de baiona pero me da moita lastima de quen na governa e señor almuiña vostede non esta traballando para baiona esta traballando para os amigos ,para axente que vostede ve importante para quedar ben e para sair nas fotos xunto co seu grupo que gostalle moito ,gostariame que moita xente de baiona que no esta ben imfomada supera o que realmente fai por baiona e polos veciños ,,,pero demoslle tempo ao tempo xa se vera reitero moito como axuda aos veciños aver ,aos rogos e preguntas que dixo que lle iva a contestar no prosimo pleno ao bng …e aver como colle amocion que lle presenta o psoe no pleno do xoves dia 6 no pleno ahi aomellor cairalle a careta de como pode axudar aos desempregados e non so iso senon que ,,como dixeron moitas veces que axudaran que arrimaran o honro que deran ideas ,,,velo ahi esta aver qque facedes ,,,,,gracias bng….grazas psoe …seguide loitando por favor non paredes eaos portavoces rafael xoxe emrique ,,,forza

  2. barrabí dijo

    3 de Agosto del 2009 a las 12:59

    É difícil presentar unha Baiona boa se non hai vontade delo. Todo sexa dito, Baiona ten encantos dabondo. Pero por exemplo poñer papeleiras na rúa Ventura Misa sería todo un detallazo, por que habelas hailas, pero escasas, poida que 2 ou tres e en que lugares… para ir metros e metros ca porquería na man.

    Un pouquiño de atención a pequenos detalles non estaría de máis.

    Saudos dende Baiona

  3. pilar dijo

    4 de Agosto del 2009 a las 8:07

    barrabi pero se non fan caso dos grandes van facer caso dos pequenos detalles un saudo

  4. pilar dijo

    4 de Agosto del 2009 a las 10:20

    hala outravez baiona no faro de vigo de que baiona… de descoordinacion y peligro en baiona…non dan unha boa ,,anda que baiona leva uha racha ….ESTA ECHE A IMAXEN DE BAIONA ,,,caranba .caranbita

  5. anonimo dijo

    4 de Agosto del 2009 a las 11:25

    pelea en baiona en villa rosa tamen no faro de vigo do dia 3 lunes a pelea multitudinaria que huvo en villa rosa ,,,hai amigos e non so hai na palma e tamen tiveron que levar unha rapaza a hospital povisa -iso tamen e malo señor almuiña – o e so o botellon por deus donde estamos saimos nas noticias valla vergonza tamen saiu no telexornal da television galega

  6. AIXIÑA dijo

    4 de Agosto del 2009 a las 19:03

  7. loles dijo

    5 de Agosto del 2009 a las 12:46

    O señor alcalde volve unha vez mais a incumplir a ley e xa van moitas para que ninguen diga nada, este veran esta enganando o pobo con auxiliares de policia que viste coma policias, para que non se noten as carencias de este servicio, e os que temos que sufrir isto somos os cidadans que merecemos un servicio profesional.
    Xa esta ben de inclumplir leis señor Alcalde digo eu que as leis estaran para cumprilas.

  8. anonimo dijo

    5 de Agosto del 2009 a las 13:55

    loles eu estou farta de decilo pero fai caso omiso a ti como a todos pero si cobra o mes de ti de min e de todos e asi bai baiona non se pode facer moito mais que cantos mais protesten mellor pero non sei sera todo inutil

  9. anonimo dijo

    5 de Agosto del 2009 a las 20:30

    hoxe na palma non sei acifra xusta pero mais de 15 coches a parcados na palma e os nenos xogando polo medio un auxiliar da policia pero cantas veces mais esta a policia e os coches a parcados en pleno dia na palma e savenos todos e non fa que multar e chega outro dia e beña outra vez asta que un dia pase algo e un parque infantil pero se non hai seguridade nen nos parques nen nas escolas nen nada enton que carajo fan poñan unha barrera e deixense de cadenas que poden desenganchalas cando queiran

  10. AIXIÑA dijo

    6 de Agosto del 2009 a las 14:32

    Quen esta facendo o “control de calidade” das obras ?

    Dame a impresion que estamos pagando unhas obras muy por encima do seu coste e tamen que se estan facendo uns traballos de muy pouca calidade.

    Mais follon ¡¡

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/08/06/0003_7891610.htm

  11. maria dijo

    6 de Agosto del 2009 a las 16:08

    oxe estiven no pleno e volvemos con o mesmo 1º colexio de fontes 2º a mocion presentada polo psoe de baiona 3º e as mentiras como son como aceiten flotan e non so as mentiras se non as falsas promesas cando fan falta os votos no partido ppbamos coa 1º o que pasou hoxe no pleno por parte do alcalde e indignate como dixen sempre prepotencia e volvemos de cando estaba franco polo visto imcluso ban ameazando os pais e nais que luchan polo ben estar dos seus fillos nas escola de fontes posto que nin gen do governo de baiona fan nada todo foi indignate prepotencia a falta de de igualdade hacia os cidadans posto que cando falaba uns no nos madaba calar pero a outros si pero tamen quedei perpleja cando case todos os pais e nais se levantaron da sillas e tamen o bng e a señora conselleira de servizos sociais dixo que non evan a entrar no xogo posto que non ivan a dar subvencions para arreglar os baños das escola de fontes posto que dixeros que os nenos non poden hir a el non no entendo posto que non son pa os adultos se non que son para os nenos por deus pero cando para manolo escobar para tamara david civera pagaro por 4 cancions cada un 60 ,000 para os nosos nenos nada isto e a imaxen escondida de baiona e ademais minten como bellacos o señor almuiña ten que chamar xente do seu partido para que apolle?para quen traballa o alcalde ten falta de que o a pollen a que ten medo e a quen ¿ bng un bravo por vos por favor seguide asi traballando polo xusto 2º rechazaron a mocion de emprego que presentou o psoe atedelo o que o pp de baiona fai polos veciños falou o alcalde que no concello hai un axente de emprego ?a quen emplea e a quen informa ?tamen falaron de non endeudarse para axudar as familis o a calqueira que non ten traballo o axudas pero si cobran alguns 60,000 e emplea pais nais etc tamen dixo vilar que os que emplean son persoas que non teñen un traballo estable e o sangue verviame bueno bamoslle a dar tempo o tempo a miña comclusion so uns sinverguenzas prepotentes sin dialogo

  12. maria dijo

    6 de Agosto del 2009 a las 16:09

    esqueciame grazas bng gracias psoe e ampa de fontes nais pais forza

Comentarios RSS