Concluindo o Verán

solciñoCando menos resulta curioso como ante a ausencia de anotacións os noso prezados Conscientes Baioneses siguen sin optar polo foro e se adican a escribir comentarios en anotacións que non teñen nada que ver co argumentado. Bendita insubmisión que mantén vivo este modesto blogue. Reflexións sin sentido aparte, hoxe debe tocar análise dun Verán que se acaba nesta fin de semana. Os hosteleiros xa están a contar os billetes e seica que a crise non lles deu moi forte e voltan a pasar con certo éxito un Verán que se pensaba ía ser un absoluto desastre.

Ben podemos decir que éste foi o Verán de Manolo Escobar. Foi a guinda a un pastel ao que non lle faltaron ingredientes con regusto picante. Non tocou este ano polémica coas praias, a pesares de ser o primeiro concello en ter un lodazal cunha bandeira azul. Isto evidencia que ou ben os críticos cos recheos na Ribeira e Barbeira non tiñan razón ou ben os comisarios que designan as praias con tan alto galardón estiman máis as mariscadas logo dunha longa xornada de traballo que as condicións dos arenais.

Dous ingredientes picantiños no Verán foron as maniobras do Sr. Vilar ao redor do Parador de Turismo e o seu paseo agora fetén total co seu pisiño de pedra, pero cunha boa rapada de vexetación, así como os ruxe ruxe que veñen dos xuzgados en relación ás maniobras orquestais dalgúns que tocan niso que era tan suculento noutras épocas, o urbanismo.

O BNG non podía deixar de aportar o seu ingrediente segredo e saltou coa nova do enxeñeiro da Diputación. Neste tema á “prensa seria” nin se lles viu nin se lles agarda.

Agora toca voltar á normalidade, ainda que o curso 2.009-2.010 se presenta moi movido. O PXOM ainda non da arrincado definitivamente e as eleccións están a un tiro de pedra. Agárdanos un exercicio político con cheiriño pre-electoral, coas consecuencias que iso conleva.

14 Comentarios

  1. Desde o Miñor dijo

    28 de Agosto del 2009 a las 0:09

    Sobre o comentario acerca da deputación debo correxir e pedir que os autores do blog se informen antes de escribir. A nova saiu nos xornais, outra cousa é q non se lean.

  2. tonio dijo

    28 de Agosto del 2009 a las 8:44

    O único cheiro é que seguir tendo os contentores ben afestados de m…

    A imprensa escrita de momento vai facendo eco das denuncias dos viciños ante ausencia dos políticos de turno…

    http://www.lavozdegalicia.es/cartasdirector/index.htm#comentario

  3. AIXIÑA dijo

    28 de Agosto del 2009 a las 15:04

    Os participantes na regata Príncipe de Asturias e tamen na World Fishing son os proximos visitantes (turismo de calidad) que tendran que sufrir xunto con nos os veciños todos os problemas de cheiros,basura,ruidos e tamen a continuacion das obras incluida a calle Elduayen ?

    Serememos capaces de mellorar un pouco a imaxen de Baiona ?.

  4. baionaconsciente dijo

    28 de Agosto del 2009 a las 20:04

    Compañeiro Desde o Miñor, non entendiches ben a nosa apreciación. Non consideramos o xornalismo como un copia e pega das notas de prensa que emiten os partidos políticos.

    Hai algo moi en desuso en tan outrora noble profesión que se chama xornalismo de investigación. Ése que se supón que se emprega para averiguar quén paga ou deixa de pagar bolsos ou traxes, qué filla obtén subvencións de segundo qué comunidade autónoma, qué neveiras se mercan ou deixan de mercar para os coches oficiais ou qué coches se mercan ou deixan de mercar en segundo qué períodos de goberno autonómico.

    Ese xornalismo debería tirar da corda e chegar ao fondo do asunto, pero iso seica non vende periódicos, ou polo menos debe molestar aos que asinan as súas nóminas. Hoxe en día o Watergate sería unha mera nota a pé de páxina.

  5. anonimo dijo

    29 de Agosto del 2009 a las 8:43

  6. maria dijo

    29 de Agosto del 2009 a las 9:08

    http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/resisten-menos-400-euros-mes-casi-cinco-mil-pensionistas/idEdicion-2009-08-29/idNoticia-462127/

    isto e o que parece ser que o concello de baiona descoñece pero non so sevicios sociais tame acocejala de sevicios sociais emprego e igualdade que con perdon non ten nen puñetera idea esa e unha das competencias que ten o concello de baiona que parece ser que decoñece pero estou segura que ainda que coñecera tampouco lle importaria moito como tantas cousas que concernes a os veciños e que todos savemos agora que pasou o veran vamos a ver canto fan polos veciños e os nosos nenos por que onte tamen falei entre outras cuestions persoales e preguntei pola seguridade dos nenos nas escolas e esta vez preguntei por todas e polo visto vai a seguir no mesmo segun me dixo o sargento a si que veciños de baiona hai que axudarlle as ampas queixa de todos por registro eu fareina por suposto eu quero aseguridade da miña filla

  7. pentamaster dijo

    29 de Agosto del 2009 a las 12:29

    E qué queres decir con eles enlace anonimo? Os servixos sociais é o que teñen, que non teñen que presentar balances aos accionistas.

