¡¡Por fin. Comeza a festa!!

Alakrana

Xa podemos convocar a festa da lura, xa podemos a falar de temas moito máis mundanos pero, sobre todo, xa podemos preparar a festa para recibir aos nosos mariñeiros cos honores que se merecen. Axiña vai ir tocando reflexionar sobre o acontecido nestes angustiosos corenta e sete días. Sobre o adecuado ou non de certas actuacións, sobre qué facer para evitar que isto volte a suceder e sobre si hai certas actitudes que non se deben consentir baixo nengún concepto.

Pero iso va a traer cola e imos ter que adicarlle máis dunha anotación. De momento, saudamos e felicitamos aos familiares dos mariñeiros, que tamén son víctimas deste cruel acto terrorista. Secuestrados quedaron os seus corazóns e o dano sufrido nestes días somentes quedará recompensado coa alegría de ver a cara dos seus por fin en casa.

6 Comentarios

  1. Roberto dijo

    17 de Novembro del 2009 a las 18:25

    Parabéns para as familias.

    É o que toca hoxe.

  2. barrabí dijo

    18 de Novembro del 2009 a las 10:56

    Noraboa, por fin o que todos estabamos agardando. Agora, a disfrutar das familias por este tempo roubado.

    Saudos

  3. maria dijo

    18 de Novembro del 2009 a las 11:10

    sumome a darlle a noraboa agora a recuperarse do susto que grazas a dios so quedou en trendo susto agora toca pouco a pouco intentar olvidar e por que non festa un saudo tanto aos mariñeiros como as familias

  4. Begoña ratel dijo

    18 de Novembro del 2009 a las 17:58

    Unha aperta a eses mariñeiros e a suas familias

  5. maria dijo

    20 de Novembro del 2009 a las 8:56

  6. maria dijo

    20 de Novembro del 2009 a las 9:02

    o outo non vai pero este outro si

    http://www.farodevigo.es/
    noraboa a todas as familias e a todos os mariñeiros

Comentarios RSS