Baiona-Nigrán por mar

marA idea semella xurdir da Xunta de Galicia e do éxito do transporte marítimo durante as celebracións do Primeiro de Marzo. O Señor Almuiña tamén é favorable a facer permanente esta opción de transporte público, supomos que sempre e cando non atraia a máis rapazada que celebre botellón. Quedámonos coa dúbida de si estaría tan encantado si na Xunta permanecese o bipartito, pero somentes é unha dúbida maliciosa para que os miradores de plumeiros non os coloreen con gaivotas descabezadas.

Tamén nos invade a dúbida sobre o éxito da proposta, xa que non temos coñecemento de que exista algún estudo pormenorizado do tránsito de persoas entre Nigrán e Baiona ou viceversa, tendo en conta ademáis o grao de dispersión do noso veciño concello e da necesidade de terse que desprazar a Panxón para tomar o barco a Baiona. Cando a Xunta do bipartito presentou o famoso Vigo Íntegra ou o plan sectorial de vivenda se machacou ata a saciedade que os datos empregados para os mesmos non eran fiables, a pesares de basearse nun estudo da Universidade da Coruña que tomou datos de tránsito entre concellos ao longo de varios anos (todos lembrarán aqueles cables que cruzaban as estradas de comunicación entre Nigrán, Baiona e Gondomar).

¿Trátase, xa que logo, dunha improvisación ou poden mostrarnos datos fiables da viabilidade do proxecto? Sería lamentable que se impulsase o transporte marítimo no Val Miñor para ter que retiralo ao pouco. A imaxe sería de falta de xestión e de despilfarro en tempos de crise, ainda que á velocidade que nos teñen acostumbrados as administracións públicas, cando chegase igual a crise xa podería ser algo así como un mal recordo do lonxano pasado. Ainda estamos agardando polo tan ansiado billete metropolitano, ¿alguén sabe del?

9 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 9:36

    Sera para darlle uso a o relleno do muelle ?

    Por que non se deixan de tonterias e nos poñen gratis de unha puñetera vez a autopista Baiona-Gondomar,Nigran e Vigo?

  2. maria dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 10:34

    amin todo que sexa bo e boas ideas sempre estarei a favor pero veredes amin fame moita gracia e explico 1º os nenos de baiona para ir a 1º de marzo os que estan no bachiller as nais teñen que pagar o autobus levalos os pais elas ese non teñen inverno veran a pe de pena . 2º cando unha persoa ten que ir a urgencias poñamos por exemplo as 7 da tarde que convinacion para ir xunqueira 3º cal e mais necesario de preocuparse de mais necesidade se o tranporte non hai ainda para desplazarse a gondomar pero cando se trata de que de cartiños ahi si se move un non si por que segun dicen os paxases xa estan todos vendidos carajo mira como se corre cando hai monis por medio mentras cando veña o inverno a quen carajo importan se ai rapaces que os pais non poden pagar o autobus o si no hai por que para iso ten que luchar a ampa do 1º de marzo por que o señor alcalde que fai e a concejal de educacion que fai ,,,,señores que governades que empecedes a mirar polo cidadan de baiona que os nenos teñen tamen dereito que son o futuro de baiona e non so vos reunades con os nenos de cobaterreña para facer a foto senon que vos preocupedes dos problemas que pode ter a ampa coma os nenos pero que sobre todo basta de intereses persoales que estades a facer polo futuro que son os nosos fillos e son ….de baiona ….

  3. maria dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 10:55

    tamen quero decir que o que pasa en baiona e de pena iso e o que teñia que facer a prensa por que todos os savemos e supoño que un periodista saberao levamos 3 meses de caos de coches de botellon de griterio polas calles 1 da maña 3da madrugada e asta 6 donde os veciños nenos vellos e xovens que tamen traballan duro non poden dormir e mais pola mañan cando lle peta os altavoces estamos fartos por que ainda que se fagan queixan quen escoita para que nos escoiten que temos que ir a inspecion general de servicios o de ir o defensor o o valedor o aunion europea ahi un articulo da union europea de dereitos o cidadan e o articulo 41 de boas administracions pero como en baiona deve ser que non coñecen a s leyes de españa como para coñecer as de ainion europea pero eu o digo se o leen que o aprendan ,,,,, estamos fartos queremos dormir señor alcalde,,,,, esta noite foi de pena e o xoves e certo que huvo peleas sobre as 7,30 da mañan