    Ésa é a diferencia entre as políticas liberais e as socialistas. Unhas reducen o gasto público e os servizos prestados, preferentemente privatizando coa conseguinte reducción na calidade do servizo, e outros incrementan o gasto e os servizos con políticas impositivas ás rentas máis altas.

    No segundo caso dubido moito que exista actualmente algún goberno que estea a practicar esa política.

    O que non me aclaro coas Galescolas é. Si os do PP dín que dan perdas e tamén dín que Anxo Quintana só abriu garderías que xa tiña proxectado Fraga, entón a culpa deste déficit é de Fraga, non?

  8. maria dijo

    29 de Agosto del 2009 a las 14:16

    pois e moi facil pentamaster o quequero decir que por riva de ter deficit grave poñense a canbiar os carteles que non ten sentido segun o meu punto de vista que pode ser acertado o e quivocado pero e amiña opinio pero tamen non boto as culpas a naide senon que e de supoñer que sera alguen eu non seguro

  9. pedro dijo

    30 de Agosto del 2009 a las 9:41

  10. anonimo dijo

    31 de Agosto del 2009 a las 9:12

    eu fai un tempo que me estou facendo unha pregunta se a xunta de galica esta facendo o estudiando supoño para as persoas que perden o traballo e hai ben estar e logo por que non coordina os concellos ,o si os coodina so que o concello de baiona ,non quere o non save o non lle importa ,,hoxe tamen lei cartas o director sobre a escola de fontes de unha señora que se chama sonia .ben non entendo por que o concello de baiona que ten unhas competencia e supostamente esta para traballar polo benestar dos veciños velando polas necesidades ,e logo os nenos para o concello de baiona que son .non sei como o por politica o por rabia o por incopetencia o non sei por que deixa os cidadans de baiona sempre tirados o non contestan os escritos dirigidos o concello o os amenaza como dixeron nos plenos onon lle fan caso non sei que fan o que si sei e que os nenos de baiona teñen dereito de ir a facer ,caca o popo tranquilos e aseguridade nas escolas e responder aescritos e respetar o cidadan pero o mais curioso e que non se pode facer casi nada e un cidadan ten que luchar por un dereito que ten e que esta amparado pola costitucion por un estatuto pola carta de dereitos do cidadan da union europea a boas daministracions pero como un cidadan non ten cartos para poñelos nun contencioso administrativo abusan por tanto donde estan os dereitos do administrado, enton o unico que nos que da e luchar e ainda que sexa por meterlle un dedo nun ollo almenos intentalo …..nais e pais de fontes ampa e etc ,animo e forza tendes todo meu apollo

  11. AIXIÑA dijo

    31 de Agosto del 2009 a las 21:19

  12. anonimo dijo

    31 de Agosto del 2009 a las 23:44

    ahora que os turistas marchan e levamos aguantando 3 meses de veran botellon . altavoces. eventos. trial . griterio , ruidos . caos de aparcamientos . ahora ala aguantar mais as obras por que no veran molestan a empresarios e os que non son empresarios con perdon que se j….estamos de ruidos e non poder descansar asta ,,,,tamen en tele vigo saiu a concejala de urbanismo que hai que pasar os ruidos ,,carajo levamos todo o veran cada ano que pasa baiona conviertese en un pueblo sin ley mirade valencia cantabia pero galicia que desmadre total en outros sitios poñen ordenanzas e cumplenas aqui en baiona as poñen e non nas cumplen o as sacan falan de turismo de calidade ,,en baiona todo vale menos calidade eu falo de baiona por que vivo en ela eutros sitios pasara quizas tamen pero eu non vivo en outro sitio vivo en baiona e son de baiona cando veñan as elecion que prometeran traballo a canbio de votos va que si o iran polos garaxes prometendo cousas e asi como se fai en total estou farta abera que empezar a queixarse por registro se despois o alcalde claro contesta ou chama mentirosa a quen se defenda ,,,o non ahora quedan 3 meses de ruido de obras e 3 de turistas e 3 de obras son 6 non hai dios que o aguante

  13. tonio dijo

    1 de Setembro del 2009 a las 14:58

    …na miña “alerta de google” aparecen mais cartas de viciños incomodados, ainda que este repitese noutro xornal.Penso que non van a facer nada as autoridades porque coa mentira e a mnipulacion dos medios é maior… a xente esquece rápidamente…muitos polas ruas e tabernas falan e a hora da verdade non fan NADA…os profisionais da mentira xa o saben…

    http://www.farodevigo.es/cartas/2009/08/31/cartas-orden-limpeza-baiona/363483.html

  14. tonio dijo

    1 de Setembro del 2009 a las 16:19

    Acabame de chamar por telefono un viciño para colgue o mesmo artigo noutro xornal no día de hoxe…eu digo que os xornais van morrer (de surpresa) por pór o mesmo artigo…..ao mellor lle están chegando unha chuvia de correos eletrónicos coa mesma problematica: o lixo e a seguranza cidadá…non digo mais…

    http://www.atlantico.net/cartas/85772/carta01-09-09/

Comentarios RSS