A esquizofrenia coma forma de poder

Beatriz MatoLendo as afirmacións da Conselleira Beatriz Mato somentes podemos concluir que o Señor Núñez Feijoó non debe recortar gastos en asistencia psicolóxica aos diputados autonómicos. Nun país onde as señas de identidade se ven como algo malo, no que se cren as mentiras inventadas nas internet antes que a comprobación dos feitos in situ e onde o emprego do termo Galicia, Galiza ou como demo se diga son un estigma, somentes pode campar a diglosia coma seña de identidade.

Ése país existe i é a terra dos galegos. Si algún diputado do BNG criticase que unha escola española levase unha bandeira de España, ¿qué venas a piques de estoupar veríamos? O peor que se pode facer co fanatismo é darlle poder e iso nos acaba de suceder.

Señora Mato, abandone a caverna e deixe o odio na casa, así comezaron os peores anos da nosa historia e por iso mesmo non queremos que se repitan. ¿O próximo será ameazar coas Forzas Armadas?, algo  moi típico do dinosaurio Fraga, por certo.

6 Comentarios

  1. Roberto dijo

    12 de Setembro del 2009 a las 19:41

    A Xunta está gastando cartos e esforzos en eliminar o que o BNG fixo ben durente os catros anos pasados. En Baiona gustaríame saber si alguen ten escoitado falar mal da Galescola, do que se lles ensina os rapaces e rapazas, de si se lles ensinou o himno, de si se é sectario, en fin.

    Solucionan porblemas onden non existen. O contrario, coido que os están a crear. Xa que a programación de actividades para este curso todavía están sen aprobar, posto que a Xunta todavía non sabe que facer.

    Sobre todo teñen un dilema co tema do idioma. En fin, tocounos vivir neste pais de ananos.

  2. pedro dijo

    12 de Setembro del 2009 a las 21:21

    eu estiven moitos anos fora da miña terra e cando viña de vacaions e tiña que marchar a miña morriña era enorme pero eu prendin o galego da rua por que antes todos savemos que nas escolas non abia esa enseñanza pois ven cando voltei as miñas fillas falaban galego eu tamen e nounca perdin nen renegue de donde hera cada un que fale o que queira pero o que non debemos olvidar calqueira de nos de donde vimos e e quen somos sintome moi horgullosa de ser galega e tamen teño ese punto que nos careteriza de luchadoras e nunca o perdin galicia ten catro provincias e todos somos galegos non luchemos con nos mesmos luchemos para unha galiza mellor que ten moitas carencias e moi fortes

  3. Milucho dijo

    13 de Setembro del 2009 a las 10:28

    O pior é as mentiras deles, sempre calaron e calan na sociedade galega.Noutras partes do estado non lle fan caso.Temos que darnos conta que é un governo nacional-catolicista (Opus Dei-PP), ainda que non lle goste escoitar O TERMO.
    Unha deputada do PP esta semana arremeteu contra os socialistas chamandoos nacional-socialistas que é dicir \nazis\.Cando atacan así é que ALGUNS QUE NOS VISITAN, o noso blog, son do PP que lles envian correos aos seus dirixentes para que sigan MENTINDO, CALUNIANDO et cetera.
    Con respecto a língua,un a estas alturas,xa está farto de escoitar que o galego \non serve para nada\,\que se nos espallamos fora da nosa terra non nos seve para nos entender\,\que é unha língua que morre\,\que é unha língua pobre\…et cetera.Pois tendes que dicir que é unha lingua que serve para enternos entre galegos e portugueses;que si vamos polo mundo adiante temos mais de 200 millons de utentes de galego-portugues;non morre porque se está unificando a lingua con novas academias da lingua;é unha língua mui rica como o español,ingles,frances…Un no mundo ten que ser entendido mais ter unha riqueza propria, si queremos simplificar todo que SEREMOS?