  4. pedro dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 11:14

    http://www.farodevigo.es/comarcas/2009/08/22/comarcas-matrimonio-octogenario-pueblo/360824.html

    estas son as preocupacins do concello de baiona non a escola fontes non a seguridade dos nosos nenos non o tranporte dos nosos rapaces non as nosas necesidades so por isto que vemos e non un ano asi cantos ban,,xa esta ben no e sempre a bonita estanpa nos periodicos e detras das cortinas que amin parecemo todo ben pero tamen hai otras prioridades c,,,,isto para min e de vergonza

  5. tonio dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 11:49

    É penoso ver as ruas cheas de suxedade, contentores que cheirán a raios, sobre todo os que están no peirao pesqueiro ao carón da billeteira para ir ás Cies…Vese quen governa é a direita mais rastreira pois en temos do alcalde De la Peña havía aduladores tirando fotos de cualquer cousa que se podía enviar aos medios escritos, e agora, onde están eses aduladores ou barullentos?.

  6. Diego dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 14:36

    tonio,

    onte mesmo salía o portavoz do PSOE no Faro de Vigo falando dos “puntos negros” de Carabela Pinta e do peirao.

    un saúdo,

  7. tonio dijo

    22 de Agosto del 2009 a las 15:36

    Diego…

    Non encontrei o artigo no Faro, o único que teño lido é o que pon o partido local…..

    Encontramo-nos na plenitude da campaña turística, onde Baiona recibe o maior número de visitantes. Entendemos, desde o Grupo Municipal Socialista, que é o momento onde toda a infraestrutura deve estar en perfecto funcionamento e non é o momento da improvisación.

    A situación da nosa vila está mui lonxe desa situación, en aspectos tan importantes coma a limpeza, o funcionamento do servizo deixa muito que desexar, en concreto nas parroquias, onde mesmo se poden ver paseos invadidas polas ervas. Os contentores da rua Carabela la Pinta e os do Porto, entre outros, despiden un fedor nauseabundo, as ruas da Zona Histórica non se baldearon en todo o verán, e o aspecto é deplorabel. O paseo da Ladeira está totalmente abandonado, os candeeiros cos cabos o ar, muitos das pranchas de madeira encontran-se nun estado mui mal ou mesmo levantados, con muito perigo para as pesoas que transitan polas pasarelas.

    Entendemos que é urxente que o Governo Local tome medidas neste aspecto. Tamén queremos reclamar a sensibilidade dos empresarios para que cumpran a normativa e colaboren con a limpeza viaria. ACEBA devería ter algunha iniciativa neste senso, os viciños e viciñas de Baiona non teñen por que sofrir todas as incomodidade dos negocios.

    Outro servizo que é a todas luces deficitario é a seguranza. Non há presenza da Policía Local nas ruas, non há vixilancia, isto leva a que se están a producir serios problemas de seguranza, sobre todo durante a noite. O alcalde deve garantir o direito de todos os viciños e viciñas á seguranza, ten que solucionar os problemas que están a afectar a este colectivo e dota-lo dos meios humanos, materiais e económicos para que podan dar un servizo de calidade. É un direito que se nos deve garantir. Non se pode continuar con esta escalada de violencia.

    Estes dous aspectos son fundamentais para a convivencia pacifica e o governo non deve descoida-los.

  8. barrabí dijo

    24 de Agosto del 2009 a las 10:36

    Espero que esta brilante idea sexa para que os baioneses e turistas que por aquí paran vaiamos a Praia América, don contrario, pouca utilidade lle vexo eu a esto do barco á Nigrán, ou que sexa unha aposta para que os baioneses deixemos o noso coche aparcado en Nigrán, para despois desprazarnos a Vigo. En calqueira caso, todo o que sexa mellorar a rede de transportes da área metropolitana, ben acollido sexa.

    Saudos

  9. anonimo dijo

    26 de Agosto del 2009 a las 18:39

Comentarios RSS