  4. COMUNICADO URXENTE dijo

    13 de Setembro del 2009 a las 16:45

    Arde Ourense mentras a Xunta denega información

    Ourense, no 12 de setembro. O territorio distrital de Ourense é pasto das chamas. Millares de hectáreas de bosque e monte baixo están a arder diante da desesperación dos veciños e habitantes do medio rural. A Xunta de Galiza está a ocultar información sobre o número de focos activos e as hectáreas queimadas. Se a primeiros da tempada estival Adega, mediante a comunicación dos habitantes e afectados das aldeas rurais, detectaba importantes incendios dos que non se ofrecía información (incendio no Teixadal de Casaio, gravísimo incendio en Vilardevós que calcinou un cuarto do territorio do concello), na altura do final do verao contínuase coa política de censura informativa e ocultación das cifras reais de datos obxectivos e contrastabeis coa información manexada polos propios concellos damnificados

    FALLAN OS SERVIZOS DE VIXILANCIA.

    A actual Consellaría de Medio Rural desmantelou o dispositivo de vixilancia forestal implantado polo governo do ourensán Alfredo Suárez Canal e que tan bóns rendimentos deu, coñecido como Voluntariado en Defensa do Monte Galego. O Voluntariado estaba coordinado desde un Servizo Central e abranguía toda unha rede de vixilancia composta por comuneiros, veciños e agrupacións de voluntarios que daban cobertura a totalidade do territorio galego . En troques, a Xunta actuante implementou un servizo mixto de vixilancia com contratacións de monitores e voluntarios que están a demostrar a súa ineficacia desde o primeiro momento pola súa descoordinación e falta de interesse na labor que supostamente tiñan que cumprir. Alem diso, a falta de medidas de prevención é palpábel nesta onda de incendios. Moitos dos lumes están a pór en perigo vivendas e propiedades que non teñen as faixas de protección limpas darredor e desbrozadas, pola ineptitude das administracións públicas responsábeis (concellos incumpridores da normativa exitente e administración autonómica consentidora).

    Eis un exemplo dos lumes acontecidos no día 11 de setembro e as horas nas que se prendeu lume;
    Coles 15.00 aprox
    Nogueira de Ramuin -Luíntra 14.30
    A Bola 15.00
    Trasmiras 16.00
    A Mezquita 16.15
    Verin 18.30
    O Barco 19.00
    Ourense 19.00
    Ribadavia 19.15
    Celanova 18.30
    Paderne de Allariz 18.30
    San Cibrao das Viñas 17.30

    Adega demanda a populación en xeral que denuncie calquera conato de lume no monte dando aviso aos distintos Servizos en Defensa da Natureza (SEPRONA, TLF. O85 ou 112)

  5. barrabí dijo

    14 de Setembro del 2009 a las 8:50

    Eu xa o dixen unha vez, están a levantar po con esto da lingua, creando un problema que non existe en Galicia, e que por muito que o intenten non vai existir. Sobre que se ensina o himno… eu, nos meus tempos, da EXB, con só a asignatura de galego obrigatoria, tuven que aprenderme o himno galego, máis o Adiós Ríos Adiós Fontes, e creo que non se formou un nacionalista. Estudiaríamos o himno español, pero non ten letra (por sorte), e que eu, por non ser mala persona, copiarei o artigo 5 do estatuto de autonomía de Galicia:
    ARTIGO 5
    A lingua propia de Galicia é o galego.
    Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
    Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
    Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

    Agora ben, xa aparte de todo esto ¿está a Xunta a facernos ver para outro lado pola sua ineficiencia?

  6. Manda Baiona dijo

    14 de Setembro del 2009 a las 11:55

    O de esta xente é de pena pero o que realmente dá pena é que a sociedade crea o que lle din sen contrastar nen preguntar nen se quera cuestionar a información. O das Galescolas (sempre se chamarán así)é para chorar. Ningén cuestiona a súa calidade, os seus espazos, o seu personal, o feito de que ata hai uns meses non esistira outra opción (nin pública nin privada) en lugares todos glamurosos como Baiona; iso parece non importar, o importante é que de chama Galescola e que, según eles, os rapaces cantan o Himno. ¡¡ qué magoa !! Dende logo, intentarei analizar a letra de Pica pica poliño por se esconde algunha mensaxe subversiva que poda facer peligrar a socialización da miña filla.

    ¡¡¡ manda baiona !!!

Comentarios RSS